Finalizado o prazo para a presentación de solicitudes para o Concurso Runas 2022, recibiuse a participación de 21 bandas de Galicia, Castela e León, Andalucía, Valencia, País Vasco, Madrid, Irlanda, Escocia e Italia. 

Tras se reunir o comité técnico do Concello de Ortigueira para avaliar as propostas presentadas, e a súa relación coa música propia do Festival en sintonía coa programación do evento, son 10 as bandas seleccionadas no 2022. O comité destacou a dificultade da elección dada a altísima calidade das bandas presentadas.

Estas clasifícanse para a segunda fase do concurso, na que se da inicio ás votacións online na web do Festival. Cada persoa que o desexe poderá escoitar as propostas de cada grupo e votar polos seus 3 favoritos en www.festivaldeortigueira.com/runas. As votacións estarán abertas ata o venres 20 de maio ás 14:00 h. 

Do resultado do proceso de votacións online, que se sumarán ás emitidas polo propio xurado, sairán os tres grupos finalistas que actuarán na edición do 2022, que se celebrará do 10 ao 17 de xullo do 2022. 

Os tres grupos finalistas serán anunciados nas redes sociais e na web do Festival, á razón dun grupo cada día, mércores 25, xoves 26 e venres 27 de maio do 2022. Desde a elección dos finalistas ata a celebración de #OMáisLongoDaHistoria promocionaráselles a través da publicación dos seus temas, entrevistas con algún dos seus membros, publicación de vídeos, etc. 

As 10 bandas seleccionadas na presente edición son:

Batea – Galicia

De Ninghures – Galicia

Dobregalúa – Galicia

Fiárock – Irlanda

Folk on Crest – Castela e León

JDC – Madrid

Leirabuxo – Galicia

Madderam – Escocia

Pelepau – Galicia

Sarrabete – País Vasco

O Concurso Runas, que se vén celebrando desde o ano 2000, ten como obxectivo a difusión da cultura e música celta a través da promoción dos grupos noveis que se lanzan ao mercado, primando sempre as composicións propias.

O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira do 2026 terá lugar entre o 9 e o 12 de xullo

Xul 25, 2025

Tras a excepcional ampliación para celebrar o 50 aniversario da Escola de Gaitas de Ortigueira deste 2025, o Festival retoma o seu formato habitual de catro días, celebrándose do xoves 9 ao domingo 12…

Ortigueira pecha con éxito unha edición histórica

Xul 14, 2025

Durante cinco días de festa, tradición e música ao máis alto nivel, a vila da Ortigueira converteuse de novo no epicentro da cultura celta, acollendo a máis de 110.000 persoas, segundo estimacións da organización…

Os 50 sentáronlle moi ben á Escola de Gaitas de Ortigueira

Xul 14, 2025

O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira culminou hoxe domingo unha edición histórica, marcada pola celebración do 50 aniversario da Escola de Gaitas de Ortigueira, protagonista absoluta dun evento que ela mesma axudou…

Milladoiro e Flook triunfan na xornada máis multitudinaria do Festival de Ortigueira

Xul 13, 2025

Milladoiro e Flook triunfan na xornada máis multitudinaria do Festival de Ortigueira A pasada noite do sábado, o Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira viviu unha das súas noites máis inesquecibles cando os…

Xara, banda madrileña con influencias da música tradicional asturiana, alzase co primeiro posto no Concurso Runas 2025 e faise cun pase directo ao Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira de 2026

Xul 13, 2025

O grupo percibirá 3.000 € e actuará en 2026. Xara fora seleccionada como a banda favorita na votación popular realizada o pasado mes de maio a través da web, encabezando a votación online con…

A Escola de Gaitas de Ortigueira fai historia

Xul 11, 2025

A Escola de Gaitas de Ortigueira puxo o maior punto de emoción na edición do seu 50.º aniversario. No concerto participaron 150 músicos dirixidos polos 4 directores das súas cinco décadas de vida. A…