
No acto inaugural do Festival, que se completou coa firma do presidente da Xunta de Galicia no libro de honra do evento, homenaxeouse á Escola de Gaitas de Ortigueira polo seu 50º. aniversario e tivo lugar o tradicional izado das bandeiras das Nacións Celtas
O acto comezou, como non podería ser doutro xeito, co desfile e a música por parte da Escola de Gaitas de Ortigueira, que recibiu unha calurosísima ovación do público alí presente.
Tras ela os bretóns Maxime Guillermic, Erwan Guillou y Lionel Prignent precederon ás intervencións institucionais. Estas comezaron con Bruno Lozano, o presidente da Escola de Gaitas, destacando os inicios do festival e agradecendo aos fundadores que inculcaron os seus valores a toda a vila. Agradeció su implicación a todos los integrantes destacando que en este 2025 la Escola cumple 50 años de vida e hizo especial hincapié en que “é unha honra dar a benvida un ano máis a unha historia de traballo colectivo, un ano especial que celebra nada máis e nada menos que cinco décadas de vida, paixón pola música tradicional e compromiso coa nosa cultura”. Para Bruno, “a Escola non só toca, senón que organiza, coordina, comparte, publica, etc”. O presidente da agrupación mostrouse emocionado e orgulloso dun Festival que “é moito máis que música e é cada vez máis internacional e máis diverso”. Por último, convidou aos asistentes a visitar a exposición dos 50 anos “O valor do noso”.
Todo o acto estivo intercalado entre intervención e intervención con música, dúos e tríos galegos, asturianos, escoceses e bretóns. Tras a actuación o dúo galego de gaita e acordeón, formado por Manuel Riveira e Alexandre Labraña, Alberto Balboa, o Director del Festival comezou solicitando un aplauso para Antón Corral, músico e lutier de recoñecido prestixio. O Director puxo tamén en valor os referentes da música folk máis internacionais, así como ol talento local, poñendo como exemplo o reciente espazo para programación complementaria aol Festival, “Vila celta”, así como o LAB (Laboratorio de Cántigas Novas) e a ampliada programación familiar co Peque Festival.
Tras o dúo asturiano de gaita e tambor formado por Nacho Narciandi e Velu Muñiz, Valentín González, presidente da Deputación da Coruña, destacou o orgullo que sente toda a provincia por el Festival. Agradeció a la organización, artistas, y al público su interés y presencia cada año en un evento que nos demostra que a música celta é un orgullo. “A música é a fala que nos fai entendernos” e boutou man do proverbio celta que di que “os pes te levarán onde o teu corazón queira estar, e todos queremos estar en Ortigueira” e desexou “outros 50 anos máis.”
O alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, comezou a súa intervención cun agradecemeento no seu terceiro ano de mandato a todos os representantes institucionais. Tras os agradecementos, zo fixo notar a súa emoción por estar un ano máis nun Festival destas características: “Este é sen dúbida un dos momentos no que ser alcalde é unha gran honra. Este é o meu terceiro Festival como alcalde, pero sen dúbida, é o máis especial. Porque este 2025 celebramos unha data histórica: o 50 aniversario da Escola de Gaitas de Ortigueira. Cincuenta anos de música, de tradición, de compromiso coa cultura e co ensino. Unha institución que non só fundou este festival, senón que continúa sendo o seu motor e o seu corazón”,
Expresou “o máis sinceiro agradecemento ás forzas e cuerpos de seguridade do Estado, a todo o personal médico, á corporación municipal e en especial, ao persoal municipal do Concello, liderazgo por Alberto Balboa durante o Festival, por todo o seu esforzo e dedicación durante os últimos meses e, sobre todo, durante os próximos cinco días”. Á policía local, GES de Ortigueira, e tantos que axudades para que este festival sexa posible. Non quixo conclír a súa intervención sen facer mención a un “compañeiro de corporación que nos deixou hai un ano, “Monti”, Concelleiro de Facenda” e unha sentida mención a Mónica Camba, mestra e integrante da Escola de Gaitas, “onde esteas estarás moi orgullosa da Escola e de Ortigueira”.
Agradeceu a todas aquelas institucións públicas ou privadas que fan posible la realización, ano tras ano do Festival, brindando o seu apoio tamén foron mencionadas polo responsable da Administración Municipal quen destacou que “apostan pola nosa cultura a través deste Festival”. Xunta de Galicia, Deputación da Coruña, INAEM (Instituto Nacional de las Artes Escénicas y de la Música), Ence, Abanca, Gadis e Estrella Galicia, entre outros, neste 2025.
Un “desfrutade con sentidiño, gozando do espazo natural” foi o colofón final do seu discurso, non sen antes agradecer á Escola “e a todas as xeracións de músicos que pasaron por ela, ás súas familias, ao profesorado, alcaldes e aos veciños de veciñas ds 22 parroquias do Concello” a súa vinculación co Festival.
A parte institucional do acto, concluiu coa homenaxe á Escola a través dos seus 4 directores, recoñecendo o seu labor. O presidente da Xunta entregou os galardóns a Xabier Garrote, fundador da Escola de Gaitas e Director entre 1975 e 1982, César Muíño, Director entre 1982 e 1989, Xavier Pena, entre 1990 e 2004 – recolleu no seu lugar Bruno Lozano, actual Presidente da Escola – y, finalmente, a Rodrigo López, Director desde o 2004 ata a actualidade.
Para finalizar as intervencións, Alfonso Rueda, Presidente da Xunta de Galicia, puxo en valor o medio siglo de vida de “a banda decana de gaitas de Galicia, que representa a tantas músicas de dentro e fóra de Galicia”. Mencionou que “o de Ortigueira é un Festival que se identifica co pobo, con máis forza que nunca”.
O acto pechouse coa firma do presidente da Xunta de Galicia no libro de honra do Festival, e o izado de bandeiras das oito nacións celtas ao ritmo do himno galego interpretado pola Escola de Gaitas de Ortigueira, dando paso á primeira das catro noites de concertos, que tras o pistoletazo de salida de Os Carecos na recentemente inaugurada Vila Celta, abriron no escenario Estrella Galicia os vigueses Pelepau 22:00 h, seguidos dos bretóns Gwendal 23:30 h, e os tamén vigueses Xosé Liz – Indala, que puxeron o peche ata casi as tres da madrugada.