Fundadora do Festival en 1978 e todo un referente en Galicia, será un ano máis pulmón, corazón e alma do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira,  que se celebrará do 10 ao 17 de xullo e cuxa programación de horarios de concertos xa está dispoñible na web  www.festivaldeortigueira.com/programacion

A  Escola de Gaitas de Ortigueira actuará, un ano máis, no Festival de Ortigueira, porque non é posible entender o un sen a outra. Así o expresa o título do último disco da formación, “O  noso Festival”, do que de seguro interpretarán algún tema cando o venres 15 de xullo suban ao escenario Estrella Galicia en #OMáisLongoDaHistoria e reciban a calor do sempre entregado público de Ortigueira. Tamén o seu corpo de baile engadirá cor e alegría a un concerto que, segundo avanza o seu presidente Bruno Lozano, “incluirá varias sorpresas que aínda non podemos desvelar”.

Aínda que todo o pobo de Ortigueira, hostalería, comercio e veciñanza, envórcase para que este ano, tras dous durísimos anos de ausencia, volvan vivir días (8 nesta edición) de celebración e alegría nos que compartir unha cultura e música común, desde hai varios meses moitos dos integrantes desta institución do folk traballan duro preparando todo para a chegada e acomodo da multitude de bandas que encherán de alegría e música as rúas de Ortigueira. Por esas rúas desfilarán, chegadas desde diversos puntos do mapa próximos como Ladrido, a 6 km da alameda ortigueiresa, ou non tan próximos como Johnstone, a máis de 2.500 km de distancia, as seguintes formacións:

  • Agrupación Cultural Buxainas
  • Asociación Cultural Troula de Ortegal
  • Asociación de Música e Danza Tradicional Queiroa
  • Bagad de Vannes Melinerion
  • Banda de Gaitas de Guillarei
  • Banda de Gaitas de Ladrido
  • Banda de Gaitas do Ortegal
  • Banda de Gaitas do Padroado da Cultura de Narón
  • Banda de Gaites El Gumial
  • Bandina Popular Los Gascones
  • Cuarteto Tradicional Illa Pancha
  • Grupo de Baile Tradicional Fitoria
  • Grupo Tradicional Marbadás
  • Johnstone Pipe Band

Todas elas, lideradas pola Escola de Gaitas de Ortigueira, sumaranse a un cartaz que o comité organizador elaborou cunha especial e intencionada énfase nas formacións de orixe galega, as cales representan máis do 60% do total. Todas elas conseguirán xunto ao resto de actividades, exposicións e obradoiros que do 10 ao 17 de xullo, Ortigueira se convirta un ano máis na capital mundial da música celta.

O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira, o festival con maior apoio do Ministerio de Cultura no 2024

Out 18, 2024

O Festival recibiu este 2024 unha cunatía de 35.000€ por parte do ente público  O Instituto Nacional das Artes Escénicas e da Música (INAEM), dependente do Ministerio de Cultura, convoca cada ano o seu…

O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira impúlsase grazas á Deputación de A Coruña

Out 18, 2024

O festival recibiu 65.000€ este 2024 No marco da convocatoria do programa de subvencións a concellos e entidades locais para o apoio ao desenvolvemento de festivais audiovisuais, musicais e de artes escénicas na provincia…

O Festival de Ortigueira amplía unha xornada máis a súa próxima edición para homenaxear á Escola de Gaitas no seu 50 aniversario

Set 27, 2024

A organización aposta por ampliar as datas de catro a cinco días de duración, do 9 ao 13 de xullo O 2025 será un ano para o recordo para a Escola de Gaitas de…

Mónica Fustes deseñará o cartel do Festival de Ortigueira 2025

Ago 02, 2024

O Comité Organizador aposta polo talento local para a imaxe dunha edición marcada polo 50 aniversario do nacemento da Escola de Gaitas de Ortigueira. En 2025, a Escola de Gaitas de Ortigueira celebrará o…

Comunicado oficial: Facebook

Xul 23, 2024

A nosa páxina de Facebook atópase actualmente suspendida por motivos completamente alleos ao Festival de Ortigueira. Estamos a traballar para resolver esta situación e recuperala canto antes. Pedimos desculpas por calquera inconveniente que isto…

Alana e Buíoch gañan ex aequo o Concurso Runas 2024

Xul 17, 2024

O trío galego e o cuarteto irlandés actuarán no Festival de Ortigueira 2025 como gañadores da 25.ª edición do certame. Nunha edición memorable do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira, o xurado do…