Outras
Os belgas “Aérokorda” conquistan o Concurso Runas 2026 por unanimidade do xurado e asegura a súa presenza no Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira 2027. O concurso bateu a súa marca de participación.
Na xornada do venres 9 de xullo, o Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira acolleu no Escenario Estrella Galicia a gran final do seu emblemático Concurso Runas. Nesta edición, o trío belga de neofolk Aérokorda impúxose ás outras dúas propostas finalistas: o grupo JDC (que regresaba á final catro anos despois da súa vitoria en 2022) e o dúo Leni Pérez & SeKadra. Aérokorda resultou gañador por decisión unánime, pechando unha disputada xornada na que a hibridación de músicas e culturas foi a gran protagonista.
O camiño cara a esta gran final bateu todos os récords de participación. A votación popular, celebrada a través da páxina web oficial do festival, superou os 100.000 votos, reflectindo o enorme interese e a implicación do público.
O xurado encargado de elixir a banda gañadora, presente nos concertos para valorar as actuacións en directo, estivo integrado por Eva Fernández, xornalista especializada na difusión da cultura tradicional galega e autora da revista dixital Rebelico; Pablo Martínez, músico en representación da Escola de Gaitas de Ortigueira; o equipo de Empatía Comunicación; e Manel López, técnico de Cultura do Concello de Ortigueira e exintegrante de diversas formacións de música tradicional.
O xurado analizou criterios como a posta en escena, a presenza sobre o escenario e a calidade do directo, así como aspectos técnicos como a afinación, a técnica interpretativa e a profesionalidade, sen perder de vista a afinidade de cada proposta coa esencia e a filosofía do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira.
Aérokorda é un trío belga de neofolk formado por Pavel Souvandjiev (violín e voz), Adriaan Van Wonterghem (guitarra e voz) e Davy Cautaerts (whistles, mandolina e voz). A súa proposta musical combina con naturalidade distintas tradicións europeas, cunha marcada presenza de influencias celtas —especialmente irlandesas—, eslavas e da música clásica. O resultado é un son persoal que destaca pola riqueza dos seus arranxos e pola súa capacidade para tender pontes entre a tradición e a contemporaneidade. O grupo actuará proximamente no festival de Cortenana en Huelva.
O Comité Organizador do Festival desexa expresar o seu máis sincero agradecemento tanto ao público pola súa gran resposta como a todas as persoas participantes no Concurso Runas. Así mesmo, quere destacar o altísimo nivel e a calidade das propostas musicais presentadas nesta edición.
Grupos, Nova, Outras
Consulta o programa de man
Consulta a programación deste 2026! Non perdas ningún detalle de todo o que acontecerá no Festival: concertos, obradoiros, horarios de buses, teléfonos de interese, a Vila Celta, o Festival na Rúa…
Mergúllate na música celta durante estes días inesquecibles!
📍 Consulta os horarios, escenarios e espazos para que non che escape nada!
Vémonos do 8 ao 12 de xullo en Ortigueira!
Outras
El Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira publica las bases que regularán la autorización para la venta ambulante en la feria de Artesanía en el Festival en año 2026
El Concello de Ortigueira hace públicas las bases para la adjudicación de casetas y espacios públicos a personas físicas y jurídicas interesadas en participar en la próxima edición del Festival Internacional do Mundo Celta. El evento, que se celebrará del 8 al 12 de julio de 2026, acogerá, entre otros, la tradicional Feria de Artesanía.
Desde el Comité Organizador se busca seguir apoyando a los productores artesanos que, como en cada Festival, llenan Ortigueira con sus productos realizados de manera artesanal. Se considerará producto artesanal aquel derivado de una actividad económica que suponga la creación, producción, restauración, o reparación de bienes de valor artístico o popular. Se reafirma el compromiso, un año más, con el impulso a la economía local y la promoción de productos elaborados de manera artesanal.
Los interesados disponen de 10 días hábiles desde el siguiente a la publicación de las bases en el Boletín oficial de la provincia de A Coruña para presentar sus solicitudes, preferentemente por vía electrónica (ortigueira. sedelectronica.es).
Las solicitudes deberán ser presentadas en el Registro General del Ayuntamiento, presencialmente o a través de la Sede Electrónica, en un plazo de diez días hábiles a partir del día siguiente a la publicación del anuncio de convocatoria oficial en el Boletín Oficial de la Provincia da Coruña.
