Header Image

Runas – Ediciones anteriores

Descargas:
Bases del Proyecto  ESP GAL ENG

ALIENDA

ASTURIAS

CLANN AN DRUMMA

    DARASH

      GUIELDU

      ASTURIAS

      LENDA ÁRTABRA

        MEDIAREA

          MURO KVARTET

          ARAGÓN

          RAMALLEIRA

            ROS

              SONS OF EXODUS

                Descargas:
                Bases del Proyecto  ESP GAL ENG Grupos seleccionados

                BATEA

                Galicia

                DE NINGHURES

                  DOBREGALÚA

                    FIÁROCK

                      FOLK ON CREST

                      Salamanca

                      JDC

                      Madrid

                      LEIRABUXO

                        MADDERAM

                          PELEPAU

                            SARRABETE

                              Descargas:
                              Bases del proyecto ESP GAL ENG

                              Adarrots

                                DARASH

                                  GERMÁN RUIZ

                                  Valladolid

                                    GROOVY CELTIC BAND

                                    Extremadura

                                    KELTEEN

                                      MAELOC

                                        MAR DEL NORTE

                                          TRIKITRÍ

                                          Galicia

                                          DEIRA

                                          Asturias

                                          FAÍSCAS DA PONTRAGA

                                          Galicia

                                          HOLIDAY CLUB

                                          Escocia

                                          Gabriel G. Diges Band

                                          Puntos: 1840

                                          Irlanda

                                          Gwyddel

                                          Puntos: 4314

                                          Andalucía (España)

                                          Jesús del Castillo

                                          Puntos: 515

                                          Madrid (España)

                                          KojiKojiMoheji

                                          Puntos: 5389

                                          Japón

                                          Lochlainn

                                          Puntos: 113

                                          Valencia (España)

                                          Mosquera Celtic Band

                                          Puntos: 542

                                          Castilla - La Mancha (España)

                                          Rastakeltia

                                          Puntos: 703

                                          Madrid (España)

                                          Virandeira

                                          Puntos: 6179

                                          Galicia (España)

                                          Cuarteto Caramuxo

                                          Puntos: 0

                                          O Cuarteto Caramuxo é un sexteto formado por catro clarinetistas, un acordeonista e unha percusionista, que reinterpretan música popular galega. O repertorio da banda toma como base as melodías recollidas nos cancioneiros populares do país, ademais de composicións de autores contemporáneos feitas expresamente para o grupo, residindo a súa singularidade na instrumentación e nos arranxos. 

                                          A filosofía dos "Caramuxos", que adiantarán en Ortigueira temas do que será o seu segundo álbum, resúmese nunha interpretación "con gusto" e sen maior pretensión que gozar da música.

                                          O Cuarteto Caramuxo é un sexteto formado por catro clarinetistas, un acordeonista e unha percusionista, que reinterpretan música popular galega. O repertorio da banda toma como base as melodías recollidas nos cancioneiros populares do país, ademais de composicións de autores contemporáneos feitas expresamente para o grupo, residindo a súa singularidade na instrumentación e nos arranxos. 

                                          A filosofía dos "Caramuxos", que adiantarán en Ortigueira temas do que será o seu segundo álbum, resúmese nunha interpretación "con gusto" e sen maior pretensión que gozar da música.

                                          Tiruleque

                                          Puntos: 0

                                          "Música galega" sen máis etiquetas. Esa é a proposta da banda, que xa foi fai un lustro finalista do “Proxecto Runas”, concurso de grupos emerxentes do Festival Ortigueira. Para iso recorre á súa intuición musical á hora de arranxar melodías tradicionais e bota man da riqueza de instrumentos que esta música ofrece, pero dando un paso máis aló no uso das tonalidades e modos. 

                                          O grupo, xurdido en 2002, ten publicados dous traballos discográficos "Tiruleque" (2009), e o máis recente "Mu!! ", tamén autoproducido e no mercado dende setembro do 2013.

                                          "Música galega" sen máis etiquetas. Esa é a proposta da banda, que xa foi fai un lustro finalista do “Proxecto Runas”, concurso de grupos emerxentes do Festival Ortigueira. Para iso recorre á súa intuición musical á hora de arranxar melodías tradicionais e bota man da riqueza de instrumentos que esta música ofrece, pero dando un paso máis aló no uso das tonalidades e modos. 

                                          O grupo, xurdido en 2002, ten publicados dous traballos discográficos "Tiruleque" (2009), e o máis recente "Mu!! ", tamén autoproducido e no mercado dende setembro do 2013.

                                          Xabi Aburruzaga band

                                          Puntos: 0

                                          O trikitilari biscaíño, que xa foi finalista do “Proxecto Runas” no 2010, volve a Ortigueira con novo traballo baixo o brazo, titulado “Geure”. Ao igual que nos seus anteriores proxectos ("Bizkaiko Trikitixa" e "Denboraren Naufrago"), aposta pola mestura de tradición e modernidade, pasado e futuro, alcanzando a madureza do seu estilo persoal, ecléctico e elegante. 

                                          “Geure” navega entre o folk e o world music con variadas pezas que en ocasións chegan mesmo a trasladar ao público ritmos de jazz ou das big bands. Pero iso si: Aburruzaga non esquece nunca as súas orixes e a súa idiosincrasia de trikitilari.

