O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira suma a Digresk, Os D´Abaixo e Dequenvessendo ao cartel de #OMáisLongoDaHistoria, que se celebrará do 10 ao 17 de xullo. 

O comité organizador incorpora tres novos grupos de cara ao Festival de Ortigueira 2022.  Digresk, Os D´Abaixo e Dequenvessendo únense a Tanxugueiras, Red Hot Chilli Pipers, Wolfstone, Luar na Lubre, Baiuca, Xosé Lois Romero e Aliboria, Talisk, Covagueira e Susana Seivane.

O grupo francés Digresk trae a Ortigueira o seu inconfundible estilo, unha mestura entre electrónica e rock, que eles mesmos denominan “Trad Électro Rock”, con letras reivindicativas e unha enerxía contaxiosa que de seguro porá ao público a bailar o sábado 16 de xullo. 

Os D´Abaixo volven a Ortigueira e actuarán en #OMáisLongoDaHistoria. A banda galega presentará o domingo 17 de xullo, co seu característico espírito festivo, Somos a Pedra, un traballo nunha liña novidosa e reivindicativa, contra os ataques que sofre a cultura galega. 

O domingo 17 de xullo actuará Dequenvessendo, o grupo folk revelación de Galicia que marabillou ao público na final do Concurso Runas 2019. Os galegos presentarán o seu último traballo, Canto das Xacias, baseado no imaxinario popular galego e cheo de sonoridades celtas e atlánticas.

Dous ponteses firman a autoría do cartel que representará a imaxe do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira deste 2026

Feb 10, 2026

A obra, “Romaría”, elaborada por Juan Prieto e Joseba Silvent, veciños do Concello de As Pontes de García Rodríguez, levouse o primeiro premio, o segundo foi para “Foliada”, de Alexandre Sequeiros e o terceiro…

O Laboratorio de Cántigas Novas consolídase en Ortigueira como referente da creación contemporánea de raíz con Mondra, Dores Tembrás e outros, baixo a dirección de Ugia Pedreira e Óscar Górriz

Feb 02, 2026

●  O proxecto, unha iniciativa do Concello de Ortigueira a través da área formativa do Festival, codirixido por Ugia Pedreira e Óscar Górriz, regresa en 2026 para converter Ortigueira en epicentro da produción lírica…

Máis de 100 propostas presentadas para a selección do cartel do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira 2026

Xan 23, 2026

Publicada a lista de obras admitidas e excluídas Reunida a Unidade Xestora do Concurso de Carteis para esta edición 2026 do Festival de Ortigueira, e unha vez analizado o cumprimento dos requisitos das obras…

Presentado en FITUR o Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira 2026

Xan 21, 2026

Artistas da talla de Yves Lambert, Lúnasa, Solas e Valtos actuarán en Ortigueira entre o mércores 8 e o domingo 12 de xullo do 2026  O Comité Organizador do Festival Internacional do Mundo Celta…

O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira convoca o concurso de deseño do cartel do 2026 con máis de 5.000€ en premios

Dec 11, 2025

As bases xa están dispoñibles na web do Festival e as obras poderán presentarse ata o 14 de xaneiro O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira anuncia a apertura do concurso de carteis…

O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira do 2026 terá lugar entre o 9 e o 12 de xullo

Xul 25, 2025

Tras a excepcional ampliación para celebrar o 50 aniversario da Escola de Gaitas de Ortigueira deste 2025, o Festival retoma o seu formato habitual de catro días, celebrándose do xoves 9 ao domingo 12…