45 grupos de diferentes países no escenario Estrella Galicia e nas rúas de Ortigueira entre o domingo 9 e o domingo 16 de xullo. Agárdase unha una afluencia de 80.000 personas para desfrutar da música folk e a cultura celta.
No acto inaugural, que abriu a música da Escola de Gaitas de Ortigueira, co tema “Cascarexa”, tomaron a palabra, por esta orde:
Valentín Calvín, na súa estrea no festival como alcalde de Ortigueira, deu a benvida, presentación e agradecementos autoridades e patrocinadores. O primeiro de todo, quixo agradecer a súa asistencia aos representantes institucionais, comezando polo novo director xeral de Turismo de Galicia Xosé Manuel Merelles e tamén aos alcaldes e edís das localidades veciñas que tiveron a amabilidade de achegarse a nos acompañar neste acto.
Tamén ggradeceu aos medios de comunicación acreditados, “que serven de altofalante desde Ortigueira para todo o mundo o e, por suposto, aos patrocinadores públicos como a Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña e ao INAEM, así como aos privados, Abanca, Gadis e Estrella Galicia, moitas grazas polo voso apoio”, así como a todos os profesionais da comunicación que dan cobertura ao festival.
Destacou que “hoxe é un día moi especial para min, é o meu primeiro Festival como alcalde e aínda que estou como quen di recén aterrizado, din todo de min desde o día da toma de posesión para que o que é sen dúbida, o evento máis senlleiro dos que se celebran na nosa vila, saia o mellor posible.
Agradeceu tamén o esforzo de toda a corporación saínte, así como de todo o persoal do Concello, que se volcou en colaborar para chegar ao día de hoxe con todo listo.
Pero sen dúbida o esforzo máis grande faino a vila de Ortigueira, é grazas a vós polo que o Festival segue vivo 45 anos despois. Neste éxito sen dúbida teñen un papel protagonista estes homes, mulleres, rapazas e rapaces que tedes ante vós. A Escola de Gaitas é fundadora e motor imprescindible de este evento que comeza hoxe. Pido para eles o máis forte dos aplausos.
Bruno Lozano, presidente da Escola de Gaitas de Ortigueira, destacou que “Hai 45 anos a Escola de Gaitas de Ortigueira organizaba o primeiro Festival de Ortigueira. Como presidente da gran familia que somos a Escola síntome moi orgulloso de poder seguir facendo o camiño que empezaron aqueles tolos de Garrote, Fuco e compañía, que foron quen de organizar en Ortigueira un evento coma este. Con poucos medios e pouco apoio, pero cun gran equipo de persoas implicado e con ganas de poñer a Ortigueira no mapa e convertila nun referente para a música celta.
Máis ou menos como agora, e a pesar do parón daqueles anos e a pandemia, aquí seguimos, máis vivos ca nunca e cun obxectivo claro: manter viva a esencia do Festival e continuar mellorándoo ano tras ano. O traballo que fai a Escola para o Festival vai moito máis alá das nosa música coas actuacións de hoxe, do venres e do domingo, das que prefiro non botar contas de cantas horas de ensaio que levamos enriba todos os meus compañeiros e compañeiras, co noso director Rodrigo á fronte.
Ademais de todo isto, a directiva: Fani, Sofía, Álex, Pato, María, Pablo e eu organizamos todo o relacionado coa música de rúa e os obradoiros. Contactamos coas bandas, organizamos horarios, e coordinámonos co Concello para que este encaixe de bolillos de actividades se convirta nunha realidade. Aproveito que hoxe me deron o micro para agradecerlles a todos os compoñentes da Escola e as súas familias o seu traballo e a súa implicación para converternos nos mellores anfitrións do pobo de Ortigueira. Para montar camas no colexio, acompañar ás bandas nos desfiles, vender o merchandising na Feira de artesanía e estar dispoñibles 24 horas os 8 días que dura o Festival. Grazas compañeiros, sen vós isto non sería posible. Conscientes de todo o que temos que seguir mellorando, pero moi satisfeitos polo traballo feito, que esperemos se vexa recompensado nesta semana de Festival que hoxe comeza! Longa vida ao Festival de Ortigueira. Viva o Festival e Viva a Escola de Gaitas!”