Feria de Artesanía
Los artesanos interesados en participar podrán solicitar una única modalidad de participación entre dos opciones: una caseta proporcionada por el Ayuntamiento (con dos tamaños disponibles, ambas con iluminación y electricidad) o un espacio reducido para instalar únicamente una mesa de exposición sin estructuras adicionales. El número de plazas es limitado: habrá un máximo de 40 casetas y 10 puestos tipo mesa.
La adjudicación de los puestos se realizará mediante un sistema de valoración por puntos. La organización tendrá en cuenta principalmente la calidad y documentación de la artesanía presentada (catálogos, fotografías, vídeos, etc.), la posesión de acreditaciones oficiales como persona artesana u obrador artesanal, la pertenencia a asociaciones de artesanía, la elaboración exclusiva de instrumentos musicales tradicionales y la experiencia profesional acreditada de más de cinco años en actividades artesanales. Las solicitudes con mayor puntuación obtendrán las autorizaciones y, en caso de empate, se resolverá mediante sorteo público.
Para resolver dudas o ampliar información, los interesados también pueden contactar a través del correo electrónico: info.festival@concellodeortigueira.com.
Outras
Publicadas as bases para os postos de restauración do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira deste 2026
O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira publica as bases que regulan os postos de restauración como gastro-buses ou foodtrucks que poderán estar presentes no Festival entre o 8 e o 12 de xullo. O prazo de recepción de solicitudes remata o xoves 21 de maio.
O Concello de Ortigueira fai públicas as bases para a adxudicación de autorizacións para os postos de restauración ambulante como gastro-buses, foodtrucks ou similares en espazos públicos, dirixidas a persoas físicas e xurídicas interesadas en participar na próxima edición do Festival Internacional do Mundo Celta.
Desde o Comité Organizador búscase garantir unha oferta gastronómica variada, de calidade e aliñada cos valores do Festival, impulsando especialmente a economía local e a sustentabilidade.
O Festival ofrece un máximo de 12 autorizacións para foodtrucks e gastro-buses distribuídas en tres áreas diferenciadas que poderán operar desde o mércores 8 ata o domingo 12. A distribución delimitada segue as localizacións habituais: Zona 1 (Alameda), con 9 licenzas (7 ordinarias e 2 especiais reservadas para propostas específicas como opcións veganas, vexetarianas, sen glute ou sen alérxenos); Zona 2 (Avda. Juan Luís Pía Martínez), con 2 licenzas sen restrición; e Zona 3 (Rotonda de San Martiño), con 1 licenza.
Cada posto poderá ocupar un espazo máximo de 6 x 3 metros (18 m²). O horario de apertura autorizado será de 12:00 a 23:00 horas, ampliándose ata unha hora despois da finalización dos concertos nos días en que estes se celebren. Na selección de autorizacións, e no caso de que estas superen o número de licenzas propostas, aplicarase un sistema de valoración no que se terán en conta aspectos como o uso de produtos de quilómetro 0 ou ecolóxicos, variedade e calidade do menú ofertado, estética do vehículo, medios de pagamento dixitais e o tamaño da empresa.
As solicitudes deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello, presencialmente en horario de atención ao público ou a través da Sede Electrónica, sendo a data límite de recepción de solicitudes o xoves 21 de maio.
As bases completas poden consultarse na web oficial do Festival en www.festivaldeortigueira.com/es/restauracion. Para resolver dúbidas ou ampliar información, as persoas interesadas poden dirixirse ao correo electrónico: info.festival@concellodeortigueira.com.
Máis información en www.festivaldeortigueira.com
Outras
Abertas as votacións populares para escoller os finalistas do Concurso Runas 2026
O Comité Organizador do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira anuncia os 10 grupos semifinalistas do certame e abre as votacións en liña para elixir os 3 finalistas que subirán ao escenario o xoves 9 de xullo.
