O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira incorpora tres novas agrupacións chegadas dende Galicia, Bretaña e Escocia ao cartel de #EscoitaÁsEstrelas, que se celebrará do 9 ao 16 de xullo.

Coa actuación de Mallou, o comité organizador confirma a súa aposta por seguir apoiando e difundindo a cultura galega. A esta súmanselles dúas apostas internacionais, a banda Peoples Ford Boghall & Bathgate Caledonia Pipe Band que chega dende Escocia e a Bagad Sonerien an Oriant, agrupación bretoa que recentemente celebrou o seu 40º. aniversario.

Mallou presentaranos o mércores 12 en el Teatro de Beneficencia un repertorio onde entrelazan cancións que forman parte do ideario musical galego con creacións e composicións propias. Sabela Rey Bello e Benxamín Vázquez trenzan as súas traxectorias e sensibilidades musicais dando forma a un proxecto sutil e intenso, contido e enérxico, íntimo e sólido, facendo de Mallou unha paisaxe sonora con fortes raíces na tradición.

La Bagad Sonerien An Oriant chegará a Ortigueira o venres 14 de xullo. Fundada en Lorient en 1982, leva máis de 40 anos percorrendo as rúas de Bretaña para compartir a súa paixón cun público cada vez maior. A asociación, composta por máis de 150 membros e catro formacións, subirase ao escenario de Ortigueira coa súa formación principal.

Peoples Ford Boghall & Bathgate Caledonia Pipe Band, unha das bandas escocesas máis galardoadas, actuará en Ortigueira o próximo sábado 15 de xullo. Con máis de cincuenta anos de historia, a agrupación é todo un referente no que se refire á ensinanza, conseguindo que a maioría dos membros da súa formación principal procedan da súa canteira. 

Estas tres confirmacións súmanse ás de Algaire, Anxo Lorenzo e Eoghan Neff, A Banda das Crechas, David Bellas, Elephant Sessions, Escola de Gaitas de Ortigueira, Felpeyu, Fetén Fetén con P. Pascual, Four Men and a Dog, Holiday Club, JDC, Le Vent du Nord, Mec Lir, Rubén Díaz, Rura, SonDeSeu, Startijenn, Talisk, Trikitrí, Xabier Díaz, Xisco Feijoó e Xurxo Fernandes.  

A próxima semana coñeceremos aos tres finalistas do Concurso Runas 2023 aos dous grupos que pecharán o domingo 16 de xullo, xunto a Xabier Díaz, esta edición do Festival.

Ademais, recordamos que se encontra aberto ata o luns 29 de maio o prazo para presentar propostas para a adxudicación de casetas e espazos públicos na Feira de Artesanía. As persoas interesadas poderán consultar as bases en www.festivaldeortigueira.com/artesania.

O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira do 2026 terá lugar entre o 9 e o 12 de xullo

Xul 25, 2025

Tras a excepcional ampliación para celebrar o 50 aniversario da Escola de Gaitas de Ortigueira deste 2025, o Festival retoma o seu formato habitual de catro días, celebrándose do xoves 9 ao domingo 12…

Ortigueira pecha con éxito unha edición histórica

Xul 14, 2025

Durante cinco días de festa, tradición e música ao máis alto nivel, a vila da Ortigueira converteuse de novo no epicentro da cultura celta, acollendo a máis de 110.000 persoas, segundo estimacións da organización…

Os 50 sentáronlle moi ben á Escola de Gaitas de Ortigueira

Xul 14, 2025

O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira culminou hoxe domingo unha edición histórica, marcada pola celebración do 50 aniversario da Escola de Gaitas de Ortigueira, protagonista absoluta dun evento que ela mesma axudou…

Milladoiro e Flook triunfan na xornada máis multitudinaria do Festival de Ortigueira

Xul 13, 2025

Milladoiro e Flook triunfan na xornada máis multitudinaria do Festival de Ortigueira A pasada noite do sábado, o Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira viviu unha das súas noites máis inesquecibles cando os…

Xara, banda madrileña con influencias da música tradicional asturiana, alzase co primeiro posto no Concurso Runas 2025 e faise cun pase directo ao Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira de 2026

Xul 13, 2025

O grupo percibirá 3.000 € e actuará en 2026. Xara fora seleccionada como a banda favorita na votación popular realizada o pasado mes de maio a través da web, encabezando a votación online con…

A Escola de Gaitas de Ortigueira fai historia

Xul 11, 2025

A Escola de Gaitas de Ortigueira puxo o maior punto de emoción na edición do seu 50.º aniversario. No concerto participaron 150 músicos dirixidos polos 4 directores das súas cinco décadas de vida. A…