O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira abre o prazo para a presentación de propostas para os postos de restauración e hostalaría.

Despois de dúas cancelacións consecutivas por causa da pandemia orixinada pola Covid-19, o Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira volve coa que será a edición máis longa da súa historia, do 10 ao 17 de xullo. Os postos poderán dar servicio durante os oitos días de Festival.

Xa están dispoñibles as bases para a adxudicación de espazos públicos. Tal e como rezan as ditas bases, o prazo para entregar toda a documentación (que soamente será válida por correo certificado ou mediante entrega presencial) remata o xoves 23 de xuño. 

Consulta as bases en: www.festivaldeortigueira.com/restauracion

A organización quere agradecer as numerosísimas mostras de agarimo do público e o apoio recibido durante os últimos dous anos e espera poder ofrecer un festival inesquecible a todxs xs amantes da música celta!

O Concello de Ortigueira, a través da área formativa do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira presenta o Laboratorio de Cántigas Novas

Feb 14, 2025

Ugía Pedreira e Óscar Gorriz dirixirán este espazo formativo de investigación artística, que pon o foco na creación autoral a partires da riqueza da lírica galega de tradición oral, no ano no que o…

A Escola de Gaitas de Ortigueira acompaña á delegación do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira na súa presentación en FITUR

Xan 25, 2025

A delegación do Festival estivo presente na xornada do sábado 25 de xaneiro en FITUR, presentando as súas novidades e un avance dos artistas participantes  O 2025 preséntase como unha edición na que a…

O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira celebra o 50 aniversario da Escola de Gaitas cunha edición única

Xan 18, 2025

O Concello de Ortigueira presentou hoxe, sábado 18 de xaneiro, o cartel e un pequeno avance da programación da cita do 2025, que se celebrará do día 9 ao 13 de xullo nunha edición…

O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira, o festival con maior apoio do Ministerio de Cultura no 2024

Out 18, 2024

O Festival recibiu este 2024 unha cunatía de 35.000€ por parte do ente público  O Instituto Nacional das Artes Escénicas e da Música (INAEM), dependente do Ministerio de Cultura, convoca cada ano o seu…

O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira impúlsase grazas á Deputación de A Coruña

Out 18, 2024

O festival recibiu 65.000€ este 2024 No marco da convocatoria do programa de subvencións a concellos e entidades locais para o apoio ao desenvolvemento de festivais audiovisuais, musicais e de artes escénicas na provincia…

O Festival de Ortigueira amplía unha xornada máis a súa próxima edición para homenaxear á Escola de Gaitas no seu 50 aniversario

Set 27, 2024

A organización aposta por ampliar as datas de catro a cinco días de duración, do 9 ao 13 de xullo O 2025 será un ano para o recordo para a Escola de Gaitas de…