O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira suma tres novas agrupacións galegas ao cartaz de #OMáisLongoDaHistoria, que se celebrará do 10 ao 17 de xullo.

O comité organizador incorpora tres novos grupos de cara ao Festival de Ortigueira 2022. Fransy, Davide e Cibrán, Fiandola e Caamaño&Ameixeiras únense a Tanxugueiras, Red Hot Chilli Pipers, Wolfstone, Luar na Lubre, Baiuca, Xosé Lois Romero e Aliboria, Talisk, Covagueira, Susana Seivane, Digresk, Os D´Abaixo e Dequenvessendo.

Fransy, Davide e Cibrán unen a música tradicional galega á vangarda na súa proposta sonora. Con Fransy González e Davide Salvado á percusión e á voz, e con Cibrán Seixo ao violín procesado e o moog, este grupo pon en valor a tradición cultural galega, aportando aires novidosos e contemporáneos á música e ás letras tradicionais. Actuarán o domingo 10 de xullo en #Ortigueira2022 despois do seu paso no 2021 polo #FestivalNoTeatro. 

Fiandola actuará o luns 11 de xullo en Ortigueira. Tras máis de 25 anos de traxectoria, o grupo compostelán segue a aportar unha visión harmónica e tímbrica da música tradicional galega, creando un particular repertorio con selo propio e mantendo unha profunda raíz tradicional, na que o baile ten un protagonismo destacado.

Caamaño&Ameixeiras é un dúo ligado á música e ao baile de raíz formado por Sabela Caamaño (acordeón cromático) e Antía Ameixeiras (violín e voz). De natureza principalmente instrumental, toma como punto de partida a tradición, entendida como algo vivo e en constante cambio, para crear despois a súa propia linguaxe. Tras o seu paso polo #FestivalNoTeatro no 2021 chegarán a #OMáisLongoDaHistoria para actuar no escenario principal o venres 15 de xullo, no que aseguran será un concerto moi especial.

Publicadas as bases para os postos de restauración do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira deste 2026

Mai 06, 2026

O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira publica as bases que regulan os postos de restauración como gastro-buses ou foodtrucks que poderán estar presentes no Festival entre o 8 e o 12 de…

Abertas as votacións populares para escoller os finalistas do Concurso Runas 2026

Mai 05, 2026

O Comité Organizador do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira anuncia os 10 grupos semifinalistas do certame e abre as votacións en liña para elixir os 3 finalistas que subirán ao escenario o…

Aberta nova convocatoria do Concurso Runas 2026 do Festival de Ortigueira

Abr 01, 2026

O certame Runas, que celebra a súa 27ª edición, incorpora este ano importantes novidades: a banda gañadora da final non so actuará no escenario principal do Festival de Ortigueira, senón que tamén terá a…

O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira presenta a imaxe deste 2026 e avanza a súa programación

Mar 07, 2026

Anxo Lorenzo, Rubén Alba e Noon súmanse aos xa confirmados Yves Lambert, Solas, Lúnasa, Valtos e Xara  Como ven sendo habitual, o Teatro da Beneficencia do Concello de Ortigueira acolleu, este sábado 7 de…

A Deptuación de A Coruña mantén o seu apoio ao Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira

Mar 04, 2026

O Festival recibiu 51.000€ en el 2025 No marco da convocatoria do programa de subvencións para o apoio ao desenvolvemento de festivais na provincia da Coruña en 2025, o Festival Internacional do Mundo Celta…

Dous ponteses firman a autoría do cartel que representará a imaxe do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira deste 2026

Feb 10, 2026

A obra, “Romaría”, elaborada por Juan Prieto e Joseba Silvent, veciños do Concello de As Pontes de García Rodríguez, levouse o primeiro premio, o segundo foi para “Foliada”, de Alexandre Sequeiros e o terceiro…