Finalmente foi a aposta do grupo maño, a que lles permitirá volver ao Festival en 2024, como gañadores no que será o 25.º aniversario deste concurso, que segue mantendo inalterable o seu obxectivo de promocionar os novos valores da música Celta. 

E a verdade é que non o tiveron fácil. Eran os primeiros e iso sempre ten ao público algo máis frío. Pero lonxe de amedrentarse, Juan Zalba, Álex Prats, Andrés Campos e Laura Sorribas foron atraendo ao público con cada tema, de modo que case sen darse conta, ao terceiro xa eran centos os que facían vibrar a Alameda de Ortigueira cunha aposta cuxa orixinalidade fixo caer a balanza do seu lado. 

A noite parecía pintar asturiana, tanto porque eran maioría de finalistas (dous de tres), como porque tanto Alienda, cunha frescura e unha melodía que namorou ao público asistente, como a mestría de Guieldu, cunha execución dunha gran altura, fixeron saltar e gozar a un público que quedou con gana de máis dos tres grupos. Pero foi o grupo aragonés o que levou o trunfo final. “Quen dixo que non se podía bailar cun cuarteto de corda?” esa frase que lanzaron en redes sociais e que repiten cal mantra, define unha aposta que explora as posibilidades do cuarteto de corda. A fusión das novas rítmicas e sonoridades folks coas músicas do mundo, ofrece un resultado repleto de calidade, frescura e creatividade. Os seus membros fan partícipes a todos os públicos dun concerto que non deixa indiferente. 

O seu espectáculo estivo cheo de enerxía e dinamismo. Como eles afirman, o cuarteto de corda é a formación clásica por excelencia, pero esconde un universo de sons e historias que contar. Muro achegou a esta viaxe aos asistentes ao concerto dunha forma dinámica e chea de sorpresas mediante unha posta en escena innovadora e divertida, técnicas estendidas e un apoio electrónico, nunha fórmula que fai augurar a esta formación un futuro moi prometedor no mundo da música en xeral e no do folk en particular. 

O xurado estivo integrado por Alberto Balboa (coordinador do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira), Bruno Lozano (presidente da Escola de Gaitas de Ortigueira) Segundo Grandío (produtor musical) e Elisardo da Cruz (membro do departamento de prensa do Festival, publicista e actor). Todos eles queren insistir no difícil do veredicto, debido á altísima calidade dos grupos participantes, aos que non queren deixar de agradecer o seu esforzo e aposta pola difusión da música celta.

O Laboratorio de Cántigas Novas consolídase en Ortigueira como referente da creación contemporánea de raíz con Mondra, Dores Tembrás e outros, baixo a dirección de Ugia Pedreira e Óscar Górriz

Feb 02, 2026

●  O proxecto, unha iniciativa do Concello de Ortigueira a través da área formativa do Festival, codirixido por Ugia Pedreira e Óscar Górriz, regresa en 2026 para converter Ortigueira en epicentro da produción lírica…

Máis de 100 propostas presentadas para a selección do cartel do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira 2026

Xan 23, 2026

Publicada a lista de obras admitidas e excluídas Reunida a Unidade Xestora do Concurso de Carteis para esta edición 2026 do Festival de Ortigueira, e unha vez analizado o cumprimento dos requisitos das obras…

Presentado en FITUR o Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira 2026

Xan 21, 2026

Artistas da talla de Yves Lambert, Lúnasa, Solas e Valtos actuarán en Ortigueira entre o mércores 8 e o domingo 12 de xullo do 2026  O Comité Organizador do Festival Internacional do Mundo Celta…

O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira convoca o concurso de deseño do cartel do 2026 con máis de 5.000€ en premios

Dec 11, 2025

As bases xa están dispoñibles na web do Festival e as obras poderán presentarse ata o 14 de xaneiro O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira anuncia a apertura do concurso de carteis…

O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira do 2026 terá lugar entre o 9 e o 12 de xullo

Xul 25, 2025

Tras a excepcional ampliación para celebrar o 50 aniversario da Escola de Gaitas de Ortigueira deste 2025, o Festival retoma o seu formato habitual de catro días, celebrándose do xoves 9 ao domingo 12…

Ortigueira pecha con éxito unha edición histórica

Xul 14, 2025

Durante cinco días de festa, tradición e música ao máis alto nivel, a vila da Ortigueira converteuse de novo no epicentro da cultura celta, acollendo a máis de 110.000 persoas, segundo estimacións da organización…