Os Carecos e Covagueira poñerán, xunto a Xabier Díaz, o broche douro ao Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira 2023, que se celebrará do 9 ao 16 de xullo.

Coa incorporación de Os Carecos e Covagueira, complétase a programación musical do escenario principal e do Teatro de Beneficencia, que contará coas actuacións de Algaire, Anxo Lorenzo e Eoghan Neff, A Banda das Crechas, Bagad Sonerien An Oriant, David Bellas, Elephant Sessions, Escola de Gaitas de Ortigueira, Felpeyu, Fetén Fetén con P. Pascual, Four Men and a Dog, Holiday Club, JDC, Le Vent du Nord, Mallou, Mec Lir, Peoples Ford Boghall & Bathgate Caledonia Pipe Band, Rubén Díaz, Rura, SonDeSeu, Startijenn, Talisk, Trikitrí, Xabier Díaz, Xisco Feijoó e Xurxo Fernandes.

Os Carecos, o grupo de pandeireteiros formado por Samuel, Diego e Carlos, actuará o domingo 16 de xullo. Ao longo dos anos, percorreron moitos lugares de Galicia, levando as súas raíces e o nome de Ortigueira e Cariño por seráns, foliadas e grandes festivais, nunha evolución vocal, musical e cultural que nunca deixa de crecer.

Covagueira, o grupo nado no seo da Escola de Gaitas de Ortigueira, volverá subirse ao escenario principal o domingo 16 de xullo. Un grupo formado en 2015 que foi evolucionando en diversos formatos ata chegar en 2019 á formación actual, con novos instrumentos e sons, pero mantendo a esencia característica de Covagueira.  

Segundo declaracións do alcalde de Ortigueira, Juan Penabad “Desde o comité organizador queremos poñer en valor a calidade das nosas formacións locais, colocándoas onde se merecen, á altura do resto de agrupacións internacionais. O noso obxectivo segue sendo o de poñer en valor a nosa cultura, e ninguén mellor para facelo que a xente que creceu vivindo o Festival”.

Por outra banda, onte deuse a coñecer que o compositor, produtor e músico vasco Kepa Junkera, volverá a Ortigueira o vindeiro sábado 24 de xuño para presentar no Teatro de Beneficencia o seu documental e libro “Berpiztu”, no que repasa a súa vida e carreira discográfica. 

Ángel Lozano, concelleiro do Festival, declarou “Kepa sempre estivo ligado a Ortigueira, en canto coñecimos o seu novo proxecto, converteuse nunha das nosas prioridades para este ano“.

Nas próximas semanas daranse a coñecer as bandas que encherán as rúas de Ortigueira coa súa música, así como os obradoiros de baile e exposicións que levarán a cabo durante o Festival.

O Laboratorio de Cántigas Novas consolídase en Ortigueira como referente da creación contemporánea de raíz con Mondra, Dores Tembrás e outros, baixo a dirección de Ugia Pedreira e Óscar Górriz

Feb 02, 2026

●  O proxecto, unha iniciativa do Concello de Ortigueira a través da área formativa do Festival, codirixido por Ugia Pedreira e Óscar Górriz, regresa en 2026 para converter Ortigueira en epicentro da produción lírica…

Máis de 100 propostas presentadas para a selección do cartel do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira 2026

Xan 23, 2026

Publicada a lista de obras admitidas e excluídas Reunida a Unidade Xestora do Concurso de Carteis para esta edición 2026 do Festival de Ortigueira, e unha vez analizado o cumprimento dos requisitos das obras…

Presentado en FITUR o Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira 2026

Xan 21, 2026

Artistas da talla de Yves Lambert, Lúnasa, Solas e Valtos actuarán en Ortigueira entre o mércores 8 e o domingo 12 de xullo do 2026  O Comité Organizador do Festival Internacional do Mundo Celta…

O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira convoca o concurso de deseño do cartel do 2026 con máis de 5.000€ en premios

Dec 11, 2025

As bases xa están dispoñibles na web do Festival e as obras poderán presentarse ata o 14 de xaneiro O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira anuncia a apertura do concurso de carteis…

O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira do 2026 terá lugar entre o 9 e o 12 de xullo

Xul 25, 2025

Tras a excepcional ampliación para celebrar o 50 aniversario da Escola de Gaitas de Ortigueira deste 2025, o Festival retoma o seu formato habitual de catro días, celebrándose do xoves 9 ao domingo 12…

Ortigueira pecha con éxito unha edición histórica

Xul 14, 2025

Durante cinco días de festa, tradición e música ao máis alto nivel, a vila da Ortigueira converteuse de novo no epicentro da cultura celta, acollendo a máis de 110.000 persoas, segundo estimacións da organización…