O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira incorpora tres novas agrupacións galegas ao cartaz de #OMáisLongoDaHistoria, que se celebrará do 10 ao 17 de xullo.

O comité organizador confirma a súa aposta por seguir apoiando e difundindo a cultura galega, máis que nunca nesta edición e confirma tres novas incorporacións ao cartaz de 2022, Caldo, Os da Porfía e Óscar Fernández & Manu Fraguela.

María Jorge, Anaïs Barbier e Pedro Fariñas forman Caldo, un trío afincado no Valmiñor que une a música tradicional con contextos sonoros contemporáneos, experimentando cos propios instrumentos que toca cada un (violín, pandeireta, guitarra e gaita). A súa proposta integra melodías tradicionais galegas e composicións propias con influencias das músicas europeas e atlánticas. Caldo actuará en #OMáisLongoDaHistoria o venres 15 de xullo dentro do ciclo #FestivalNoTeatro.

O grupo santiagués Os da Porfía, nado en 2016, bebe directamente da música tradicional. Subirán o luns 11 de xullo ao escenario principal do Festival de Ortigueira cun repertorio rico en muiñeiras, jotas e maneos. Os seus ritmos de raíz, con toques actuais e moi alegres, leváronos a diversos festivais nacionais e internacionais como o Festival Intercéltico de Lorient (Francia).

Óscar Fernández & Manu Fraguela, tras se coñecer na Escola de Zanfonas do Padroado da Cultura de Narón como profesor e alumna, deciden unirse para preparar un repertorio para dúo de zanfonas con dúas zanfonas xemelgas. O dúo ofreceranos o venres 15 de xullo, dentro do ciclo #FestivalNaIgrexa, música instrumental adaptada e novas composicións para zanfona, inspiradas na tradición galega, castelá, macedonia e búlgara.

Ademais, a organización lembra que ata o mércores 8 de xuño atópase aberto o prazo para presentar solicitudes para participar na Feira de Artesanía, igualmente, para presentar solicitudes para a adxudicación de espazos públicos para postos de restauración e hostalaría, o prazo estará aberto ata o xoves 23 de xuño. Tal e como rezan as bases de ambas convocatorias, só será válida a entrega da documentación por correo certificado ou mediante entrega presencial.

Consulta as bases de artesanía en: www.festivaldeortigueira.com/artesania

Consulta as bases de restauración e hostalaría en: www.festivaldeortigueira.com/restauracion

O Festival de Ortigueira poderase seguir en directo

Xul 10, 2024

Os concertos do Escenario Estrella Galicia poderanse seguir a través da plataforma Tolemias, mentres que o Festival na Rúa verase no perfil de Instagram do Festival. Desde a súa creación en 1978, o Festival…

Un Festival máis feminino

Xul 05, 2024

Esta edición do Festival de Ortigueira, que terá lugar entre o xoves 11 e o domingo 14 de xullo, inclúe a tres grupos internacionais formados integramente por mulleres, subliñando a aposta da organización e…

Actividades gratuítas completan a programación do Festival de Ortigueira

Xul 01, 2024

O Comité Organizador ultima os preparativos para unha nova edición do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira, que se celebrará do 11 ao 14 de xullo. O Festival de Ortigueira prepárase para sorprender…

O Festival de Ortigueira contará coa instalación dun punto violeta e dunha plataforma PMR

Xuñ 28, 2024

O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira 2024 celebrarase do xoves 11 ao domingo 14 de xullo. A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social e Igualdade, reforzou o seu…

Scottish Fish, Böj e José Manuel Tejedor pechan a programación do Escenario Estrella Galicia

Xuñ 25, 2024

Un total de 21 grupos subirán entre o 11 e 14 de xullo ao Escenario Estrella Galicia do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira. Scottish Fish chegará o xoves 11 de xullo a…

O Festival de Ortigueira encherá as rúas de música

Xuñ 17, 2024

O Comité Organizador ultima os preparativos para a cita máis importante do ano, o Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira, que terá lugar entre o 11 e o 14 de xullo. O Festival…