Finalizado o prazo para a presentación de solicitudes para o Concurso Runas 2022, recibiuse a participación de 21 bandas de Galicia, Castela e León, Andalucía, Valencia, País Vasco, Madrid, Irlanda, Escocia e Italia. 

Tras se reunir o comité técnico do Concello de Ortigueira para avaliar as propostas presentadas, e a súa relación coa música propia do Festival en sintonía coa programación do evento, son 10 as bandas seleccionadas no 2022. O comité destacou a dificultade da elección dada a altísima calidade das bandas presentadas.

Estas clasifícanse para a segunda fase do concurso, na que se da inicio ás votacións online na web do Festival. Cada persoa que o desexe poderá escoitar as propostas de cada grupo e votar polos seus 3 favoritos en www.festivaldeortigueira.com/runas. As votacións estarán abertas ata o venres 20 de maio ás 14:00 h. 

Do resultado do proceso de votacións online, que se sumarán ás emitidas polo propio xurado, sairán os tres grupos finalistas que actuarán na edición do 2022, que se celebrará do 10 ao 17 de xullo do 2022. 

Os tres grupos finalistas serán anunciados nas redes sociais e na web do Festival, á razón dun grupo cada día, mércores 25, xoves 26 e venres 27 de maio do 2022. Desde a elección dos finalistas ata a celebración de #OMáisLongoDaHistoria promocionaráselles a través da publicación dos seus temas, entrevistas con algún dos seus membros, publicación de vídeos, etc. 

As 10 bandas seleccionadas na presente edición son:

Batea – Galicia

De Ninghures – Galicia

Dobregalúa – Galicia

Fiárock – Irlanda

Folk on Crest – Castela e León

JDC – Madrid

Leirabuxo – Galicia

Madderam – Escocia

Pelepau – Galicia

Sarrabete – País Vasco

O Concurso Runas, que se vén celebrando desde o ano 2000, ten como obxectivo a difusión da cultura e música celta a través da promoción dos grupos noveis que se lanzan ao mercado, primando sempre as composicións propias.

Publicadas as bases para os postos de restauración do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira deste 2026

Mai 06, 2026

O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira publica as bases que regulan os postos de restauración como gastro-buses ou foodtrucks que poderán estar presentes no Festival entre o 8 e o 12 de…

Abertas as votacións populares para escoller os finalistas do Concurso Runas 2026

Mai 05, 2026

O Comité Organizador do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira anuncia os 10 grupos semifinalistas do certame e abre as votacións en liña para elixir os 3 finalistas que subirán ao escenario o…

Aberta nova convocatoria do Concurso Runas 2026 do Festival de Ortigueira

Abr 01, 2026

O certame Runas, que celebra a súa 27ª edición, incorpora este ano importantes novidades: a banda gañadora da final non so actuará no escenario principal do Festival de Ortigueira, senón que tamén terá a…

O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira presenta a imaxe deste 2026 e avanza a súa programación

Mar 07, 2026

Anxo Lorenzo, Rubén Alba e Noon súmanse aos xa confirmados Yves Lambert, Solas, Lúnasa, Valtos e Xara  Como ven sendo habitual, o Teatro da Beneficencia do Concello de Ortigueira acolleu, este sábado 7 de…

A Deptuación de A Coruña mantén o seu apoio ao Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira

Mar 04, 2026

O Festival recibiu 51.000€ no 2025 No marco da convocatoria do programa de subvencións para o apoio ao desenvolvemento de festivais na provincia da Coruña en 2025, o Festival Internacional do Mundo Celta de…

Dous ponteses firman a autoría do cartel que representará a imaxe do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira deste 2026

Feb 10, 2026

A obra, “Romaría”, elaborada por Juan Prieto e Joseba Silvent, veciños do Concello de As Pontes de García Rodríguez, levouse o primeiro premio, o segundo foi para “Foliada”, de Alexandre Sequeiros e o terceiro…