Con case 30 anos de traxectoria, o Concurso Runas segue consolidándose como unha xanela para a difusión da música folk e de raíz, apostando pola promoción de novas formacións ou talentos emerxentes no panorama musical galego, nacional e internacional. Ao longo dos anos, o certame conservou a súa esencia, adaptándose ao mesmo tempo ás novas correntes musicais. Centos de bandas nacionais e internacionais pasaron polo seu escenario, consolidándose como un referente para a difusión e proxección da cultura das Nacións Celtas. Un certame que impulsou o recoñecemento de formacións hoxe xa consagradas como o biscaíño Xabi Aburruzaga e a súa trikitixa, que lle valeu a vitoria en 2014; os ferroláns Böj, habituais no festival desde o seu primeiro posto en 2016; ou os polacos Beltaine, gañadores da edición de 2018 e que actualmente xiran por toda Europa coa súa fusión celta, acumulando éxitos nos seus sete discos publicados.
Nesta nova edición, o Comité Organizador analizou preto dunha vintena de propostas chegadas desde distintas partes do mundo, incluíndo Bélxica, Portugal e diferentes puntos de España como Madrid, Asturias e Cantabria, ademais dunha destacada presenza de grupos procedentes de Galicia; formacións todas elas vinculadas, coa súa propia esencia e personalidade, ás tradicións musicais das diferentes nacións celtas. Nesta primeira fase de selección, correspondente á elección de semifinalistas, valoráronse aspectos como a calidade interpretativa, a creatividade e solidez das propostas, a orixinalidade do repertorio presentado e a súa conexión coa identidade artística e sonora que define o Festival. Os 10 grupos que aspiran a chegar á final do Concurso Runas 2026 son:
En esta primera fase de selección, correspondiente a la elección de semifinalistas, se han valorado aspectos como la calidad interpretativa, la creatividad y solidez de las propuestas, la originalidad del repertorio presentado y su conexión con la identidad artística y sonora que define al Festival. Los 10 grupos que aspiran a llegar a la final del Concurso Runas 2026 son:
JDC – Madrid
AÉROKORDA – Bélxica
LENI PÉREZ & SEKADRA – Galicia
D’SÚPETO – Galicia
MAIANAS – Galicia
NIMBOS – Galicia
JUAN SAIZ – TAÑEDOR – Cantabria
BRIXELA – Galicia
TREVO DE CORDAS – Portugal
GUEZOS – Galicia
A segunda fase do concurso comeza este 4 de maio co inicio das votacións en liña, nas que cada persoa poderá escoitar a proposta de cada formación e votar diariamente por ata 3 favoritos en www.festivaldeortigueira.com/runas ata o mércores 19 de maio ás 14:00 h. O resultado das votacións en liña sumarase aos votos emitidos polo xurado profesional, seleccionado polo Comité Organizador e formado por profesionais da música tradicional galega, da crítica musical, da comunicación e por persoal do departamento de Cultura do Concello de Ortigueira. Os tres grupos finalistas anunciaranse nas redes sociais e na web do Festival entre o 19 e o 22 de maio. Estes actuarán o 9 de xullo no Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira, que se celebrará do 8 ao 12 de xullo de 2026. Da súa actuación en Ortigueira sairá o gañador, que non só repetirá no cartel de 2027, senón que ademais participará nas Xornadas Medievais do Concello de Cortegana (Huelva) no mes de agosto de 2026.
O Comité Organizador do Festival de Ortigueira quere expresar o seu agradecemento aos aspirantes pola súa participación no certame e destacar o alto nivel de todas as propostas recibidas nesta edición desde lugares tan afastados como Portugal, Bélxica ou Arxentina, pero unidos por unha música e cultura comúns.
Outras
Aberta nova convocatoria do Concurso Runas 2026 do Festival de Ortigueira
O certame Runas, que celebra a súa 27ª edición, incorpora este ano importantes novidades: a banda gañadora da final non so actuará no escenario principal do Festival de Ortigueira, senón que tamén terá a oportunidade de formar parte do cartel do Festival Internacional Sierra Celta, no marco das Xornadas Medievais do Ayuntamiento de Cortegana (Huelva). Asimesmo, manteranse as dotacións económicas incrementadas na pasada edición.
Ábrese o prazo de inscripción para o Concurso Runas 2026 do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira. Esta iniciativa está enfocada en novas bandas con repertorio relacionado coa música tradicional folk-celta, de entre dous e dez integrantes.
