A organización aposta por ampliar as datas de catro a cinco días de duración, do 9 ao 13 de xullo

O 2025 será un ano para o recordo para a Escola de Gaitas de Ortigueira que celebra o seu 50 aniversario, un fito significativo co que se celebra a súa dedicación, preservación e promoción da música tradicional galega. Con este motivo, o Comité Organizador do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira, reunido a semana pasada, decidiu ampliar un día máis as datas do festival, coa intención de adicar unha xornada especial ás cinco décadas de historia da Escola de Gaitas. 

‘La Escola’ (como se coñece entre os ortigueirenses) é un piar fundamental na organización e desenvolvemento do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira desde que o fundou en 1978. Este converteuse nun dos eventos musicais máis multitudinarios de toda España e nunha cita ineludible do verán, así como un dos referentes mundiais do folk e da música celta. 

A programación cultural e musical do festival terá unha duración de cinco días, do mércores 9 de xullo ao domingo 13 de xullo, ampliando un día máis a duración do evento respecto á edición do 2024. Mantendo a liña dos últinos anos a programación centrarase en atraer a grupos de referencia do panorama Celta internacional pero prestando especial atención atención tamén ás novas propostas emerxentes da escena tradicional galega. 

O cartaz completo será presentado nos vindeiros meses e, como xa se anunciou, será obra de Mónica Fustes, veciña de Espasantes elixida polo Comité Organizador. Mónica é unha destacada artista e profesional do marketing, que co seu cartaz representará o espíritu do Festival e homenaxeará o medio século de vida da Escola de Gaitas de Ortigueira.

Publicadas as bases para os postos de restauración do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira deste 2026

Mai 06, 2026

O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira publica as bases que regulan os postos de restauración como gastro-buses ou foodtrucks que poderán estar presentes no Festival entre o 8 e o 12 de…

Abertas as votacións populares para escoller os finalistas do Concurso Runas 2026

Mai 05, 2026

O Comité Organizador do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira anuncia os 10 grupos semifinalistas do certame e abre as votacións en liña para elixir os 3 finalistas que subirán ao escenario o…

Aberta nova convocatoria do Concurso Runas 2026 do Festival de Ortigueira

Abr 01, 2026

O certame Runas, que celebra a súa 27ª edición, incorpora este ano importantes novidades: a banda gañadora da final non so actuará no escenario principal do Festival de Ortigueira, senón que tamén terá a…

O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira presenta a imaxe deste 2026 e avanza a súa programación

Mar 07, 2026

Anxo Lorenzo, Rubén Alba e Noon súmanse aos xa confirmados Yves Lambert, Solas, Lúnasa, Valtos e Xara  Como ven sendo habitual, o Teatro da Beneficencia do Concello de Ortigueira acolleu, este sábado 7 de…

A Deptuación de A Coruña mantén o seu apoio ao Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira

Mar 04, 2026

O Festival recibiu 51.000€ no 2025 No marco da convocatoria do programa de subvencións para o apoio ao desenvolvemento de festivais na provincia da Coruña en 2025, o Festival Internacional do Mundo Celta de…

Dous ponteses firman a autoría do cartel que representará a imaxe do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira deste 2026

Feb 10, 2026

A obra, “Romaría”, elaborada por Juan Prieto e Joseba Silvent, veciños do Concello de As Pontes de García Rodríguez, levouse o primeiro premio, o segundo foi para “Foliada”, de Alexandre Sequeiros e o terceiro…