                                          O trikitilari biscaíño, que xa foi finalista do “Proxecto Runas” no 2010, volve a Ortigueira con novo traballo baixo o brazo, titulado “Geure”. Ao igual que nos seus anteriores proxectos ("Bizkaiko Trikitixa" e "Denboraren Naufrago"), aposta pola mestura de tradición e modernidade, pasado e futuro, alcanzando a madureza do seu estilo persoal, ecléctico e elegante. 

                                          “Geure” navega entre o folk e o world music con variadas pezas que en ocasións chegan mesmo a trasladar ao público ritmos de jazz ou das big bands. Pero iso si: Aburruzaga non esquece nunca as súas orixes e a súa idiosincrasia de trikitilari.

                                          Autodate folk band

                                          Puntos: 6071

                                          Procedencia: Canarias (2004)

                                          Integrantes: Teresa Rodríguez: flauta; Ánges Camejo: guitarra e laúd; Juan Carlos Pérez; batería; Mario Lorenzo: baixo; Alejandro Lorenzo: teclados, acordeón, programación e percusión.

                                          Que fan? O seu repertorio é unha mestura de folclore canario e música celta, no que podemos atopar: polkas, malagueñas, aires de lima, música tradicional galega, irlandesa, cubana e sobre todo composicións propias; sempre arranxadas co toque persoal do grupo, conseguindo que o público recoñeza as melodías, pero que á súa vez, se sorprenda con arranxos diferentes aos que nos podemos atopar no folclore máis tradicional.

                                          Discografía: "Mestura"

                                          Boc

                                          Puntos: 3237

                                          Procedencia: Illas Baleares (2009)

                                          Integrantes: Joan Fronteira: compositor, piano, flautas, flabiol e tamborino; Xisco Amengual: violín; Pere Fronteira: xeremies, flauta travesera, percusión; Biel Fronteira: flautas, flabiol, tamborino, guitarrón, clarinete; Lluís Vivern: guitarra; Rafel Barceló: baixo; Lluís Orella: batería e percusión; Tomeu Marroig: guitarra eléctrica e laúd.


                                          Que fan? Unha proposta innovadora e vanguardista. Reinventa a música de raíz tradicional introducindo influencias de estilos tan diferentes como a música celta, medieval, o punk, ou o reggae, utilizando tanto instrumentos tradicionais mallorquines (xeremies, flabiol, tamborino ou o guitarrón), como irlandeses e modernos. Potente directo.

                                          Discografía: uep!

                                          Excómunion

                                          Puntos: 482

                                          Procedencia: Castela e León (2005)

                                          Integrantes: Anxo Galindo: voz e violín; Francisco Arrieta: guitarra e coros; Miguel Bo: guitarra; Juan Carlos García ”Juanko”: baixo; Carlos Gómez: batería; Fernando Ortiz: violín e coros; Alfonso Barreno “Fonchi”: teclado, flautas e coros.

                                          Que fan? Ofrece unha unión do rock máis clásico con tintes de hard rock, heavy e folk. Cunha potente base rítmica, as guitarras fúndense con melodías de violines, flautas e teclados que fan do son da banda unha peculiar e potente mestura. Os sete membros acompañan este son con letras con carga política ademais de que reflectir as súas vivencias e impresións.

                                           Discografía: "Excómunion" y "Con la soga al cuello".

                                          Folk on Crest

                                          Puntos: 5914
                                          Procedencia: Castela e León (2006)

                                          Integrantes: Yolanda Río: voz, pandeireta e gaita galega; Sergio Grande: gaita asturiana e flautas irlandesas; Daniel González: guitarra; Jose Luís González "Kaos": caixón flamenco e percusións; Bernardo Pérez: gaita e tamboril charros, pandeiro cadrado e voz; Óscar Sánchez: baixo eléctrico; Begoña Garde: acordeón.

                                          Que fan? Levan a música charra- flauta e tamboril ao ristre- ao término comercial "celta". A influencia de músicas e estilos doutras latitudes como Asturias, Galicia, Escocia, Irlanda?? aportaron novas ideas que quedan reflectidas nas composicións do grupo. O seu concepto musical, desenvólvese marcado por unha ampla adaptación de temas tradicionais aos que se suman os de autoría propia.

                                          Discografía: "Folk on Crest" e "Calle de la Botica"

                                          Guezos

                                          Puntos: 2967

                                          Procedencia: Galicia (1999)

                                          Integrantes: Xabier Domínguez: gaita e whistle; Roberto Reboiro: baixo eléctrico; Adrián Beiroa, voz e guitarra acústica; Anxo Fernández, acordeón e teclado; Francisco Díaz: batería e percusión; Modesto Cid: gaita e whistle; David Quintas, guitarras eléctricas.

                                           

                                          Que fan? Mesturan con enerxía música folk, rock, e outras tantas de música tradicional galega, e a esta base suman influencias de estilos como o funk, o reagge, e ata a rumba, configurando un son propio co que conseguen nos seus concertos que o público participe cantando e bailando. Vellos coñecidos do Festival Ortigueira, a banda ourensana, que evolucionou desde posicións claramente tradicionais, volve competir no Runas, concurso no que foron finalistas no ano 2003.

                                           

                                          Discografía: “Guezos” (2002), “Terradentro” (2004), “Oito destinos” (2009), “O histórico latexo” (2011).

