“Escoita Ás Estrelas” é o lema do cartel que o Concello de Ortigueira presentou hoxe sábado xunto cun avance da programación. A cita de 2023 celebrarase do 9 ao 16 de xullo. 

O acto tivo lugar ás 20:30 h no Teatro de Beneficencia de Ortigueira. Nel presentouse o cartel oficial do Festival e proxectou un vídeo co avance da programación de 2023. 

Interviron: Juan Penabad, alcalde de Ortigueira; Ángel Lozano, concelleiro do Festival; Alberto Balboa, director do Festival; e Bea Luengo, deseñadora do cartel. 

Ángel Lozano, abriu o acto expoñendo “Desde a Concellería do Festival cargamos os esforzos no mantemento e crecemento da comunidade on-line, mentres reprogramabamos os obxectivos a medio prazo, facendo obrigado modificar a nosa estratexia e planificación despois dunha pandemia que fixo cancelar este Festival durante dúas edicións” 

O concelleiro fixo referencia ao ano pasado “Asumimos o reto de ofrecer un Festival inesquecible, duplicando a súa duración. Agora, vistos os resultados, podemos afirmar que o acadamos con creces, confirmando a nosa iniciativa e redobrando esforzos de novo para volver a ofrecer unha escolla do mellor da música Celta, facendo do noso Festival, e de Ortigueira, un escaparate mundial onde mostrar o talento dos grupos galegos, os consolidados e os que se están a consolidar, e os novos valores da música Celta mundial a través do Concurso Runas, que en breves datas anunciará unha nova edición, na que formacións de todo o mundo darán o mellor de si para poder vir tocar para vós.” 

Bea Luengo, deseñadora do cartel, destacou que “Ortigueira sempre me pareceu un lugar de conto. Nos seus comezos o Festival naceu coa idea de unirse para compartir música e momentos, recuperando a nosa cultura de raíz. Hai unha calidade artística incrible e o que máis me inspirou é ver desde onde crean os artistas a súa mensaxe. Xérase un espazo onde estar xuntos e compartir as nosas diversas voces, de volver ás nosas raíces, á unión á natureza e a crear arte para ampliar o noso mundo con alegría e amor. Quería que o cartel reflectise todo iso. A primeira idea era recuperar a maneira de vivir Celta e representar ás nacións como constelacións-devanceiros no ceo estelar, miramos ao ceo e arróupanos, fálannos. Tentei atopar un símbolo profundo co que sinta identificada cada nación para debuxar a súa constelación. No interior, un mundo onde as árbores do piñeiral son músicos e ao tocar xuntos ao redor do lago, unindo as súas melodías nunha canción conxunta, sae luz dos instrumentos iluminando todo á súa vez. A curuxa branca, que ás veces a vi sobrevoando na noite, tamén aparece. E así, é un culto á terra e o ceo unidos, aos catro elementos, a todos os seres creando luz na escuridade, todo conéctase. Ortigueira é un fogar de encontro que nos convida e acolle a celebrar e compartir a vida grazas á música.” 

Alberto Balboa centrouse nos aspectos artísticos e musicais, facendo especial fincapé na filosofía do evento, gratuíto e aberto a públicos de varias xeracións. Acto seguido, presentou a algún dos artistas que pasarán polos diferentes escenarios e rúas de Ortigueira este verán: Algaire, Anxo Lorenzo e Eoghan Neff, David Bellas, Escola de Gaitas de Ortigueira, Felpeyu, Fetén Fetén con P. Pascual, Four Men and a Dog, Holiday Club, JDC, Le Vent du Nord, Rubén Díaz, Rura, SonDeSeu, Startijenn, Talisk, Trikitrí, Xabier Díaz, Xisco Feijoó, Xurxo Fernandes e moitos máis. 

Juan Penabad, alcalde de Ortigueira, pechou o acto facendo referencia ao esforzo do equipo de traballo do Festival por conseguir o galardón de “Mellor Festival de Galicia” nos últimos Premios Martín Códax da Música: “Por cousas como esta o Festival é o evento máis importante dos que FESTIVAL INTERNACIONAL DO MUNDO CELTA DE ORTIGUEIRA – DECLARADO DE INTERESE TURÍSTICO INTERNACIONAL WWW.FESTIVALDEORTIGUEIRA.COM 

acontecen na nosa vila, o que nos sitúa no mapa, está fóra de toda dúbida, por iso potencialo non é unha decisión, é unha obrigación”. 

Destacou tamén “A aposta firme e decidida de este equipo segue a ser facelo medrar, e por iso foi un orgullo confirmar a consolidación da súa ampliación no tempo, co novo formato de 8 días, que permite non só que se achegue máis xente a nosa vila, os nosos comercios, os nosos restaurantes, as nosas praias, senón que fai que tanto a chegada como a marcha dos visitantes sexa máis escalonada, mellorando así a súa experiencia turística e cultural. O noso festival é agora, máis único se cabe, pois ningún outro festival celta no mundo programa concertos de forma gratuíta durante oito días.” 

Finalmente, o edil felicitou a todo o equipo “Ángel como Concelleiro do Festival, Alberto como Director, os traballadores e traballadoras do Concello de Ortigueira, que redobran esforzos durante os días previos, durante e despois do festival. E como non, á Escola de Gaitas, que segue a ser orixe e piar fundamental do Festival, que de seguro este ano volverá a estar á altura, grazas de novo.“ 

Baixo o slogan #EscoitaÁsEstrelas as oito nacións celtas, Galicia, Asturias, Escocia, Irlanda, Bretaña, Gales, Cornualles e a Illa de Man, aparecen no cartel representadas coas constelacións rodeando un mundo onde as árbores do piñeiral son os músicos

Para finalizar o acto tivo lugar o concerto de Anxo Lorenzo e Eoghan Neff, quen abriron o ciclo #FestivalNoTeatro. 

Comunicado oficial: Facebook

Xul 23, 2024

A nosa páxina de Facebook atópase actualmente suspendida por motivos completamente alleos ao Festival de Ortigueira. Estamos a traballar para resolver esta situación e recuperala canto antes. Pedimos desculpas por calquera inconveniente que isto…

Alana e Buíoch gañan ex aequo o Concurso Runas 2024

Xul 17, 2024

O trío galego e o cuarteto irlandés actuarán no Festival de Ortigueira 2025 como gañadores da 25.ª edición do certame. Nunha edición memorable do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira, o xurado do…

Finaliza con éxito unha nova edición do Festival de Ortigueira con máis de 100.000 persoas

Xul 15, 2024

O festival celebrou catro días de concertos, desfiles e obradoiros repletos de público, a pesar da choiva nalgúns momentos da noite durante a primeira e última xornada, que tivo que suspender o seiu último…

Resumo da terceira xornada do Festival de Ortigueira 2024

Xul 14, 2024

O festival  chegou este sábado á súa terceira xornada, inaugurada pola mañá coa recepción oficial de bandas que participarán mañá domingo no “Desfile das Nacións Celtas” A xornada inaugurouse ás 12 en punto da…

Así discorreu a segunda xornada do Festival de Ortigueira 2024

Xul 13, 2024

O festival chegou esta noite de venres ao seu ecuador tras unha xornada diurna e unha noite enteira de concertos que congregaron a miles de persoas nas rúas e a Alameda de Ortigueira. A…

Inaugurado o Festival de Ortigueira 2024

Xul 11, 2024

O acto tivo lugar na praza Isabel II, no que participaron autoridades, bandas e tivo lugar o izado de bandeiras das nacións celtas. Ás oito en punto da tarde, o presentador do acto, Xalo,…