O prazo de inscrición permanecerá aberto ata as 23:59 h do domingo 26 de abril de 2026 e o proceso de selección constará de dúas fases. Na primeira, un comité técnico nomeado polo Concello de Ortigueira fará unha selección dun máximo de dez formacións. O luns 4 de maio comezará a segunda fase, na que o público poderá votar ás dez formacións seleccionadas na web do Festival. As votacións estarán abertas ata o martes 19 ás 14:00 h.
Os finalistas determinaranse mediante un sistema de cinco votos: un sairá das votacións obtidas na web do Festival – con puntuacións de 1 a 10 en relación á suma dos votos obtidos – e os catro votos restantes procederán dun xurado composto por unha selección de profesionais do sector (músicos, xornalistas e/ou promotores musicais) elixidos polo Comité Organizador do Festival. Os tres finalistas do Concurso Runas 2026 serán anunciados entre o 19 e o 22 de maio nas redes sociais e na páxina web do Festival.
Os tres finalistas actuarán o xoves 9 de xullo deste ano no Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira, compartindo escenario con grandes artistas do panorama internacional como Yves Lambert, Lúnasa, Solas ou Noon, da escena galega como Anxo Lorenzo ou co asturiano Rubén Alba e coa formación madrileña gañadora do Concurso Runas 2025, Xara. Por esta actuación recibirán un caché de 2.000 €. O gañador será seleccionado en base á súa actuación no escenario por un xurado profesional elixido polo Comité Organizador e subirá de novo ao escenario do Festival na edición de 2027, percibindo un caché de 3.000 €, chegando así a un total de 5.000 €. Ademais, poderán unirse tamén no mes de agosto de 2026 ao cartel do Festival Internacional Sierra Celta, no marco das Jornadas Medievales do Ayuntamiento de Cortegana (Huelva).
O Concurso Runas ten como obxectivo a difusión da cultura e música celta a través da promoción de grupos noveis, primando sempre as composicións propias. Xa son máis de 250 bandas nacionais e internacionais as que pasaron por el, o que indica a importancia desta plataforma de promoción de grupos noveis dentro da música celta e folk.
MáIs información en: https://festivaldeortigueira.com/runas/
Outras
O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira presenta a imaxe deste 2026 e avanza a súa programación
Anxo Lorenzo, Rubén Alba e Noon súmanse aos xa confirmados Yves Lambert, Solas, Lúnasa, Valtos e Xara
Como ven sendo habitual, o Teatro da Beneficencia do Concello de Ortigueira acolleu, este sábado 7 de marzo, o acto de presentación do cartel que será a imaxe do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira. O gañador do Concurso de Carteis promovido pola entidade, ao que se presentaron máis de 100 propostas, é obra dos ponteses Juan Prieto e Joseba Silvent, e a súa revelación estivo acompañada por un avance da programación musical do Festival.
O acto comezou coa intervención do alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, quen destacou a consolidación do Festival como epicentro mundial da músical folk e celta. Proba deste fito, que supera as expectativas ano tras ano, son os momentos inesquecibles que se dan cada verán, no que merece especial mención o acontecido no 2025 co 50º aniversario da Escola de Gaitas de Ortigueira: “Vivimos momentos inesquecibles, como o Desfile das Nacións Celtas coa Escola ao completo, con integrantes actuais e das diferentes xeracións que viviron o fulgor da Escola durante toda a súa traxectoria e, co seu membro fundador e primeiro director, Javier Garrote á fronte, rematando nunha Praza de Isabel II ateigada e emocionada”.
Tras lembrar os momentos que xa forman parte da memoria do Festival, o acto pasou a un dos instantes máis emotivos da tarde. Nun xesto emotivo: o alcalde convidou a subir ao escenario a Bruno Lozano para renderlle unha pequena homenaxe pola súa traxectoria á fronte da presidencia da Escola de Gaitas durante os últimos doce anos. En agradecemento, o alcalde fixo entrega do escudo do Concello de Ortigueira, como recoñecemento institucional ao seu compromiso, o traballo realizado e ao pulo dado á Escola durante a súa etapa. Un acto que Bruno Lozano agradeceu, poñendo en valor o esforzo de toda a Escola na contribución ao Festival: “o traballo é de todos, eu simplemente son un nome. A Escola segue sendo referente e a mellor banda de gaitas do mundo”.
