O Concurso Runas, que se vén celebrando desde o ano 2000, ten como obxectivo a difusión da cultura e a música celta a través da promoción dos grupos noveis.

O comité técnico do Concello de Ortigueira anuncia aos 10 grupos seleccionados para a seguinte fase do concurso tras avaliar as 20 propostas recibidas de grupos provenientes de diversos países de todo o mundo. Para a súa selección tivéronse en conta aspectos como a calidade musical, a innovación e orixinalidade do repertorio presentado e a súa relación coa música propia do Festival en sintonía coa programación do mesmo.

Nesta segunda fase dáse inicio ás votacións online na web do Festival, que estarán abertas ata o venres 19 de maio ás 14:00 h. Cada persoa que o desexe poderá escoitar as propostas de cada grupo e votar polos seus 3 favoritos en www.festivaldeortigueira.com/runas 

Ao resultado da votación online sumaránselle os votos emitidos polo xurado profesional que, nesta edición, estará formado por:

Ángel Lozano, concelleiro de Deportes e Festival do Concello de Ortigueira. 

Alberto Balboa, coordinador do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira.

Xiana Lastra, integrante de A Banda da Loba.

Miguel Doval,  director de Airiños de Fene

Os tres grupos finalistas serán anunciados nas redes sociais e na web do Festival, a razón dun grupo cada día, o mércores 24, xoves 25 e venres 26 de maio de 2023. Estes actuarán o luns 10 de xullo no Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira, que se celebrará do 9 ao 16 de xullo do 2023. Os 10 grupos seleccionados para a 24ª edición do Concurso Runas son:

Alienda – Asturias

Clann an Drumma – Escocia

Darash – Andalucía

Guieldu – Asturias

Lenda Ártabra – Galicia

Mediarea – Galicia

Muro Kvartet – Aragón

Ramalleira – Madrid

Ros – Cataluña

Sons of Exodus – Galicia

Dende hoxe, tamén está dispoñible na web do Festival un avance por días da programación. Nas próximas semanas, anunciaranse os grupos e actividades que completan a edición de 2023 que, por segundo ano consecutivo, terá oito días de duración.
Consulta a programación por días en www.festivaldeortigueira.com/programacion

El Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira publica las bases que regularán la autorización para la venta ambulante en la feria de Artesanía en el Festival en año 2026

Mai 21, 2026

El Concello de Ortigueira hace públicas las bases para la adjudicación de casetas y espacios públicos a personas físicas y jurídicas interesadas en participar en la próxima edición del Festival Internacional do Mundo Celta. El evento,…

Publicadas as bases para os postos de restauración do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira deste 2026

Mai 06, 2026

O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira publica as bases que regulan os postos de restauración como gastro-buses ou foodtrucks que poderán estar presentes no Festival entre o 8 e o 12 de…

Abertas as votacións populares para escoller os finalistas do Concurso Runas 2026

Mai 05, 2026

O Comité Organizador do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira anuncia os 10 grupos semifinalistas do certame e abre as votacións en liña para elixir os 3 finalistas que subirán ao escenario o…

Aberta nova convocatoria do Concurso Runas 2026 do Festival de Ortigueira

Abr 01, 2026

O certame Runas, que celebra a súa 27ª edición, incorpora este ano importantes novidades: a banda gañadora da final non so actuará no escenario principal do Festival de Ortigueira, senón que tamén terá a…

O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira presenta a imaxe deste 2026 e avanza a súa programación

Mar 07, 2026

Anxo Lorenzo, Rubén Alba e Noon súmanse aos xa confirmados Yves Lambert, Solas, Lúnasa, Valtos e Xara  Como ven sendo habitual, o Teatro da Beneficencia do Concello de Ortigueira acolleu, este sábado 7 de…

A Deptuación de A Coruña mantén o seu apoio ao Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira

Mar 04, 2026

O Festival recibiu 51.000€ no 2025 No marco da convocatoria do programa de subvencións para o apoio ao desenvolvemento de festivais na provincia da Coruña en 2025, o Festival Internacional do Mundo Celta de…