As formacións encargadas de encher de música e ledicia as rúas de Ortigueira poñen a guinda a unha programación que volverá converter a Ortigueira na capital da cultura celta durante oito días.

Apenas quedan dúas semanas para a saída dunha nova edición do que será el 45 aniversario do Festival máis importante de España no que a música tradicional celta se refire. A dirección acaba de confirmar as agrupacións que acudirán a protagonizar o Festival na rúa, que como sempre estará protagonizado por formacións de orixe galega, se ben este ano os nosos veciños asturianos estarán moi ben representados tanto nas rúas como no escenario Estrella Galicia, pois serán sete as formacións veciñas que actuarán entre o próximo 9 e o 16 de xullo no Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira.

Entre as bandas que se anunciaron para pechar o cartel desta edición atópanse a Banda de Gaitas do Ortegal, Banda de Gaitas Ladrido, Asociación Cultural Troula do Ortegal, Airiños de Fene, Banda de Gaitas Abelladeira, Asociación Cultural Saiñas de Xove, Grupo Folklórico Trebeyu, Banda de Gaitas La Laguna del Torollu, Asociación Cultural Son D´Aquí, Airiños do Eume, Bandina La Garrapiella, Charanga Alxibeira, Fol do Raxal, No Cómbaro e Os Netos do Escribano.

A organización ultima preparativos para a cita máis importante no panorama festivo da vila Ortegana, de feito acaban de anunciarse as restricións de tráfico, que por cuestións de seguridade, terán lugar entre os días 6 e 17 de xullo antes do comezo do Festival e durarán ata o día seguinte á súa finalización.

Ademais, mañá sábado terá lugar no Teatro de Beneficencia ás 20:00 h. a presentación do libro e documental “Berpiztu” de Kepa Junkera, onde se repasa a súa vida e traxectoria artística. O documental inclúe imaxes de arquivo nunca antes vistas sobre o músico, compositor e produtor vasco, así como testemuños de artistas que teñen colaborado con el como Ara Malikian, Estrella Morente, Pedro Guerra, Pablo Milanés, Dulce Pontes, Santiago Auserón, Uxía ou Budiño. Tamén terá lugar a inauguración da exposición “Berpiztu, la expo” dos fotógrafos Sindo Novoa e Sonia Navas, que se poderá visitar durante o Festival.

Ortigueira pecha con éxito unha edición histórica

Xul 14, 2025

Durante cinco días de festa, tradición e música ao máis alto nivel, a vila da Ortigueira converteuse de novo no epicentro da cultura celta, acollendo a máis de 110.000 persoas, segundo estimacións da organización…

Os 50 sentáronlle moi ben á Escola de Gaitas de Ortigueira

Xul 14, 2025

O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira culminou hoxe domingo unha edición histórica, marcada pola celebración do 50 aniversario da Escola de Gaitas de Ortigueira, protagonista absoluta dun evento que ela mesma axudou…

Milladoiro e Flook triunfan na xornada máis multitudinaria do Festival de Ortigueira

Xul 13, 2025

Milladoiro e Flook triunfan na xornada máis multitudinaria do Festival de Ortigueira A pasada noite do sábado, o Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira viviu unha das súas noites máis inesquecibles cando os…

Xara, banda madrileña con influencias da música tradicional asturiana, alzase co primeiro posto no Concurso Runas 2025 e faise cun pase directo ao Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira de 2026

Xul 13, 2025

O grupo percibirá 3.000 € e actuará en 2026. Xara fora seleccionada como a banda favorita na votación popular realizada o pasado mes de maio a través da web, encabezando a votación online con…

A Escola de Gaitas de Ortigueira fai historia

Xul 11, 2025

A Escola de Gaitas de Ortigueira puxo o maior punto de emoción na edición do seu 50.º aniversario. No concerto participaron 150 músicos dirixidos polos 4 directores das súas cinco décadas de vida. A…

Inaugurado o Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira no aniversario da Escola de Gaitas de Ortigueira

Xul 09, 2025

No acto inaugural do Festival, que se completou coa firma do presidente da Xunta de Galicia no libro de honra do evento, homenaxeouse á Escola de Gaitas de Ortigueira polo seu 50º. aniversario e…