                                          Manuel Galán y Jesús Cid Quinteto

                                          Puntos: 423

                                          Prcedencia: Castela e León (2011)

                                          Integrantes: Manuel Galán: guitarras, mandolina, flauta; Jesús Cid: guitarras, bouzouki; Luis Alberto Jiménez “Cantares”: batería, percusión; Nacho López: baixo eléctrico; Rodrigo Pérez: teclados, acordeón.

                                          Que fan? De recente pero con ampla experiencia, interpretan un repertorio instrumental, formado por temas compostos por Cid e Galán, que bebe de moitas influencias ben asimiladas, entre elas o rock progresivo, o folk, o blues ou o jazz. O quinteto interpreta en directo un puñado de temas afastados das tendencias musicais máis comerciais pero que para nada vai destinado a un auditorio elitista.

                                          Ruaille Buaille

                                          Puntos: 1768

                                          Gañadores do “Proxecto Runas 2013”, de promoción de grupos folks emerxentes. A banda evolucionou daquel inicial quinteto acústico cunha tímida base rítmica, a un sexteto con sólida base rítmica achegada polo baixo eléctrico e a batería. Dun repertorio case exclusivo de música tradicional, pasou a outro no que prima a composición propia, inspirada en máis fontes, tanto do folk (vasco, galego, balcánico...), como doutros estilos (country, blues...)

                                          Con dous traballos discográficos editados “/´ru:lÙ 'bu:lÙ/ (pronounced"rula-bula")” e "Blue jig", o grupo fai xustiza ao seu nome, que pode traducirse como bulicio ou como bulicio ou algarabía, e describe perfectamente o ambiente desenfadado que o grupo crea nos seus concertos. 

                                          Gañadores do “Proxecto Runas 2013”, de promoción de grupos folks emerxentes. A banda evolucionou daquel inicial quinteto acústico cunha tímida base rítmica, a un sexteto con sólida base rítmica achegada polo baixo eléctrico e a batería. Dun repertorio case exclusivo de música tradicional, pasou a outro no que prima a composición propia, inspirada en máis fontes, tanto do folk (vasco, galego, balcánico...), como doutros estilos (country, blues...)

                                          Con dous traballos discográficos editados “/´ru:lÙ 'bu:lÙ/ (pronounced"rula-bula")” e "Blue jig", o grupo fai xustiza ao seu nome, que pode traducirse como bulicio ou como bulicio ou algarabía, e describe perfectamente o ambiente desenfadado que o grupo crea nos seus concertos. 

                                          Sigulka

                                          Puntos: 570

                                          Procedencia: Madrid

                                          Integrantes: Margarita Todorova: violín e viola; Winifred Timms: violín; Juan Alberto Azula: guitarras; Fredy Feodorov: baixo e trompeta; Rodrigo García: batería e frautas.

                                          Que fan? A prioridade do grupo é a música tradicional irlandesa e celta. Así mesmo conta cun amplo e variado repertorio, resultado da fusión de diversos estilos e culturas dos seus compoñentes. A banda pretende achegar as sonoridades celtas e a música popular búlgara e outros estilos a todo tipo de público, cun aire fresco e novo.

                                          Skarn

                                          Puntos: 294

                                          Procedencia: Bretaña (2010)

                                          Integrantes:Moran Dipode: gaita e voz; Goulven Provost e Thomas Rocher: guitarras; Antoine Scipion: bajo; Stéphane Haudebourg: batería; Marie Danzé: violín; Joseph Papadopoulos: bombarda e frauta.

                                          Que fan? Mestura temas tradicionais con arreglos modernos, entre rock e metal. Formación rockeira que propón unha música chea de enerxía, que leva a bailar á xente nun ambiente de fest-noz e festivo. Á base do grupo (guitarra, baixo, batería) incorporáronse un violín e flauta animados polo mesmo espírito festivo.

                                          Solana

                                          Puntos: 192

                                          Procedencia: Valencia (2012).

                                           

                                          Integrantes:Rowen Elliott; Tamsin Elliott; Alexander Dickinson.

                                           

                                          Que fan? Incorporan ás sonoridades celtas, froito da súa orixe inglesa, influencias de músicas de distintos puntos do mundo: America Latina, Europa do Leste, ademais de ritmos africanos que lle imprimen enerxía á mestura. Esta fusión de estilos e músicas de raíz, unida á creatividade individual de cada un dos integrantes da banda, crean unha atmosfera que, aínda que íntima e familiar, ten un punto de misterio.

                                          Adarrots

                                          Puntos: 651

                                          Procedencia: País Vasco

                                          Integrantes: Rosa Godínez, voz; Iñigo Espiña, violín; Bingen Akarregi: clarinete, xirula, whistles & low whistles, frauta alta; Iñigo Carballo, alboka; Gorka Vicente: guitarra acústica; Toño Ortega, baixo eléctrico; Sendoa Gil, percusións.

                                          Que fan? Septeto biscaíño xurdido crea co propósito de manter vivo o folk tradicional de Euskal Herria, aceno da súa cultura, adaptando e fusionando ritmos e sonoridades ancestrais con outras mais actuais para obter como resultado unha música evocadora que nos transporta a diferentes situacións e acontecementos da vida, a pasada e a de hoxe día. Publicaron dous discos: "Haizekadak" e “Zazpi ditut”.