Xurxo Couto, deputado de Cultura na Deputación da Coruña, deu a boa tarde a toda a veciñanza e destacou a importancia de que todas as institucións se xunten e fagan forza para que o festival se coñeza de forma internacional. Puxo en valor o recoñecemento internacional do evento, e o potente cartel que combina artistas galegos e internacionais. Sinalou que a Deputación non ten dúbida en axudar a promocionar ano tras ano para que se coñeza aínda máis e desexou que todo o mundo poida pasar alguna vez por este festival. Convidou a desfrutar do festival e da preciosa vila de Ortigueira.
Xose Manuel Merelles, novo director Xeral de Turismo, estreou o seu cargo destacando que se considera unha persoa afortunada por estar neste acto na súa primeira semana no cargo. O festival de Ortiguera é o festival dos festivais, o máis auténtico e máis galego de todos os que se celebran no noso territorio, nun lugar máxico que xunta 45 formacións, 200 artistas, 60 horas de música celta, 300 persoas traballando, e máis de 50000 persoas nas redes sociais, música en diferentes espazos aos que se suman obradoiros, nun referente da música internacional. Por parte de Turismo de Galicia deu especialmente as grazas ao alcalde e á Escola de gaitas de Ortigueira.
Para poñer a nota musical, Xalo, o presentador do acto deu paso a Estefanía Bustabad e Luís García, que interpretaron o tema “A bicos” de Xabier Díaz.
De seguido, foi a quenda do asturiano Illan Escaldada, coa peza “Agora non”, una nana de Federioco García Lorca. A continuación, Ricardo Mouriño e Rubén Gómez – (gaita e guitarra) interpretaron os temas “A Laranxeira e a Muiñeira de Vilanova” e Fausto Escrígas e Pablo Vergara – (whistle e bodrhan) interpretaron os temas “The Donegal Lass” e “Take a message to Julie”
O alcalde tomou de novo a palabra para pechar o acto desexando que se desfrute moito escoitando ás estrelas, tanto de Ortigueira como de Ferrolterra, Irlanda e Asturias para inaugural, lembrou a Kepa Junquera, que estivo presente na proxección do documental e pediu un forte aplause que lle chegue ao País Vasco. Engadiu “comezan oito días cheos de cultura, ledicia e convivencia nos que a harmonía (no máis extenso significado da palabra) encherá as rúas da nosa vila. Damos paso pois ao izado de bandeiras e ao himno galego interpretado pola Escola de Gaitas de Ortigueira, co que damos por inaugurado o festival.”
Falou tamén do cartel, xa que “Escoita ás estrelas” é o lema do cartel que Bea Luengo deseñou para esta edición, “aquí presente entre as autoridades e que prefire falar coa súa obra que desde este atril, polo que desde aquí agradecemos publicamente o seu traballo artístico.”
Finalmente, o novo alcalde de Ortigueira pechou o acto convidando a gozar do festival xa desde a primeira noite de música destacando as 80.000 almas que se xuntan nun pequeno concello de 5.000 habitantes, e dando paso á actuación final da Escola de Gaitas de Ortigueira, coa peza “Vals cantarrula-xota para o meu irmao” e a interpretación do Himno galego acompañando ao izado de e bandeiras das nacións celtas, que dá comezo oficial ao evento.
Xa a partires das 22:00 h, SondeSeu abriu esta edición no escenario Estrella Galicia, seguido da banda de folk escocesa Talisk, que comezou o seu concerto ás 23:15 h para pechar a xornada inaugural.Xa para mañá luns comezará o festival na rúa ás 19:00 h coa Banda de Gaitas de Ladrido, seguido da Charanga Alxibeira, e pola noite, no escenario Estrella Galicia os aragoneses Muro Kvartet, e os asturianos Alienda e Guieldu.