O voto popular, con máis de 23.000 participacións, foi determinante nunha edición na que das 21 bandas, máis da metade chegaron desde fóra de Galicia. 

Os finalistas determináronse por un sistema de cinco puntuacións. A primeira derivada da votación popular na páxina web do festival, e as outras catro puntuacións proceden dun xurado composto por músicos e profesionais do sector seleccionados polo Concello de Ortigueira, que analizaron para o seu veredicto a relación de cada proposta coa filosofía e tradición musical propia do festival, en sintonía coa programación artística do evento de 2022. 

O xurado do Concurso Runas 2022 formárono:

Ángel Lozano, concelleiro de Deportes e Festival do Concello de Ortigueira.

Bruno Lozano, músico, gaiteiro e presidente da Escola de Gaitas de Ortigueira.

Arturo Lamas, músico, gaiteiro e presidente do Real Coro Toxos e Froles de Ferrol.

Elisardo de la Cruz, membro do Gabinete de Prensa e Redes Sociais do Festival de Ortigueira. 

A puntuación derivada do voto do público, sumada á valoración do xurado deu como resultado unha das votacións máis axustadas da historia do Concurso Runas.

Tras o veredicto do xurado e do público, JDC, Batea e Folk On Crest son os tres grupos finalistas do Concurso Runas 2022. Estes actuarán xunto aos finalistas das edicións de 2020 (Faíscas da Pontraga, Deira e Holiday Club) e 2021 (Groovy Celtic Band, Trikitrí e Germán Ruiz) no Festival de Ortigueira 2022. Da actuación dos 9 finalistas dos anos 2020 (3), 2021 (3) e 2022 (3), sairán os 3 gañadores que actuarán no ano 2023 no escenario principal.

JDC, grupo liderado polo artista madrileño Jesús del Castillo. Desde pequeno estudou gaita galega e gaita electrónica, ademais doutros instrumentos como a uilleann pipe ou los tim whistles, os cales lle axudaron na súa especialización na música celta do norte de Europa. A súa música é unha fusión de todos estes elementos, combinando á perfección a cultura e a tradición coa electrónica. 

O grupo vigués Batea, que nace en 2020, é un proxecto netamente instrumental, cheo de intensidade e orixinalidade, no que a sonoridade da música celta irmándase coa do rock. Os seus seis integrantes, músicos con traxectorias e formacións diversas, aportan cada un a súa visión ao proxecto para confluíren nunha proposta musical única.  

O grupo salmantino Folk On Crest, gañadores da votación popular, fusionan a súa creatividade para crear un estilo propio, coa mestura de temas tradicionais e de composición propia co obxectivo de exportar a música “charra” e da meseta castelá-leonesa. 

Deste modo, o Concurso Runas segue a acumular edicións ininterrompidamente, sobrevivindo á pandemia e mantendo inalterable o seu obxectivo de promocionar os novos valores da música Celta. 

Os tres grupos gañadores actuarán o martes 12 de xullo en #OMáisLongoDaHistoria, que se celebrará do 10 ao 17 de xullo, coa actuación de máis de 40 formacións musicais, cun protagonismo principal para o folk feito en Galicia.

Ademais, a organización lembra que ata o mércores 8 de xuño atópase aberto o prazo para presentar solicitudes para participar na Feira de Artesanía, así como para presentar solicitudes para a adxudicación de espazos públicos para postos de restauración e hostalaría ata o xoves 23 de xuño. Tal e como rezan as bases de ambas convocatorias, só será válida a entrega da documentación por correo certificado ou mediante entrega presencial.

Consulta as bases de artesanía en: www.festivaldeortigueira.com/artesania 

Consulta as bases de restauración e hostalaría en: www.festivaldeortigueira.com/restauracion

O Festival de Ortigueira poderase seguir en directo

Xul 10, 2024

Os concertos do Escenario Estrella Galicia poderanse seguir a través da plataforma Tolemias, mentres que o Festival na Rúa verase no perfil de Instagram do Festival. Desde a súa creación en 1978, o Festival…

Un Festival máis feminino

Xul 05, 2024

Esta edición do Festival de Ortigueira, que terá lugar entre o xoves 11 e o domingo 14 de xullo, inclúe a tres grupos internacionais formados integramente por mulleres, subliñando a aposta da organización e…

Actividades gratuítas completan a programación do Festival de Ortigueira

Xul 01, 2024

O Comité Organizador ultima os preparativos para unha nova edición do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira, que se celebrará do 11 ao 14 de xullo. O Festival de Ortigueira prepárase para sorprender…

O Festival de Ortigueira contará coa instalación dun punto violeta e dunha plataforma PMR

Xuñ 28, 2024

O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira 2024 celebrarase do xoves 11 ao domingo 14 de xullo. A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social e Igualdade, reforzou o seu…

Scottish Fish, Böj e José Manuel Tejedor pechan a programación do Escenario Estrella Galicia

Xuñ 25, 2024

Un total de 21 grupos subirán entre o 11 e 14 de xullo ao Escenario Estrella Galicia do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira. Scottish Fish chegará o xoves 11 de xullo a…

O Festival de Ortigueira encherá as rúas de música

Xuñ 17, 2024

O Comité Organizador ultima os preparativos para a cita máis importante do ano, o Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira, que terá lugar entre o 11 e o 14 de xullo. O Festival…