                                          Alén de Ancos

                                          Puntos: 4542

                                          Procedencia: Galicia (2007)

                                          Integrantes: Pablo Díaz, gaita, whistles e voz; Rubén Gómez, guitarra;  Aitor Rodríguez, caixón e bodhran; Iago Casal, teclado e voz; Carlos Caaveiro, uileann pipe; Dolores Melgar, pandeireta.

                                          Que fan? Proposta de folk fusión, resultado da mestura de cancións tradicionais con temas de composición propia.  A banda naceu como unha afición dun grupo de amigos que se coñeceran en distintas agrupacións folk da comarca ferrolá. Ademais da música tradicional galega, no seu son ten gran a aportación do folk irlandés, así como a música característica doutras nacións celtas como Asturias ou Escocia.

                                          Avelaíña

                                          Puntos: 318

                                          Procedencia: Galicia (2001)

                                          Integrantes: María Xosé Rosales, voz e pandeireta; Alberto Miranda (gaita e frauta); Antón Villanueva, guitarra e bouzuki; Harry Price, violín; Iván Abal, zanfona e acordeón e Miguel González, batería.

                                          Que fan? A fusión de estilos é a marca que caracteriza a esta formación. "Unha xuntanza de cores ben conducida pola cantante, Mª Xosé R Rosales, quen sempre imprime ás melodías o seu carácter persoal". Dende unha base rítmica contemporánea, o grupo reúne instrumentos tradicionais con arranxos de todo tipo, para chegar a un son novo, distinto, e, sobre todo, identificativo. Contan con catro traballos discográficos: "Proxecto, "Xan e Sabela", "Traditium" y "Ciclo".

                                          Harmonica Creams

                                          Puntos: 1181
                                          Sen dúbida, a gran revelación da pasada edición. A banda nipona Harmonica Creams, ganadora do proxecto Runas 2012, presentarase na súa volta ao Estrella Galicia con novo disco baixo o brazo 'In + Out=Sea', o segundo tras “Analyse de toucher”. 

                                          O cuarteto, liderado por Yoshito Kiyono, ofrece unha fusión única de música celta e bues. O son da armónica é a base da súa música. O conxunto de armónica, violín irlandés, guitarra rítmica, e os tambores irlandeses tradicionais 'bodhran' únense para formar unha paisaxe sonora rica e variada.

                                          Procedencia: Japón (2009)

                                          Integrantes: Yoshito Kiyono, harmónica; Aiko Obuchi, violín irlandés; Koji Nagao, guitarra; Toshi Bodhran, bodhran.

                                          Que fan? Cuarteto que presenta unha vibrante e enérxica mestura entre músicas celticas e blues. O xénero musical do grupo vén dado polo son bruto da harmónica. Así mesmo, as frases improvisadas, incluíndo cantos e susurros, vinculan a dinámica musical celtica e o ritmo do blues. A banda, liderada por Yoshito Kiyono, publicou en 2011 o álbum “Analyse de toucher”.

                                          Keympa

                                          Puntos: 694

                                          Procedencia: Cataluña (2000)

                                          Integrantes: Sandra Córcoles (voz, bodhran e pandeiretas); Marc Vigo (voz, gaitas, wistles e guitarra); Borja Peirón (violín); José L. Redondo (guitarra, banjo, dobro, guitarra portuguesa e mandolina); Joan Vigo (baixo e contrabaixo); Martí Hosta (batería e percusións ibéricas); Xavi Carbonell (técnico).

                                          Que fan? “Caldos musicais cociñados desde o Mediterráneo pero coa cabeza posta no Atlántico galego”. Os primeiros pasos deste septeto multilingüe fundamentáronse nas sonoridades e o repertorio musical das culturas atlánticas. Con todo, o eclecticismo marcou a súa evolución cara á fusión de música de raíz con músicas modernas e ritmos étnicos. A súa discografía inclúe tres traballos: “Revíralo”, “Ningures” e “MenúdoDía”. Foron finalistas do Runas en 2003.

                                          Lochlainn

                                          Puntos: 2345

                                           

                                          Procedencia: Comunidade Valenciana (2001)

                                          Integrantes: Vicente Portoles, violín e banjo; Jorge García, whistles, low whistles e bodhran; Javier Ibáñez, bajo acústico e bouzuki; José Redondo, guitarra clásica; José, acordeón; Vicente Castilla, guitarras e baixo acústico e Rafa Pico “Copi”, batería e percusións.

                                          Que fan? Folk contemporáneo baseado en composicións propias, cun estilo persoal, froito da evolución desde a raíz tradicional. O grupo fundamenta o seu estilo na versatilidade instrumental e na liberdade de traballar sobre pezas orixinais, o que posibilita experimentar con ritmos, melodías e arranxos. A influencia do folk tradicional tradúcese na incorporación dalgunha de temas de orixe popular no seu directo. “Dim Light” é o título do seu último traballo, editado en 2011.

                                          Los gaiteros de Moscú

                                          Puntos: 4848

                                          Procedencia: Rusia

                                          Integrantes: Svetlana Bolzhatova; Dimitry Ignatov; Igor Glushkov; Viktor Kraev; Andrey Bayramov.

                                          Que fan? Melodías tradicionais e cancións de diferentes recunchos de Europa. O grupo está composto por diferentes modelos de gaitas, frautas, clarinetes e instrumentos de percusión. O repertorio deste grupo, inspirado na música instrumental galega co seu espírito enérxico e optimista, conta con melodías tanto tradicionais, como contemporáneas, folklóricas e de autor. A banda publicou en 2009 o cd “El Trío” e un directo en dvd o pasado ano.

