O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira abre o prazo para a presentación de propostas para a Feira de Artesanía, que terá lugar do 9 ao 16 de xullo.

Xa están dispoñibles as bases para a adxudicación de casetas e espazos públicos para toda persoa física e/o xurídica que estea interesada na participación na feira que ten lugar durante o Festival.

Desde o comité organizador búscase seguir apoiando aos produtores artesáns que, como en cada xullo, enchen Ortigueira cos seus produtos realizados de maneira tradicional. Considerarase produto artesanal aquel derivado dunha actividade económica que supoña a creación, produción, restauración, ou reparación de bens de valor artístico ou popular.

Tal e como rezan ditas bases, a documentación deberá ser entregada no Rexistro Xeral do Concello de Ortigueira, presencialmente ou a través da sede electrónica, antes do luns 29 de maio.

Consulta as bases en www.festivaldeortigueira.com/artesania

Dous grupos asturianos e un aragonés, finalistas do Concurso Runas 2023

Mai 26, 2023

Guieldu, Alienda e Muro Kvartet chegan á final deste concurso, que en vésperas a alcanzar o cuarto de século, segue mantendo inalterable o seu obxectivo de promocionar os novos valores da música Celta. Os…

Dous grupos locais completan o cartel do Festival de Ortigueira

Mai 23, 2023

Os Carecos e Covagueira poñerán, xunto a Xabier Díaz, o broche douro ao Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira 2023, que se celebrará do 9 ao 16 de xullo. Coa incorporación de Os…

Mallou, Bagad Sonerien An Oriant e Peoples Ford Boghall & Bathgate Caledonia Pipe Band se suman ao cartel do Festival de Ortigueira

Mai 19, 2023

O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira incorpora tres novas agrupacións chegadas dende Galicia, Bretaña e Escocia ao cartel de #EscoitaÁsEstrelas, que se celebrará do 9 ao 16 de xullo. Coa actuación de…

O Festival de Ortigueira presenta aos 10 candidatos seleccionados do Concurso Runas 2023 e abre a votación online

Mai 05, 2023

O Concurso Runas, que se vén celebrando desde o ano 2000, ten como obxectivo a difusión da cultura e a música celta a través da promoción dos grupos noveis. O comité técnico do Concello…

Elephant Sessions, Mec Lir e A Banda das Crechas novas confirmacións para Ortigueira 2023

Mai 02, 2023

O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira incorpora a Elephant Sessions, Mec Lir e A Banda das Crechas ao cartel de #EscoitaÁsEstrelas, que se celebrará do 9 ao 16 de xullo. Despois dos…

O Festival de Ortigueira abre o Concurso Runas 2023 para grupos noveis

Abr 04, 2023

A iniciativa, destinada a fomentar a promoción de novos valores da música Celta, chega a súa 24.ª edición nun ano no que, por segunda vez consecutiva, o Festival de Ortigueira se celebrará durante oito…