Logo foi o turno dun dos momentos máis agardados cada ano, a presentación en primicia da imaxe gráfica deste 2026, que este ano recaeu nos veciños ponteses, Juan Prieto, deseñador e tatuador, e o deseñador Joseba Silvent, gañadores dun certame “que volveu demostrar a enorme capacidade de convocatoria e inspiración que xera o noso Festival, con máis de 100 propostas recibidas, con estilos, técnicas e interpretacións moi persoais”. Da obra, destacou tamén a naturalidade e forza coa que esta conecta co espíritu e esencia do Festival, e foron os gañadores quenes explicaron en detalle o seu proceso creativo da súa obra titulada Romaría: “intentamos representar a atmósfera a través das diferentes etapas que viviu o Festival e homenaxear ao primerio cartel empregando as mesmas cores”.
Co cartel desvelado, foi o turno de Sofía García, secretaria da Escola de Gaitas, quen anunciou algunhas das bandas que percorrerán as rúas de Ortigueira, Bagad de Vannes, Banda Gaites Saxum, Grupu Etnográficu L’Oriente e Bandina Los Maruetos. Mais, como nova integrante no Comité Organizador, quixo poñer en valor que o espíritu da Escola segue e seguirá: “Ese espírito baséase na transmisión, no relevo xeracional, en aprender de quen estivo antes e en asumir con responsabilidade. Un traballo que continuaremos co saber facer e a pegada que Bruno, e os directores anteriores, deixan na Escola”.
Á presentación das bandas que formarán parte do Festival na Rúa, seguiulle o avance dos artistas convidados ao escenario principal da Alameda. Alberto Balboa, director do Festival, como é habitual, foi o responsable de introducir a programación: “Solas, referente indiscutible da música celta nos EEUU, regresan tras vinte anos desde a súa última actuación no Festival. Valtos, nativos da escocesa Illa de Skye, achegaranos unha proposta electrónica que xa conquistou ao público escocés acadando nominacións e premios nas illas británicas. O quintento irlandeses Lúnasa conquistou ao público no Festival no Teatro no 2018 e tamén no verán, onde os poderemos escoitar as súas melodías este ano, e o trío bretón Noon que chega por primeira vez ao noso escenario. O galego Anxo Lorenzo, volve coa súa banda tras o seu paso no 2023 con Eoghan Neff, e da veciña Asturias contaremos co gaiteiro Rubén Alba e a súa banda, que subiranse por segunda vez ao escenario do Festival.”
Pechou o acto o alcalde con verbdas de agradecemtno para todas aquelas persoas e entidades que fan posible o Festival: “patrocinadores públicos e privados, artistas, voluntariado, Protección Civil, corpos e forzas de seguridade, persoal técnico e traballadores e traballadoras do Concello, encabezados polo director do Festival, Alberto Balboa, polo seu compromiso e profesionalidade. E, unha vez máis, á Escola de Gaitas de Ortigueira, por ser un piar e motor do Festival.” Tras o cal deu paso á mellor forma de pechar este acto de presentación, con música, e presentou a actuacióndo grupo pontés Nimbos.

Recollida de obras non seleccionadas
Os traballos non seleccionados poderán ser recollidos presencialmente ou reclamados vía Fax ou correo electrónico ao enderezo carteis@festivaldeortigueira.com seguindo o procedemento recollido nas bases do concurso, a partir do día 9 de marzo, tendo ata o 9 de abril para xestionar a súa recollida.
A organización non quere deixar de agradecer o esforzo de todos os participantes e resaltar novamente a altísima calidade dos traballos recibidos.
Outras
A Deptuación de A Coruña mantén o seu apoio ao Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira
O Festival recibiu 51.000€ no 2025
No marco da convocatoria do programa de subvencións para o apoio ao desenvolvemento de festivais na provincia da Coruña en 2025, o Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira é beneficiario destacado un ano máis.
Máis dunha vintena de festivais e concellos de diferentes características na provincia da Coruña foron concesionarios deste programa de axudas. O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira foi o encontro musical galego que maior importe subvencionable recibiu, un total de 51.000€ na modalidade destinada a concellos e outras entidades locais, seguido de festivais cinematográficos como o Festival Internacional de Cinema Cineuropa ou o Festival Internacional de Cinema Curtocircuíto, ambos en Santiago de Compostela.