                                          Rastrexos project

                                          Puntos: 309

                                          Procedencia: Galicia (2011)

                                          Integrantes: Natasia Zürcher, voz; Adrián Saavedra, baixo, teclado e acordeón; Daniel Riveiro, batería e percusións; Juan M. Collazo, vibráfono e percusións; Christian Castrelo, frauta e gaita; Alfonso Merino, violín e guitarra.

                                          Que fan? Fusión de diversos estilos musicais, baseada na confluencia de xéneros e de sons universais. Ritmos africanos, latinos, brasileiros, galegos… desembocan nunha posta en escea na que o público é partícipe do espectáculo. Outro dos alicientes da súa proposta, marcada pola multidisciplinariedade dos  compoñentes da banda, é a utilización dunha instrumentación na que a percusión emerxe como elemento predominante.

                                          BrennKorzh

                                          Puntos: 118

                                          Procedencia: Francia

                                          Brigan

                                          Puntos: 1837
                                          Procedencia:

                                          Italia

                                          Cerandeo

                                          Puntos: 1138
                                          Prodecencia:

                                          Estremadura

                                          Gregal

                                          Puntos: 759
                                          Procedencia:

                                          Comunidade Valenciana

                                          Keltiar Aldea

                                          Puntos: 6734
                                          Procedencia:

                                          Navarra

                                          Milesios

                                          Puntos: 5380
                                          Procedencia:

                                          Galicia

                                          Pé de boi

                                          Puntos: 2859
                                          Procedencia:

                                          Galicia

                                          Riveira

                                          Puntos: 1821

                                          Procedencia: Chile

                                           

                                          Formación:Camilo Pizarro: batería, percusión e guitarra; Juan Pablo Riveros: baixo; Paz Iturriaga: voz e guitarra; Antonio Fernández: violín e violín eléctrico; Hugo Rodríguez: gaita galega, whistles e percusión; Javier Díaz: teclados, acordeón, secuencias; David Letelier: guitarras, voz e whistle.

                                          A súa proposta: Unha particular revisión da música tradicional celta galega e irlandesa, combinando estes antigos sons coas novas sonoridades do mundo actual.

                                          Álbum: "Una mágica frontera" (2007)

                                          Steetwings

                                          Puntos: 3906
                                          Procedencia:

                                          Madrid

                                          Stolen notes

                                          Puntos: 556

                                          Procedencia: Andalucía.

                                          Formación: Alejo Parra, gaita irlandesa; José Moreno, bodhran e frauta; Juan Manuel Redondo, guitarra; Juan J. Almaraz, frauta irlandesa.

                                          A súa proposta: Reinterpreta actualizándoa unha coidada selección de melodías tradicionais irlandesas e doutros países do Arco Atlántico, ademais de incorporar composicións de seu.

                                          Álbum: “Stolen notes”.

                                          Ülträqäns

                                          Puntos: 997


                                          Procedencia: A Coruña (Galicia)

                                          Formación: Aarón Bouzón: frauta travesa, Ewi4000s, whistles e gaita; Antón Díaz: voz, baixo e contrabaixo eléctricos; Fran Amil: batería; Tino Vilaro: guitarra e Tomás Saiz: acordeón piano.

                                          A súa proposta: Música frenética para a festa, concibida para os directos e con influencias de músicas de raíz europeas e do folk rock.

                                          Álbum: “Ulträqäns” (2011)

                                          Antubel

                                          Puntos: 247

                                          Este sexteto procedente do Bierzo, aínda que con integrantes doutras zonas como Madrid ou León, presenta un repertorio de folk fusión, con revisiones de melodías tradicionais e temas propios marcadamente actuais. O grupo ten viaxado ao longo dos seus anos de traxectoria por boa parte de España, especialmente dende Castela ata Finisterre.

                                          Banda Broa

                                          Puntos: 674

                                          Nacido en novembro do 2009 en Santiago de Compostela, o grupo trata de mesturar os sons tradicionais galegos coas novas tendencias, sacando a relucir a súa visión persoal da música, sen máis pretensións de facer a música que lle apetece e fuxir de prexuizos e ataduras. O repertorio deste quinteto baséase en composicións propias e pezas tradicionais arranxadas polo grupo. Veñen de grabar a sús primeira maqueta. 

                                          Berros do castro

                                          Puntos: 261

                                          É un grupo de música galega formado hai xa máis dunha década por músicos procedentes das máis prestixiosas agrupacións folclóricas, etnográficas e folks das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal.

                                          O seu repertorio confórmano pezas de autoría propia e melodías tradicionais galegas, recuperadas de cancioneiros antigos, como o "Cancioneiro de Izenga" ou o "Cancioneiro Castro Sampedro", traballos de campo, ou pezas procedentes do repertorio de afamados grupos galegos, entre outros, Raparigos de Ferrol, Os Rosales de Rianxo, Os Cruceiros,Muxicas ou os Gaiteiros de Soutelo de Montes.

                                          Cabo Norte

                                          Puntos: 3963

                                          A pesares de que a orixe deste grupo catalán se remonta ao ano 2004, non será ata o 2009, coa renovación da formación, cando o proxecto colla folgos. Nese momento, estalízase e progresa, incorporando músicos de gran nivel técnico, procedentes de disciplinas que van do folk tradicional ao rock alternativo.

