Será dotado con 2.000 € e aberto a artistas de todo o mundo. O prazo para presentar candidaturas termina o luns 26 de febreiro de 2024.

O cartel do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira 2024 será elixido por concurso aberto, segundo decidiu o Comité Organizador. Deste xeito quérese abrir as portas a novas miradas sobre o Festival, novos estilos creativos, dando a oportunidade a artistas de calquera parte do mundo.

O deseño elixido non só formará parte do cartel, senón que estará presente en toda a campaña publicitaria e merchandising que se xere ao longo do ano.

O gañador formará parte da lista de autores do que é un dos obxectos de colección do Festival, o seu cartel, que foi plasmado por artistas da talla de Siro López, González Colado ou Javier Mariscal, entre outros. 

Poderán participar no concurso tanto persoas físicas como xurídicas, individualmente ou en equipo, de calquera nacionalidade.

O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira converteuse por méritos propios nun dos eventos musicais máis multitudinarios de toda España e nunha cita ineludible do verán, así como un dos referentes mundiais do folk e da música celta. A súa magnitude excede xa o puramente musical, consolidándose como un espazo libre onde conflúen xentes chegadas dos máis diversos puntos da xeografía mundial.

Neste 2024 celebrarase do 11 ao 14 de xullo e xa conta cos seus primeiros catro grupos confirmados: Fillas de Cassandra, Green Lads, Peoples Ford Boghall & Bathgate Caledonia Pipe Band e a fundadora do Festival en 1978, a Escola de Gaitas de Ortigueira.

Bases e materiais dispoñibles en www.festivaldeortigueira.com/concurso-de-carteis/

O Festival de Ortigueira poderase seguir en directo

Xul 10, 2024

Os concertos do Escenario Estrella Galicia poderanse seguir a través da plataforma Tolemias, mentres que o Festival na Rúa verase no perfil de Instagram do Festival. Desde a súa creación en 1978, o Festival…

Un Festival máis feminino

Xul 05, 2024

Esta edición do Festival de Ortigueira, que terá lugar entre o xoves 11 e o domingo 14 de xullo, inclúe a tres grupos internacionais formados integramente por mulleres, subliñando a aposta da organización e…

Actividades gratuítas completan a programación do Festival de Ortigueira

Xul 01, 2024

O Comité Organizador ultima os preparativos para unha nova edición do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira, que se celebrará do 11 ao 14 de xullo. O Festival de Ortigueira prepárase para sorprender…

O Festival de Ortigueira contará coa instalación dun punto violeta e dunha plataforma PMR

Xuñ 28, 2024

O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira 2024 celebrarase do xoves 11 ao domingo 14 de xullo. A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social e Igualdade, reforzou o seu…

Scottish Fish, Böj e José Manuel Tejedor pechan a programación do Escenario Estrella Galicia

Xuñ 25, 2024

Un total de 21 grupos subirán entre o 11 e 14 de xullo ao Escenario Estrella Galicia do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira. Scottish Fish chegará o xoves 11 de xullo a…

O Festival de Ortigueira encherá as rúas de música

Xuñ 17, 2024

O Comité Organizador ultima os preparativos para a cita máis importante do ano, o Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira, que terá lugar entre o 11 e o 14 de xullo. O Festival…