Unha axuda que fai posible que o Festival medre cada ano, superando nesta edición as 110.000 persoas visitantes, e que manteña o seu compromiso coa visibilización do panorama folk e celta tradicional e emerxente, tanto en Galicia como a nivel internacional.
Outras
Dous ponteses firman a autoría do cartel que representará a imaxe do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira deste 2026
A obra, “Romaría”, elaborada por Juan Prieto e Joseba Silvent, veciños do Concello de As Pontes de García Rodríguez, levouse o primeiro premio, o segundo foi para “Foliada”, de Alexandre Sequeiros e o terceiro para Anxo Varela co cartel “O son da xente”. As 101 propostas presentados serán expostos ata o sábado 7 de marzo, día no que se desvelarán as obras gañadoras no Teatro da Beneficencia
O pasado mes de xaneiro, a Unidade Xestora para o Concurso de Carteis deste 2026, seleccionou as obras aceptadas á participación no Concurso de Carteis para o 2026, desestimando aquelas que non cumprían cos requisitos de participación. Unha vez realizada esta revisión, foron admitidas a concurso un total de 101 que foron valoradas polo xurado profesional seleccionado polo Concello de Ortigueira.
O xurado, reunido a mañá do pasado sábado 7 de febreiro e seleccionado polo Concello de Ortigueira, estivo composto por:
- Valentín Calvín, alcalde do Concello de Ortigueira, en represntación do Concello.
- Estefanía Pérez, mestra de Educación Primaria e vicepresidenta da Escola de Gaitas de Ortigueira.
- Patricia Pérez, licenciada en Historia da Arte e profesora de Debuxo no IES Ortigueira.
- Mónica Fustes, veciña de Espasantes e creadora da imaxe do 2025.
- Elisardo de la Cruz, responsable do Departamento de Comunicación do Festival.
Tras unha complicada deliberación, na que o xurado destacou a calidade artística e técnica das obras presentadas, este seleccionou un total de 10 obras para a votación final. Unha votación na que se tiveron en conta diferentes aspectos: a calidade gráfica e plástica, o impacto, a eficacia publicitaria e de imaxe e a versatilidade e creatividade para a elaboración de materiais promocionais das obras presentadas.
Unha vez comunicadas as votacións individuais, moi similares entre si, o xurado destacou da obra gañadora a súa capacidade para representar a identidade, a esencia e a tradición do Festival. A obra, titulada “Romaría”, é un traballo colaborativo realizado polos ponteses Juan Prieto e Joseba Silvent, quen manifestaron a súa satisfacción, pero tamén incredulidade, ao considerar inicialmente que podería tratarse dunha broma, tras recibir a chamada de Valentín Calvín, alcalde do Concello, informándoos do veredicto.
O cartel gañador, premiado con 4.000€ darase a coñecer o próximo sábado 7 de marzo no Teatro da Beneficencia, xunto cos carteis que acadaron o segundo e terceiro posto, “Foliada” de Alexandre Sequeiros e “O son da xente” de Anxo Varela, premiados con 1.000 e 700 euros respectivamente.
Exposición das obras presentadas
Co obxectivo de achegar as propostas presentadas a concurso ao público, estas permanecerán expostas na sala de exposicións do Concello de Ortigueira (primeiro andar). A mostra poderá visitarse en horario de 10:00 a 14:00 horas, de luns a venres, ata o sábado 7 de marzo, día no que se darán a coñecer as obras gañadoras do certame. Nesa mesma xornada, tamén poderán verse antes da presentación oficial os carteis gañadores.
Os traballos non seleccionados poderán ser recollidos presencialmente ou reclamados vía Fax ou correo electrónico ao enderezo carteis@festivaldeortigueira.com seguindo o procedemento recollido nas bases do concurso, a partires do día 9 de marzo, tendo ata o 9 de abril para xestionar a súa recollida.
A organización non quere deixar de agradecer o esforzo de todos os participantes e resaltar novamente a altísima calidade dos traballos recibidos.
