O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira anuncia dúas novas e inéditas incorporacións ao cartel. Tamén abre o prazo para a presentación de propostas para a Feira de Artesanía.

Baiuca e a agrupación Xosé Lois Romero e Aliboria únense a Tanxugueiras, Red Hot Chilli Pipers, Wolfstone e Luar na Lubre como primeiros confirmados para o Festival de Ortigueira 2022.

Igual que con Tanxugueiras, o comité organizador segue a apostar polas novas caras do panorama musical galego. Baiuca é unha das revelacións do panorama folk coa súa “folktrónica”, unha mestura de ritmos tradicionais galegos e música electrónica contemporánea.

O DJ e produtor de Catoira chegará por primeira vez a Ortigueira o sábado 16 de xullo para presentar “Embruxo”, o seu derradeiro traballo, cun concepto de “cultura espiritual” no que os instrumentos tradicionais de percusión, principalmente de pel, coma os pandeiros, tambores, pandeiretas, bombos, así como as voces de mulleres, son os elementos principais do álbum.

A agrupación Xosé Lois Romero e Aliboria actuará o 16 de xullo en Ortigueira na que será a súa primeira aparición conxunta no Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira. A formación galega está dirixida polo prestixioso multiinstrumentista Xosé Lois Romero, quen xa deixara mostras do seu virtuosismo no seu concerto na Igrexa de Ortigueira no 2019. Xunto a Aliboria, a través de un coro de voces femininas e percusións, intenta trasladar “o ruxir da terra cun estalido musical”. Con el, aspira a achegar un estilo propio, ao marxe dos códigos habituais do noso folclore.

Co Festival medrará tamén a Feira de Artesanía, a cal contará con oito días para a súa celebración, agardando que sexa un éxito en participación e vendas. Xa están dispoñibles as bases para a adxudicación de casetas e espazos públicos. Tal e como rezan as ditas bases, o prazo para entregar toda a documentación (que soamente será válida por correo certificado ou mediante entrega presencial) remata o mércores 27 de abril.

Consulta as bases en: www.festivaldeortigueira.com/artesania

Máis información na nosa nova páxina web www.festivaldeortigueira.com

Contacto: Elisardo de la Cruz 981138225 | Ramón Roldán 658811400 | prensa@festivaldeortigueira.com

ORGANIZA

Máis de 100 propostas presentadas para a selección do cartel do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira 2026

Xan 23, 2026

Publicada a lista de obras admitidas e excluídas Reunida a Unidade Xestora do Concurso de Carteis para esta edición 2026 do Festival de Ortigueira, e unha vez analizado o cumprimento dos requisitos das obras…

Presentado en FITUR o Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira 2026

Xan 21, 2026

Artistas da talla de Yves Lambert, Lúnasa, Solas e Valtos actuarán en Ortigueira entre o mércores 8 e o domingo 12 de xullo do 2026  O Comité Organizador do Festival Internacional do Mundo Celta…

O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira convoca o concurso de deseño do cartel do 2026 con máis de 5.000€ en premios

Dec 11, 2025

As bases xa están dispoñibles na web do Festival e as obras poderán presentarse ata o 14 de xaneiro O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira anuncia a apertura do concurso de carteis…

O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira do 2026 terá lugar entre o 9 e o 12 de xullo

Xul 25, 2025

Tras a excepcional ampliación para celebrar o 50 aniversario da Escola de Gaitas de Ortigueira deste 2025, o Festival retoma o seu formato habitual de catro días, celebrándose do xoves 9 ao domingo 12…

Ortigueira pecha con éxito unha edición histórica

Xul 14, 2025

Durante cinco días de festa, tradición e música ao máis alto nivel, a vila da Ortigueira converteuse de novo no epicentro da cultura celta, acollendo a máis de 110.000 persoas, segundo estimacións da organización…

Os 50 sentáronlle moi ben á Escola de Gaitas de Ortigueira

Xul 14, 2025

O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira culminou hoxe domingo unha edición histórica, marcada pola celebración do 50 aniversario da Escola de Gaitas de Ortigueira, protagonista absoluta dun evento que ela mesma axudou…