Esta edición do Festival de Ortigueira, que terá lugar entre o xoves 11 e o domingo 14 de xullo, inclúe a tres grupos internacionais formados integramente por mulleres, subliñando a aposta da organización e o crecente recoñecemento das artistas femininas en xéneros musicais tradicionalmente dominados por homes.

Xa o propio cartel desta edición presentado no mes de marzo e deseñado por Jorge Arteaga, salienta o papel protagonista da muller na música folk e celta coa ilustración dunha gaiteira.

O Festival de Ortigueira non só celebra a diversidade e a innovación na música celta, senón que tamén resalta o impacto das mulleres que están a transformar a escena musical. Scottish Fish, Kinarris Quintet e Fillas de Cassandra deleitarán coa súa música ao público da Alameda no evento máis multitudinario da música celta e folk en España. Estes grupos femininos non só achegan novas perspectivas e estilos, senón que tamén inspiran ás futuras xeracións a seguir os seus pasos e a romper barreiras de xénero.

Scottish Fish chegará o xoves 11 a Ortigueira desde Boston. O quinteto é coñecido polo seu entusiasmo xuvenil, arranxos orixinais e actuacións cheas de enerxía, nas que ofrecen unha renovada visión da música tradicional e contemporánea escocesa e bretoa.

Con base en Glasgow, Kinnaris Quintet destaca por revitalizar a música tradicional e folk cunha mestura de influencias escocesas, irlandesas, bluegrass, clásicas, escandinavas e dos Apalaches. O quinteto logrou a combinación perfecta sendo fieis ás súas raíces tradicionais, dando como resultado un estilo poderoso, fresco e eufórico que impregnará o Escenario Estrella Galicia de exuberancia e un contaxioso entusiasmo o venres 12.

Fillas de Cassandra é o grupo de moda do folk galego e un dos máis reclamados polo público. María Pérez (voz e percusión) e Sara Faro (voz, percusión e piano) subiranse ao Escenario Estrella Galicia por primeira vez o venres 12 para compartir co público da Alameda a súa tradición musical e oral cunha combinación de folklore, electrónica, pop e dramaturxia.

Ademais, desde a semana pasada, unha “punkiereteira” dá a benvida aos visitantes da vila Ortegana cun mural de aproximadamente 260 metros cadrados, creado por Lida Cao, muralista de Ordes, e Cristian F. Caruncho, debuxante de Couzadoiro.

El Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira publica las bases que regularán la autorización para la venta ambulante en la feria de Artesanía en el Festival en año 2026

Mai 21, 2026

El Concello de Ortigueira hace públicas las bases para la adjudicación de casetas y espacios públicos a personas físicas y jurídicas interesadas en participar en la próxima edición del Festival Internacional do Mundo Celta. El evento,…

Publicadas as bases para os postos de restauración do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira deste 2026

Mai 06, 2026

O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira publica as bases que regulan os postos de restauración como gastro-buses ou foodtrucks que poderán estar presentes no Festival entre o 8 e o 12 de…

Abertas as votacións populares para escoller os finalistas do Concurso Runas 2026

Mai 05, 2026

O Comité Organizador do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira anuncia os 10 grupos semifinalistas do certame e abre as votacións en liña para elixir os 3 finalistas que subirán ao escenario o…

Aberta nova convocatoria do Concurso Runas 2026 do Festival de Ortigueira

Abr 01, 2026

O certame Runas, que celebra a súa 27ª edición, incorpora este ano importantes novidades: a banda gañadora da final non so actuará no escenario principal do Festival de Ortigueira, senón que tamén terá a…

O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira presenta a imaxe deste 2026 e avanza a súa programación

Mar 07, 2026

Anxo Lorenzo, Rubén Alba e Noon súmanse aos xa confirmados Yves Lambert, Solas, Lúnasa, Valtos e Xara  Como ven sendo habitual, o Teatro da Beneficencia do Concello de Ortigueira acolleu, este sábado 7 de…

A Deptuación de A Coruña mantén o seu apoio ao Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira

Mar 04, 2026

O Festival recibiu 51.000€ no 2025 No marco da convocatoria do programa de subvencións para o apoio ao desenvolvemento de festivais na provincia da Coruña en 2025, o Festival Internacional do Mundo Celta de…