Será dotado con 2.000 € e aberto a artistas de todo o mundo. O prazo para presentar candidaturas termina o luns 26 de febreiro de 2024.

O cartel do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira 2024 será elixido por concurso aberto, segundo decidiu o Comité Organizador. Deste xeito quérese abrir as portas a novas miradas sobre o Festival, novos estilos creativos, dando a oportunidade a artistas de calquera parte do mundo.

O deseño elixido non só formará parte do cartel, senón que estará presente en toda a campaña publicitaria e merchandising que se xere ao longo do ano.

O gañador formará parte da lista de autores do que é un dos obxectos de colección do Festival, o seu cartel, que foi plasmado por artistas da talla de Siro López, González Colado ou Javier Mariscal, entre outros. 

Poderán participar no concurso tanto persoas físicas como xurídicas, individualmente ou en equipo, de calquera nacionalidade.

O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira converteuse por méritos propios nun dos eventos musicais máis multitudinarios de toda España e nunha cita ineludible do verán, así como un dos referentes mundiais do folk e da música celta. A súa magnitude excede xa o puramente musical, consolidándose como un espazo libre onde conflúen xentes chegadas dos máis diversos puntos da xeografía mundial.

Neste 2024 celebrarase do 11 ao 14 de xullo e xa conta cos seus primeiros catro grupos confirmados: Fillas de Cassandra, Green Lads, Peoples Ford Boghall & Bathgate Caledonia Pipe Band e a fundadora do Festival en 1978, a Escola de Gaitas de Ortigueira.

Bases e materiais dispoñibles en www.festivaldeortigueira.com/concurso-de-carteis/

O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira do 2026 terá lugar entre o 9 e o 12 de xullo

Xul 25, 2025

Tras a excepcional ampliación para celebrar o 50 aniversario da Escola de Gaitas de Ortigueira deste 2025, o Festival retoma o seu formato habitual de catro días, celebrándose do xoves 9 ao domingo 12…

Ortigueira pecha con éxito unha edición histórica

Xul 14, 2025

Durante cinco días de festa, tradición e música ao máis alto nivel, a vila da Ortigueira converteuse de novo no epicentro da cultura celta, acollendo a máis de 110.000 persoas, segundo estimacións da organización…

Os 50 sentáronlle moi ben á Escola de Gaitas de Ortigueira

Xul 14, 2025

O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira culminou hoxe domingo unha edición histórica, marcada pola celebración do 50 aniversario da Escola de Gaitas de Ortigueira, protagonista absoluta dun evento que ela mesma axudou…

Milladoiro e Flook triunfan na xornada máis multitudinaria do Festival de Ortigueira

Xul 13, 2025

Milladoiro e Flook triunfan na xornada máis multitudinaria do Festival de Ortigueira A pasada noite do sábado, o Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira viviu unha das súas noites máis inesquecibles cando os…

Xara, banda madrileña con influencias da música tradicional asturiana, alzase co primeiro posto no Concurso Runas 2025 e faise cun pase directo ao Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira de 2026

Xul 13, 2025

O grupo percibirá 3.000 € e actuará en 2026. Xara fora seleccionada como a banda favorita na votación popular realizada o pasado mes de maio a través da web, encabezando a votación online con…

A Escola de Gaitas de Ortigueira fai historia

Xul 11, 2025

A Escola de Gaitas de Ortigueira puxo o maior punto de emoción na edición do seu 50.º aniversario. No concerto participaron 150 músicos dirixidos polos 4 directores das súas cinco décadas de vida. A…