O acto tivo lugar na praza Isabel II, no que participaron autoridades, bandas e tivo lugar o izado de bandeiras das nacións celtas.
Ás oito en punto da tarde, o presentador do acto, Xalo, abriu as intervencións facendo un aceno á metereoloxía, metendo inmediatamente ao público de fora de Galicia nun colectivo “se chove que chova” e “nunca choveu que non escampara”.
Nas diferentes intervencións, abriu o acto o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, agradeceu a asistencia de todos os representantes institucionais que nos acompañaron, así como aos medios de comunicación, patrocinadores, e destacou as novidades, como as de que este ano será un festival máis seguro e accesible: “foi un orgullo e unha responsabilidade traballar desde dentro, tentando recoller todas as voces, sensibilidades e propostas que desde o pobo de Ortigueira chegasen. E con ese obxectivo co que naceu o comité Organizador, no que traballamos arreo con reunións periódicas desde o día seguinte a finalizar o festival do ano pasado ata hoxe mesmo, co fin tanto de asegurar o mellor desenvolvemento da edición, así como de incorporar a maior cantidade de melloras posibles para que esta festa da cultura e a música celta siga a crecer e sexa máis accesible a todas e a todos.
“Este ano contaremos cun festival máis seguro e accesible. Por primeira vez, será instalada cunha plataforma PMR, que permitirá que as persoas con mobilidade reducida poidan desfrutar dos concertos do Escenario Estrella Galicia en igualdade. Tamén estará a vosa disposición o punto lila e arcoíris, dedicado á sensibilización respecto á igualdade, así como á prevención e atención de situacións de acoso e violencia de xénero.”
“Igualmente, mencionou que se conseguiron novos patrocinadores, públicos e privados, “dando a benvida a Ence e a Lecta a esta familia. Que unidos ao renovado e reforzado pulo da Xunta de Galicia, xunto co apoio da Deputación da Coruña, INAEM, Abanca, Gadis e como non, Estrella Galicia”.
En canto á visibilización do Festival dentro de Ortigueira, poderedes atopar nos xardíns de Julio Dávila, ao carón da Feira de Artesanía, a nosa Runa Xigante co logo do Festival, que de seguro será un dos epicentros de stories, reels e selfies de este ano. Quero agradecer ao profesorado e alumnado da FP de Carpintaría do IES de Ortigueira o seu magnífico traballo e disposición.
Tamén de seguro se chegastes pola estrada desde Cuíña atopástesvos á nosa “punkiereteira”. A recoñecida muralista Lidia Cao e o noso veciño Cristian Caruncho, en colaboración co Xeoparque Cabo Ortegal, foron os encargados de crear este fermoso mural que desde fai uns días dá a benvida aos nosos visitantes.
Para garantir a seguridade e a atención volveremos a contar cunha UVI móbil á que este ano, como novidade, lle sumamos un hospital de campaña, que reforzará os medios de atención sanitaria estes días nos que Ortigueira medra en número de habitantes.
Expresou “o máis sincero agradecemento ás forzas e corpos de seguridade do Estado, a todo o persoal médico, á corporación municipal e en especial, ao persoal municipal do Concello, liderado por Alberto Balboa durante o Festival, por todo o seu esforzo e dedicación durante os últimos meses e, sobre todo, durante os próximos catro días”.
Agradeceu “a nosa querida Escola de Gaitas, unha institución que non só fundou este Festival, senón que segue sendo o seu motor e corazón e este ano con máis forza como parte activa do Comité Organizador. E finalmente, a vós, todos os veciños e veciñas de Ortigueira, pois nestes días a poboación de Ortigueira medra por milleiros, e digo ben, pois grazas a vós, veciños e veciñas de Ortigueira, grazas á vosa hospitalidade, respecto e amabilidade, estes visitantes pasan a ser novos veciños durante estes días.”
Bruno Lozano, o presidente da Escola de Gaitas, destacou os inicios do festival pedindo un aplauso para os fundadores nun contexto de represión cultural, que inculcaron “o valor do noso” a todo o pobo. Destacou a creación do comité organizador, e que a escola non é profesional da organización de eventos, pero que o fan o mellor que poden. Agradeceu a todos os integrantes do comité e da escola, aos pequenos e maiores que nunca dan un non por resposta. Finalizou destacando que en 2025 a escola cumprirá a 50 anos, para que xa está comezando a traballar.
Natividad González, deputada de Cultura da Deputación da Coruña, destacou o orgullo que sinte toda a provincia polo festival, e o traballo de colaborar desde a área que representa. Agradeceu a organización, artistas, e ao público nun evento que nos demostra que a música celta é un orgullo. Desexou que desfruten da coreografía da nosa historia.
María Quintiana, directora xeral de Promoción da Igualdade, saudou a todas as autoridades e que tal dia como hoxe quen “me ía dicir a min que hoxe estaría representando a un dos escaparates de Galicia para todo o mundo e animou a traballar todas as administracións xuntas. Sensibilidade de xénero na programación, onde vemos que se apostou por un cartel en clave feminina, e darlle visibilidade, espazo de reflexión e igualdade, o punto lila será o lugar que o publico ten de referencia para o asesoramento sobre as agresións sexistas e denuncia da violencia de xénero. Quixo poñer en valor a “enerxía inigualable que se respira en Ortigueira durante todo o evento”, animou a desfrutar con respecto e igualdade un festival que non ten ninguén.
Xose Manuel Merelles, director xeral de Turismo da Xunta de Galicia, en primeiro lugar un saúdo especial do presidente, don Alfonso Rueda, e felicitar a veciñanza de Ortigueira de ser quen de organizar o festival. O 1º acto público o ano pasado, Valentín empezou a convencer da paixón que fixo apostar e redoblar a aposta polo festival, tanto por ser de interese turístico internacional como a parte cultural que Ortigueira a Galicia celebrando o mundo celta.
Pechou as intervencións de novo o alcalde, dando os parabéns ao autor do cartel e facendo un recoñecemento a Cortegana, o pobo irmanado con Ortigueira. Este festival é un momento de encontro onde a harmonía, entendida na súa máis ampla expresión, enche os corazóns dos nosos veciños e veciñas e de todos os visitantes que nos honran coa súa presenza.
Todo o acto estivo intercalado entre intervención e intervención coa música solistas, dúos e tríos asturianos, bretóns, integrantes dos grupos que actuarían esta primeira xornada pola noite, como a Bagad Brieg, así como a Banda de gaites Candás, creada en 1989 e os gaiteiros de Villaviciosa El Gaitero.
O acto pechouse preto das nove da noite como é habitual co izado de bandeiras das oito nacións celtas ao ritmo do himno galego interpretado pola Escola de Gaitas de Ortigueira, dando paso á primeira das catro noites de concertos no escenario Estrella Galicia, que abriu a Bagad Brieg 21:30 h, seguida de Picarós 22:45 h, Alana 23:40 h, Buíoch 00:40 h, Scottish Fish 01:35, e pecharon a noite Cúig 02:50 h.