                                          Desta maneira, concrétase o reto da profesionalización e, en poucos meses, grazas á sintonía creativa existente, "constrúen" un repertorio de seu que mestura o rock urbán coa tradición irlandesa e o folclore galego. A banda vén de editar a sús primeira grabación, titulada "Supervivientes". O disco recolle os seus cinco mellores temas orixinais.

                                          Celtic maze

                                          Puntos: 836

                                          Catro músicos de estilos diferentes pero gustos sémellantes, reúnense a mediados do 2009 coa idea de gozar creando melodías, mesturando influenzas e facendo e desfacendo o quebracabezas da música, compartindo a ampla experiencia individual de cada un nas súas respectivas (e dispares) carreiras.

                                          O resultado é un son orixinal cun aire celta como telón de fondo, que amosa unha marcada intención de ampliar horizontes e matices ...dende o folk máis tradicional ao rock, pasando polo bluegrass, o jazz e a música clásica. Polkas, reels, o slowairs conforman o seu variado repertorio.

                                          Lochlainn

                                          Puntos: 649

                                          Procedencia: Comunidade Valenciana (2001)

                                          Integrantes: Vicente, violinista; Jorge, whistles e low whistles; Javi, baixo acústico e percusións; José, guitarra clásica; José, acordeón.

                                          Que fan? O seu proxecto baséase na revisión e interpretación de músicas orixinais dos países gaélicos, que recrean valéndose de instrumentos puramente típicos (violín, whistles...) aos que suman a pincelada de modernidade que introduce o baixo acústico. O seu repertorio é tan variado como extenso, e abrangue todo o abano de pezas da música folk celta.

                                          Os Solenes

                                          Puntos: 60
                                          Os Solenes

                                          é un grupo de recente creación (mazo de 2010) que nace cun só propósito: facer festa alí por onde pase e que xente baile coa súa música. Este cuarteto aposta pola parte máis lúdica da arte e bebe do inmenso repertorio tradicional do país, sen rexeitar as incursións na música de autor.

                                          The crass

                                          Puntos: 4400

                                          Este sexteto xurdiu tras coincidir no último Festival de Lorient boa parte dos seus integrantes, facendo o que mellor se lles dá: música. O grupo vigués convídanos a un intenso percorrido polas culturas musicais das oito nacións celtas, a través dos ritmos máis representativos de cada unha delas. Apostan por un son internacional, baseado na fusión de estilos e na adaptación de temas.

                                          O seu primeiro traballo discográfico inclúe pezas de composición propia, temas tradicionais auto- producidos e ata algún tema inédito de compositores recoñecidos no panorama folk galego.

                                          Xabi Aburruzaga

                                          Puntos: 2007
                                           

                                          Este virtuoso trikitilari leva máis dunha década de traxectoria profesional. A súa primera maqueta, coa que se estreou como compositor, data, nada menos, que de 1999. Oito anos despois chegaría o seu primeiro traballo discográfico (“Bizkaiko Trikitixa”), no que anova os sons da trikitixa tradicional acompañándoa con instrumentos, letras e arranxos máis modernos. Este camiño viuse reforzado e ampliado no seu álbum máis recente, editado en 2009, “Denboraren naufrago” (Naufrago do tempo). Neste disco, mediante ritmos e novas composicións, o de Portugalete consolidou un estilo propio e actual, pero sempre sen olvidar as súas raíces.

                                          Alalé

                                          Puntos: 2818

                                          Procedencia: Galway (Irlanda), 2006

                                          Integrantes: Ciaran O’Donghaile: uilean pipes e frauta travesera; David Cardona: bodhran; Fergal Walsh: guitarra, bouzuki, piano; Gabriel G Diges: frauta.

                                          Dealan

                                          Puntos: 738

                                          Procedencia: Cataluña, 2003

                                          Integrantes: Elisabet Llort: violín; Guillem Cuní: Uillean pipe, sitar, didgeridoo; Joan Muñoz: laúd árabe, vihuela de rueda; Alba Pujol: violoncelo, voz; Didac Cuní: guitarra acústica, voz; Julián Rodríguez: bajo; Jordi Murcia: batería, percusiones étnicas.

                                          Que fan? Tomando o folk irlandés como punto de partida, propoñen novos ritmos, abríndose a sonoridades máis mediterráneas e do leste, cuns arranxos transgresores e experimentais nos que destaca tamén a incorporación de percusións étnicas.

                                          Discos:"Creuant els mons", 2007. Preparan segundo álbum.

                                          Ghaita Depedra

                                          Puntos: 1880

                                          Procedencia: Lugo, 2001

                                          Integrantes: Jose Varela: violín e zanfona; Luís Rodil: frauta traveseira e gaita galega; Xavi Fernández: guitarra e bouzouki; Lourdes Armesto: voz, pandeireta e percusión; Pablo Condo: bodhran e percusión.

                                          Que fan? Temas de composición propia baseados en ritmos tradicionais, tanto dos predominantes galegos coma doutras zonas con profunda tradición musical como Irlanda ou o leste de Europa.

