O novo executivo local vén de conformar o Comité Organizador do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira que, na súa primeira reunión, acorda as datas e a duración da próxima edición.

Este novo ente ten como principal obxectivo, á parte de profesionalizar esta área de xestión, facer parte activa da toma de decisións e da organización do Festival á Escola de Gaitas de Ortigueira, fundadora do mesmo, e á Asociación de Comercio e Hostalería Ortegana (ACO). O comité está formado por:

– Valentín Calvín, alcalde de Ortigueira e responsable do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira.

– Alberto Balboa, director do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira. 

– Escola de Gaitas de Ortigueira, representada nesta ocasión polo seu presidente Bruno Lozano.

– Asociación de Comercio e Hostalaría Ortegana (ACO), representada nesta ocasión pola súa presidenta María José Mera.

– Departamento de Comunicación del Festival, representado nesta ocasión por Diego Vilar. 

Na súa primeira reunión, e tras unha avaliación da anterior edición e da dinámica dos últimos anos, tomouse a decisión de volver ao formato de catro días de Festival. Esta decisión vén dada tras unha reflexión sobre cales son os obxectivos para as próximas edicións, poñendo en consideración todos os aspectos a mellorar e profesionalizar e tendo claro que o obxectivo é atopar un novo modelo de xestión do Festival sen perder a súa esencia.

#Ortigueira2024 celebrarase entre o xoves 11 e o domingo 14 de xullo, no que promete ser unha cita onde os amantes da música e a cultura Celta volvan gozar dunha das ofertas culturais máis atractivas de toda Europa. A programación centrarase en atraer a grupos de referencia do panorama Celta, cunha especial atención aos grupos galegos e ás novas correntes do folk mundial.

O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira desvela a programación dos concertos do escenario principal Estrella Galicia

Xuñ 20, 2025

Artistas emblemáticos do panorama folk nacional e internacional compartirán escenario con novos talentos durante cinco días cheos de música e tradición. O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira de 2025 quenta motores coa…

Publicada a lista provisional de adxudicacións para os postos de restauración durante o Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira

Xuñ 18, 2025

O prazo para aboar as taxas correspondentes remata o vindeiro martes 24 de xuño O Concello de Ortigueira publica a resolución provisional para a venda ambulante en gastrobuses, foodtrucks ou vehículos tenda similares durante…

Anunciados os finalistas do concurso Runas 2025 que actuarán este verán no Festival de Ortigueira

Mai 26, 2025

Sons galegos, escoceses, ibéricos e irlandeses nas tres bandas emerxentes finalistas: DARACH, Xara e Rae, Dalama & Carballido  O Concurso Runas, que cumple este ano un cuarto de século desde a súa primeira edición…

O Festival de Ortigueira fai públicas as bases para a Feria de Artesanía e Restauración desta edición

Mai 16, 2025

O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira publica as bases que regularán a Feira de Artesanía e os postos de restauración como gastro-buses ou foodtrucks que poderán estar presentes no Festival entre o…

Músicos de diferentes partes do mundo compiten no Concurso Runas do Festival de Ortigueira

Mai 07, 2025

O Comité Organizador do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira anuncia os 10 grupos semifinalistas do certame e abre as votacións on-line para escoller aos 3 finalistas que subirán ao escenario este verán…

O Festival de Ortigueira abre a convocotaria do Concurso Runas de novos valores e incrementa o importe dos seus premios

Abr 04, 2025

O certame, destinado a fomentar a promoción de novos talentos da música tradicional das Nacións Celtas, celebra a súa 26ª edición na que os gañadores poderán acadar un premio de ata 5.000€  Ábrese o…