Os Carecos, Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre e Covagueira son as estrelas que pechan cos seus concertos unha edición que, como ben describía o cartel deste ano, ía ter dimensións cósmicas. 70 horas de música celta, interpretada por máis de 200 artistas, de 45 formacións, con 300 persoas traballando para que os máis de 100.000 visitantes gozasen de oito días nos que Ortigueira convértese na capital mundial da cultura celta.

Na noite de hoxe domingo 16 pechan o festival Os Carecos, Xabier Díaz&Adufeiras de Salitre e Covagueira na que se prevé sexa unha emocionante xornada final tras máis dunha semana seguida de música en rúas, prazas, e escenarios da alameda, a igrexa ou o teatro.

Unha completa programación cultural e musical na que os máis de 100.000 visitantes gozaron novamente das diferentes propostas da música Celta. Os concertos de Elefant Sessions o martes, Rura e Startijenn o venres, Le Vent du Nord e Four Men and a Dog onte sábado, foron os máis multitudinarios, xunto coa Escola de Gaitas de Ortigueira,  e á previsión de Xabier Díaz con Adufeiras de Salitre e Covagueira para hoxe domingo.

Merchandising case esgotado ou supermercados sen existencias, e as primeiras impresións dos hostaleiros da localidade, dan fe das elevadas cifras de afluencia de público.

Os obradoiros e cursos de fotografía documental da rúa, baile bretón, asturiano e galego, esgotaron as prazas dispoñibles semanas antes da celebración do festival, demostrando a implicación e participación co festival de nenos e maiores.

A boa convivencia entre persoas de diferentes partes de dentro e fóra das nosas fronteiras, o civismo e o respecto ao medio por parte da mocidade na zona de descanso en Morouzos foron outros dos aspectos para destacar, segundo a opinión recollida aos propios usuarios, que desexan repetir, esperando xa a edición de 2024.

Os concertos na igrexa e o teatro de fusión galego-irlandesa, con público desbordando a capacidade do teatro de beneficencia, e a feira de artesanía e as exposicións de fotografías “Berpizu” e “A través do noso obxectivo” complementaron a programación cultural do festival.E finalmente, un dos momentos máis esperados foi como é habitual o domingo pola mañá co gran desfile de bandas das nacións celtas, acompañado durante todo o percorrido desde ambas as beiras das rúas por veciños e visitantes, cuxa masiva afluencia colapsou por momentos o movemento na vila  e  arredores. En resumo, oito días que supuxeron un novo éxito asistencia, ambiente e calidade musical e cultural nos diversos espazos e rúas de Ortigueira.

Fotografía: Álvaro Ramil 

O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira, o festival con maior apoio do Ministerio de Cultura no 2024

Out 18, 2024

O Festival recibiu este 2024 unha cunatía de 35.000€ por parte do ente público  O Instituto Nacional das Artes Escénicas e da Música (INAEM), dependente do Ministerio de Cultura, convoca cada ano o seu…

O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira impúlsase grazas á Deputación de A Coruña

Out 18, 2024

O festival recibiu 65.000€ este 2024 No marco da convocatoria do programa de subvencións a concellos e entidades locais para o apoio ao desenvolvemento de festivais audiovisuais, musicais e de artes escénicas na provincia…

O Festival de Ortigueira amplía unha xornada máis a súa próxima edición para homenaxear á Escola de Gaitas no seu 50 aniversario

Set 27, 2024

A organización aposta por ampliar as datas de catro a cinco días de duración, do 9 ao 13 de xullo O 2025 será un ano para o recordo para a Escola de Gaitas de…

Mónica Fustes deseñará o cartel do Festival de Ortigueira 2025

Ago 02, 2024

O Comité Organizador aposta polo talento local para a imaxe dunha edición marcada polo 50 aniversario do nacemento da Escola de Gaitas de Ortigueira. En 2025, a Escola de Gaitas de Ortigueira celebrará o…

Comunicado oficial: Facebook

Xul 23, 2024

A nosa páxina de Facebook atópase actualmente suspendida por motivos completamente alleos ao Festival de Ortigueira. Estamos a traballar para resolver esta situación e recuperala canto antes. Pedimos desculpas por calquera inconveniente que isto…

Alana e Buíoch gañan ex aequo o Concurso Runas 2024

Xul 17, 2024

O trío galego e o cuarteto irlandés actuarán no Festival de Ortigueira 2025 como gañadores da 25.ª edición do certame. Nunha edición memorable do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira, o xurado do…