                                          Discos: "Nekiño" (2009)

                                          Pablo Seoane Grupo

                                          Puntos: 9015

                                          Procedencia: Compostela, 2004

                                          Integrantes: Pablo Seoane:gaitas; Diego Rosende: percusionista; Manuel del Rey: percusionista; Gutier Álvarez "Guti": zanfona e violín; Javier Sexto: acordeón; José López "Josele": clarinete e saxo; Sergio González Taboada: técnico de son; Manuel Abraldes: baixo eléctrico.

                                          Que fan? Buscan ofrecer unha visión ampla de todos os ritmos que compoñen a música tradicional galega, dende as muiñeiras, pasando por jotas, pasodobres, mazurcas, valses ou rumbas, tendo a gaita como instrumento condutor.

                                          Discos: Fluíndo en pechado, 2007

                                          Qui Hi Ha?

                                          Puntos: 7775

                                          Gañadora do Proxecto Runas? 09. A súa proposta achega outra perspectiva á música celta de raíz irlandesa, incorporando elementos mediterráneos e aires experimentais psicodélicos. Ofrece un directo vibrante e maduro, cun repertorio propio e algunhas versións de base celta.

                                          O seu espectáculo “Aquest llum per qui crema-visual”, baseado no álbum discográfico homónimo, conta coa colaboración de The Poca Monta Company, autores das proxeccións que acompañan ao grupo nos seus directos.

                                          O seu contemporaneidad, innovación e fusión de ritmos e linguaxes artísticas propiciaron que a banda, que xurdía fai un lustro en Sant Boi do Llobregat e editaba pouco despois o seu primeiro disco "Qui hi ha?", triunfe en festivais dentro e fóra de España.

                                          Procedencia: Cataluña

                                          Integrantes: Ricard Ros: uilleann pipe, low whistle, bouzuki, tin whistle D e acordeón; Marta Barbero: violín, voz e efectos; Rubén Fajardo: guitarra acústica e mandolina ital

                                          Riobó

                                          Puntos: 7001

                                          Procedencia: Vigo, 2008

                                          Integrantes: Begoña Riobó: violín; Xosé Liz: bouzuki e mandolina; Fernando Barroso: guitarra acústica; Fernando Pérez: requintas; Marcos Campos: gaitas, whistles e acordeón.

                                          Que fan? A formación recrea un xeito "clásico" de facer folk priorizando no seu repertorio o carácter interpretativo e armónico, fusionando o estilo dos vellos gaiteiros co carácter dos grupos folk europeos dos anos 70 e 80.

                                          Tiruleque

                                          Puntos: 7927

                                          Procedencia: A Coruña, 2002

                                          Integrantes: Antón Bueno: contrabaixo, gaita, coros; Alex Fente: acordeón, coros; Luis García: bombo con pratos, percusións, coros; Miguel Horjales: caixa, percusións, coros; Pablo Pintor: clarinete, gaita, pito galego, triángulo, voz; Fernando Román: saxo, clarinete, gaita, pito galego, coros.

                                          Que fan?Reinterpretan en certa maneira a tradición galega, recurrindo á súa intuición musical á hora de arranxar melodías tradicionais. Para iso botan man da riqueza de instrumentos que esta música nos ofrece, pero dando un paso mais aló no uso das tonalidades e modos.

                                          Blima

                                          Puntos: 540

                                          Procedencia: Asturias, ano 2006

                                          Integrantes: Fernando Oyagüez: bouzouki, coros; Marcos G. Alonso: acordeón diatónico, percusións; Xurde Fernández: frauta traveseira, whistle, violín.; Silvia Quesada: voz.

                                          Que fan? Temas instrumentais e cantados a partes iguais, composicións propias e temas recollidos da tradición oral e posteriormente pasados polo cribo do grupo. A banda, que xurdiu como trío instrumental ao que posteriormente se lle sumou a voz, pode encadrarse no movemento denominado "folk de cámara", ou o que é o mesmo, folk en formato reducido, que achega un maior dinamismo e frescura ao produto final.

                                          Discos: "Entamu"

                                          Chotokoeu

                                          Puntos: 61

                                          Procedencia: A Coruña, ano 2007

                                          Integrantes: Brais López, caixón, clarinete, djembé,saxo; Carlos Argibay, caixón, congas, percusión pequena; Iago Corral, baixo, gaita; Manuel Clavijo, coros, guitarra, violín, voz; Manuel Fonte, bongós, caixón, percusión pequena; Marta Seco, percusión pequena, violín, voz; Rubén Capelán, batería, caixón, coros, djembé, voz.

                                          Que fan? Non se ateñen a ningún estilo en concreto. Recoñécense a si mesmos como unha proposta fresca, creativa e nova, que só pretende facer a música que lles gustaría escoitar. A medio camiño entre a fusión instrumental e os temas con textos propios, a banda intercala pezas animadas con outras nas que prima a reflexión sobre temas actuais.

                                          Coanhadeira

                                          Puntos: 697

                                          Procedencia: Ourense, ano 2006 (con anterioridade foi grupo de gaiteiros tradicionais)

                                          Integrantes: Patricia López, voz e pandeireta; Xerardo Quintela, acordeón; Jesúa Pérez "Chechu", gaitas, whistle e percusión; Marcos Pérez, batería e percusións, Óscar Freire, gaitas e saxos; Fran X. Gómez, clarinete, frauta, guitarra sintetizada e acústica.