Fotografía: Elisardo de la Cruz, Patricia Pérez, Valentín Calvín, Mónica Fustes, Estefanía Pérez
Outras
O Laboratorio de Cántigas Novas consolídase en Ortigueira como referente da creación contemporánea de raíz con Mondra, Dores Tembrás e outros, baixo a dirección de Ugia Pedreira e Óscar Górriz
● O proxecto, unha iniciativa do Concello de Ortigueira a través da área formativa do Festival, codirixido por Ugia Pedreira e Óscar Górriz, regresa en 2026 para converter Ortigueira en epicentro da produción lírica e musical.
● O programa académico afonda no coñecemento con mestrías especializadas sobre o corpus dos cancioneiros, a variación melódica tradicional e o verso libre.
● O prazo de inscrición para as 25 prazas dispoñibles remata o vindeiro 16 de febreiro.
Tras o éxito da súa primeira edición, o Laboratorio de Cántigas Novas (LAB) regresa este mes de febreiro a Ortigueira co obxectivo de consolidar un espazo de creación musical e poética no norte de Galicia. O proxecto, unha iniciativa do Concello de ortigueira integrada na área formativa do Festival de Ortigueira e coordinado pola Escola de Gaitas de Ortigueira, busca revitalizar a transmisión oral non máis aló da conservación, poñendo a creación no centro, cun novo programa que conecta a tradición coa contemporaneidade.
Baixo a dirección artística e executiva dos compositores Ugia Pedreira e Óscar Górriz, o LAB 2026 propón un percorrido de cinco meses, de febreiro a xullo, que culminará coa estrea oficial das pezas creadas, dentro da programación do Festival de Ortigueira 2026.
As mestrías
Este ano, as mestrías foron deseñadas para dotar ao alumnado de ferramentas de nivel para a composición, contando con perfís diversos pero de referencia, que impartirán contidos moi orientados á creación lírica e musical desde diferentes perspectivas. Mondra, recente fenómeno da música galega, traballará na renovación da lírica tradicional desde unha perspectiva contemporánea, mentres que Manolo Rico, musicólogo e especialista en tradición oral, afondará no corpus literario e musical dos cancioneiros galegos, analizando os xéneros e os recursos para a modificación de cántigas. Pola súa banda, Dores Tembrás, poeta e filóloga, achegará técnicas da poesía contemporánea baixo o título A palabra que atravesa, con dinámicas creativas arredor do verso libre, e Sergio de la Ossa, especialista en arquivo, impartirá un obradoiro sobre melodía tradicional centrado nos procesos de variación de ritmos e melodías presentes en cántigas tradicionais para a súa aplicación na creación de novas pezas. Finalmente, Pedro Pascual e Pablo Hernández Mejías impartirán coñecementos harmónicos e asumirán a dirección musical e os arranxos, fusionando a raíz galega con formas europeas, atlánticas e caribeñas.
OFF-LAB e integración comunitaria
Como novidade para 2026, o LAB racha os muros da aula para integrarse na vida social da comarca. Créase o OFF-LAB, un ciclo de obradoiros abertos ao público xeral que ofrecerá
NP 02.02.2026 | LAB 2026 | CAST-GAL
formación en Regueifa con Lupe Blanco, Canto e Pandeireta de Bergantiños con Fransy González e Percusión miuda con Ramón Dopico.
O programa reforza o seu carácter vivencial recuperando a función social da música. As xornadas creativas compleméntanse con almorzos colectivos e foliadas en parroquias dos arredores, situando a aprendizaxe musical no seu contexto tradicional.
NP 02.02.2026 | LAB 2026 | CAST-GAL
Unha aposta polo coñecemento
Segundo explica a dirección do proxecto, o LAB propón unha inmersión integral na nova creación: “Non buscamos a repetición de esquemas tradicionais, senón dotar aos creadores e creadoras de ferramentas para que, coñecendo a fondo a raíz e os códigos da oralidade, poidan narrar o seu propio tempo. Tamén, queremos que Ortigueira, referencia do folk e da música tradicional no verán, se consolide como canteira autoral durante o resto do ano“.
Inscricións abertas
O LAB oferta 25 prazas para persoas a partires de 16 anos interesadas na composición, a música ou a escrita, sen necesidade de formación académica previa pero con interese na música e poética galega. O prazo de matrícula está aberto ata o 16 de febreiro ás 23:59h.
Para máis información e inscricións, as persoas interesadas poden contactar a través do correo electrónico, enviando nome completo e número de teléfono a: lab@festivaldeortigueira.com

