Ambos consistorios buscan seguir fomentando un dos seus principais atractivos turísticos comúns, a música celta a través do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira e o Festival Internacional Sierra Celta de Cortegana.

Este mércores 24 o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a alcaldesa de Cortegana, María del Mar Mantín, desprazáronse ata FITUR para asinar na caseta de Andalucía un protocolo de colaboración entre ambos concellos en materia de cultura e música tradicional, en defensa e potenciación das actividades que ambas administracións desenvolven.

Ambos concellos poderán desenvolver de forma conxunta actividades que beneficien a ambos festivais e, para iso, creouse unha comisión técnica formada polos directores dos respectivos festivais e polos rexedores de Ortigueira e Cortegana.

Valentín Calvín declarou estar “moi contento por seguir facendo crecer a cultura e a música celta coa colaboración entre ambos concellos” xa que, segundo afirmou, “isto é o punto de partida cara a futuras colaboracións con festivais de dentro e fóra das nosas fronteiras”.

A alcaldesa de Cortegana, María del Mar Martín, mostrouse “moi ilusionada con este convenio que une esforzos para conseguir obxectivos comúns nun ámbito como o da cultura e a música”. A primeira edil agradeceu a predisposición do Concello de Ortigueira para levar a cabo este importante proxecto común.

O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira, organizado polo Concello de Ortigueira, converteuse por méritos propios nun dos eventos musicais máis multitudinarios de toda España e nunha cita ineludible do verán, así como un dos referentes mundiais do folk e da música celta. A súa magnitude excede xa o puramente musical, consolidándose como un espazo libre onde conflúen xentes chegadas dos máis diversos puntos da xeografía mundial.

Neste 2024 celebrarase do 11 ao 14 de xullo e xa conta cos seus primeiros catro grupos confirmados: Fillas de Cassandra, Green Lads, Peoples Ford Boghall & Bathgate Caledonia Pipe Band e a fundadora do Festival en 1978, a Escola de Gaitas de Ortigueira.

Desde a posta en marcha do Festival Internacional Sierra Celta de Cortegana o Concello de Cortegana, o seu organizador, apostou decididamente por el co obxectivo de consolidalo como un referente da música celta en España e no sur de Europa. Celébrase aos pés do Castillo de Cortegana, un dos principais atractivos turísticos da zona. A maxia do medievo, a música celta, a gastronomía, unha programación cargada de actividades para toda a familia e o bo ambiente que se respira na serra onubense, son o seu prato forte.

Ortigueira e Cortegana selan así un acordo de colaboración que esperan permita achegar ambas as localidades a través da cultura e fomente unha unión que creza cada ano e xere vínculos que enriquezan cultural, económica e turIsticamente a ambas as poboacións.

O Festival de Ortigueira amplía unha xornada máis a súa próxima edición para homenaxear á Escola de Gaitas no seu 50 aniversario

Set 27, 2024

A organización aposta por ampliar as datas de catro a cinco días de duración, do 9 ao 13 de xullo O 2025 será un ano para o recordo para a Escola de Gaitas de…

Mónica Fustes deseñará o cartel do Festival de Ortigueira 2025

Ago 02, 2024

O Comité Organizador aposta polo talento local para a imaxe dunha edición marcada polo 50 aniversario do nacemento da Escola de Gaitas de Ortigueira. En 2025, a Escola de Gaitas de Ortigueira celebrará o…

Comunicado oficial: Facebook

Xul 23, 2024

A nosa páxina de Facebook atópase actualmente suspendida por motivos completamente alleos ao Festival de Ortigueira. Estamos a traballar para resolver esta situación e recuperala canto antes. Pedimos desculpas por calquera inconveniente que isto…

Alana e Buíoch gañan ex aequo o Concurso Runas 2024

Xul 17, 2024

O trío galego e o cuarteto irlandés actuarán no Festival de Ortigueira 2025 como gañadores da 25.ª edición do certame. Nunha edición memorable do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira, o xurado do…

Finaliza con éxito unha nova edición do Festival de Ortigueira con máis de 100.000 persoas

Xul 15, 2024

O festival celebrou catro días de concertos, desfiles e obradoiros repletos de público, a pesar da choiva nalgúns momentos da noite durante a primeira e última xornada, que tivo que suspender o seiu último…

Resumo da terceira xornada do Festival de Ortigueira 2024

Xul 14, 2024

O festival  chegou este sábado á súa terceira xornada, inaugurada pola mañá coa recepción oficial de bandas que participarán mañá domingo no “Desfile das Nacións Celtas” A xornada inaugurouse ás 12 en punto da…