Os concertos do Escenario Estrella Galicia poderanse seguir a través da plataforma Tolemias, mentres que o Festival na Rúa verase no perfil de Instagram do Festival.

Desde a súa creación en 1978, o Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira consolidouse como un referente mundial da música folk e celta. Cada ano, miles de visitantes reúnense en Ortigueira para gozar dunha programación de alta calidade, que inclúe tanto a artistas consagrados como a novas promesas do xénero.

Este ano, como gran novidade, parte dos concertos do Escenario Estrella Galicia poderán seguirse en directo a través da plataforma musical galega Tolemias. Os amantes da música folk e celta poderán desfrutar das actuacións dos seus artistas favoritos desde a comodidade dos seus fogares ou desde calquera lugar do mundo, a través de calquera dispositivo con acceso a internet mediante a web www.tolemias.tv ou a aplicación de Tolemias.

Ademais, o concerto de Fillas de Cassandra, que terá lugar na noite do venres 12 ao sábado 13 ás 00:50 h, poderase seguir en directo a través de www.agalega.gal  

O Festival na Rúa tamén se poderá seguir en directo a través do perfil de Instagram do propio Festival, como vén sendo habitual desde a edición de 2022. Esta iniciativa permite aos miles de seguidores do Festival experimentar a máxica atmosfera que se crea enchendo as rúas de Ortigueira cunha mestura de sons, vestimentas, cores e tradicións.

O Festival de Ortigueira, que este ano se celebrará do xoves 11 ao domingo 14 de xullo, sempre destacou pola súa capacidade de reunir a artistas e público de todo o mundo. Con estas novas opcións de retransmisión en directo, amplíase o alcance do Festival en busca de ofrecer a máis persoas a oportunidade de vivilo sen importar onde se atopen.

Outra das novidades desta edición será a implementación dun sistema de pago cashless para as barras. Este sistema sen efectivo brindará unha maior comodidade e seguridade aos asistentes, optimizando os servizos e as transaccións financeiras durante os concertos. Os usuarios poderán realizar pagos mediante pulseiras recargables, eliminando a necesidade de manexar efectivo.

Estableceranse varios puntos de recarga tanto na zona da Alameda como na praia de Morouzos. Ademais, ao finalizar o Festival, os usuarios poderán recuperar o saldo restante das súas pulseiras a través da plataforma www.woutick.es 

Programación por días de #Ortigueira2024 en www.festivaldeortigueira.com/programacion/

El Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira publica las bases que regularán la autorización para la venta ambulante en la feria de Artesanía en el Festival en año 2026

Mai 21, 2026

El Concello de Ortigueira hace públicas las bases para la adjudicación de casetas y espacios públicos a personas físicas y jurídicas interesadas en participar en la próxima edición del Festival Internacional do Mundo Celta. El evento,…

Publicadas as bases para os postos de restauración do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira deste 2026

Mai 06, 2026

O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira publica as bases que regulan os postos de restauración como gastro-buses ou foodtrucks que poderán estar presentes no Festival entre o 8 e o 12 de…

Abertas as votacións populares para escoller os finalistas do Concurso Runas 2026

Mai 05, 2026

O Comité Organizador do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira anuncia os 10 grupos semifinalistas do certame e abre as votacións en liña para elixir os 3 finalistas que subirán ao escenario o…

Aberta nova convocatoria do Concurso Runas 2026 do Festival de Ortigueira

Abr 01, 2026

O certame Runas, que celebra a súa 27ª edición, incorpora este ano importantes novidades: a banda gañadora da final non so actuará no escenario principal do Festival de Ortigueira, senón que tamén terá a…

O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira presenta a imaxe deste 2026 e avanza a súa programación

Mar 07, 2026

Anxo Lorenzo, Rubén Alba e Noon súmanse aos xa confirmados Yves Lambert, Solas, Lúnasa, Valtos e Xara  Como ven sendo habitual, o Teatro da Beneficencia do Concello de Ortigueira acolleu, este sábado 7 de…

A Deptuación de A Coruña mantén o seu apoio ao Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira

Mar 04, 2026

O Festival recibiu 51.000€ no 2025 No marco da convocatoria do programa de subvencións para o apoio ao desenvolvemento de festivais na provincia da Coruña en 2025, o Festival Internacional do Mundo Celta de…