O alcalde e responsable do Festival, Valentín Calvín, anuncia en FITUR os catro primeiros grupos que pasarán por Ortigueira do 11 ao 14 de xullo.

Como vén sendo habitual, o festival de música Celta máis importante de España (e un dos máis importantes do mundo) afai ser un fixo nas presentacións da Feira Internacional de Turismo que se celebra en Madrid nestes días. A vila ortegana transfórmase durante a segunda semana de xullo, na capital mundial da cultura celta e a ela chegan seguidores, fieis, folkies, tradis, turistas e curiosos de todas partes do mundo para compartir catro días cargados de cultura, música, talleres, boa comida e, todo iso, con vistas á ría de Ortigueira, que proporciona un pano de fondo máxico onde natureza e folk coexisten en perfecta harmonía.

Na súa intervención, o rexedor avanzou os primeiros nomes da que sen dúbida é unha cita ineludible entre os festivai de verán en Galicia. Confirmou a asistencia do grupo de moda do folk galego, Fillas de Cassandra, un dos máis reclamados polo público. María Pérez (voz e percusión) e Sara Faro (voz, percusión e piano) subiranse ao escenario principal do Festival por primeira vez para compartir co público da Alameda a súa tradición musical e oral cunha combinación de folklore, electrónica, pop e dramaturxia.

No plano internacional, Green Lads aterrará por primeira vez en España para debutar en Ortigueira coa súa mestura de música irlandesa e ritmos electrónicos. O grupo bretón leva desde 2018 sendo unha das formacións punteiras en Francia, actuando en festivais como o de Cornualles, Fillet Bleu en Bretaña ou o Festival do Rei Arturo, entre outros. 

A banda escocesa Peoples Ford Boghall & Bathgate Caledonia Pipe Band repetirá no Festival, pero esta vez como campións do mundo, pois veñen de proclamarse por primeira vez como gañadores do Campionato Mundial de Bandas de Gaitas, celebrado o pasado agosto en Glasgow. 

O rexedor anunciou tamén a actuación da Escola de Gaitas de Ortigueira. A fundadora do Festival é un dos seus elementos fundamentais, e este ano máis se cabe, pois forma parte do recentemente formado Comité Organizador, creado para unha mellor xestión do evento. 

Esta edición contará tamén con talleres de baile e música, exposicións, Feira de Artesanía  e concertos na igrexa e o teatro, sen esquecer a gastronomía galega, que estará notablemente enriquecida polos numerosos bares e restaurantes da zona do Ortegal, así como de food trucks cunha variada representación dos nosos pratos en formato máis “portátil”. 

Calvín terminou resaltando a transcendencia que para Ortigueira, Galicia e España ten esta cita turística e cultural única, que sitúa a Ortigueira no mapa e descobre, para milleros de turistas, un destino auténtico no que o encontro coa natureza, a cultura e a gastronomía galega permanecen fieis ás súas raíces, sen aditivos nin colorantes de ningún tipo.

Máis de 100 propostas presentadas para a selección do cartel do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira 2026

Xan 23, 2026

Publicada a lista de obras admitidas e excluídas Reunida a Unidade Xestora do Concurso de Carteis para esta edición 2026 do Festival de Ortigueira, e unha vez analizado o cumprimento dos requisitos das obras…

Presentado en FITUR o Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira 2026

Xan 21, 2026

Artistas da talla de Yves Lambert, Lúnasa, Solas e Valtos actuarán en Ortigueira entre o mércores 8 e o domingo 12 de xullo do 2026  O Comité Organizador do Festival Internacional do Mundo Celta…

O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira convoca o concurso de deseño do cartel do 2026 con máis de 5.000€ en premios

Dec 11, 2025

As bases xa están dispoñibles na web do Festival e as obras poderán presentarse ata o 14 de xaneiro O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira anuncia a apertura do concurso de carteis…

O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira do 2026 terá lugar entre o 9 e o 12 de xullo

Xul 25, 2025

Tras a excepcional ampliación para celebrar o 50 aniversario da Escola de Gaitas de Ortigueira deste 2025, o Festival retoma o seu formato habitual de catro días, celebrándose do xoves 9 ao domingo 12…

Ortigueira pecha con éxito unha edición histórica

Xul 14, 2025

Durante cinco días de festa, tradición e música ao máis alto nivel, a vila da Ortigueira converteuse de novo no epicentro da cultura celta, acollendo a máis de 110.000 persoas, segundo estimacións da organización…

Os 50 sentáronlle moi ben á Escola de Gaitas de Ortigueira

Xul 14, 2025

O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira culminou hoxe domingo unha edición histórica, marcada pola celebración do 50 aniversario da Escola de Gaitas de Ortigueira, protagonista absoluta dun evento que ela mesma axudou…