                                          Que fan? "Música en galego" é a etiqueta escollida por este grupo para definir o seu estilo musical. Integrado por músicos que proveñen da música tradicional presentan un repertorio composto por pezas tradicionais froito da investigación dos membros da banda, así como algúns temas de compositores galegos e outros propios. Acaban de gañar a útlima edición do Certame folk de Radio Obradoiro.

                                          Discos: En preparación

                                          Divertimento folk

                                          Puntos: 546

                                          Procedencia: Valladolid, ano 2001

                                          Integrantes: Álvaro Sánchez, baixo eléctrico; Luis Ángel Fernández, dulzaina, pito de chaves, tin whistle, gaita galega, frauta de 3 buratos, percusións; Francisco Javier Petite, dulzaina castellana, pito de chaves, pandeireta, percusións; Andrés Sanz, guitarra eléctrica e acústica; Jesús Alfonso García "Pistolo", batería e percusións.

                                          Que fan? Incorporando á música tradicional estilos tan diversos como o rock, o jazz ou a música clásica, tanto aos seus temas de composición propia como a melodías e ritmos arcaicos, propoñen unha nova forma de enfocar cara ao futuro as raíces musicais de diversos pobos e distintas culturas, achegándoas a todos os públicos. Repertorio e instrumentos tradicionais, dotados de actualidade.

                                          Discos: "Divertimento"

                                          Erdruida

                                          Puntos: 1204

                                          Procedencia: Guadalajara (Castilla la Mancha),

                                          Integrantes: Iris Tejón (voz e whistle), Sergio Maseda (violín), Antonio Herrero (guitarra), Txus Montana (baixo), Carlos Barraguer (batería).

                                          Que fan? A súa música móvese dentro do amplo espectro do «folk-fusion», e acubilla influenzas de numerosos estilos musicais, como música irlandesa, bretoa, country, medieval, rock, etc. Así, xuntan sons celtas e medievais con rock ou música clásica. A variedade de instrumentos dá lugar a un son elaborado, con amaños moi coidados.

                                          La ruta de les estrelles

                                          Puntos: 100

                                          Procedencia: Cataluña (2006)

                                          Integrantes: Iván Pérez Villar, violín; Albert Morreres, frauta traveseira; Sergi Llena, gaita, tin whistle, txistu; Héctor Beberide, mandolina, bouzouki, guitarra e arpa cèltica; Juan Ignacio López, violoncel; Robert Querol Butia, percussión.

                                          Que fan? Pretenden revitalizar e difundir a música tradicional de diversa procedencia, nunha viaxe musical que nos leva desde Galicia ata Bretaña pasando polo Pirineo, Occitania… ata Irlanda. Actualmente compatibilizan o seu labor didáctico entre os mozos coa preparación da súa primeira gravación: "De Fisterra a Finistère de Finistère a Fisterra combinando repertorio de composición propia con repertorio tradicional.

                                          Nemon

                                          Puntos: 1339

                                          Procedencia: Vizcaya (2003)

                                          Integrantes: Eva Fernández, voz e percusións; Lorea Guede Muguerza, trikitixa, percusións e voces; Sandra Cid, batería, percusións e voces; Alberto Rodríguez, baixo eléctrico; Iñaki Iglesias Fuertes, guitarras eléctricas e acústicas; Rodrigo Cid Silvan, frautas e gaitas.

                                          Que fan? Música de raíz, seguindo o ronsel dos grupos folk galegos. A banda, xurdida do grupo de danzas e a de gaitas do centro galego de Ermua, conseguiu forxar unha identidade propia e son característico, que combina instrumentos modernos e tradicionais e aposta pola apertura a outros estilos como o jazz ou o rock.

                                          Ophiusa

                                          Puntos: 132

                                          Orixe: Compostela, 1986 (inician segunda etapa en 2005, tras unha década de parón)

                                          Integrantes: Ramón Feáns (Bouzouki, guitarra e programacións), Paulo M. Gacio (frauta, gaita, saxo, whistles e programacións), Paco Nogueiras (acordeón, clarinete e programacións), Antonio Presedo (mandola).

                                          Discografía: Participan en dous discos colectivos I Certame de Música Celta e Pop e Mostra Galega de Música Folk. En abril do 2008 publican o seu primeiro álbum, "Paos".

                                          Que fan? Temas de autor, que combinan o substrato tradicional coas tendencias actuais. O seu é un folk de fusión, no que os instrumentos acústicos conviven coas posibilidades que ofrecen as novas tecnoloxías.

                                          Pradairo

                                          Puntos: 822

                                          Procedencia: Teo- Galicia (2006)

                                          Integrantes: Ana Belén Ferreira (Pandeireta e voz), Carlos Mosquera (Gaita e voz), Esteban Lamas (Acordeón), José Antonio Ferreira (Gaita, voz e bombo), María Alejandra Golán (Pandeireta e voz), María de los Ángeles Ferreira (Pandeireta e voz), María Elena Ferreira (Pandeireta e voz), Nuria Golán (Pandeireta e voz), Ricardo González (Tamboril e bombo), Roberto Rama (Gaita e saxo)

                                          Que fan? Exploran as posibilidades da "fusión" creativa de distintos estilos musicais sen necesidade de atravesar as nosas fronteiras, mesturando todas as vertentes da música tradicional galega. O seu repertorio, que inclúe pezas tradicionais amañadas e composicións propias, busca achegar un valor engadido ao traballo de campo no campo do folclore realizado en Galicia nas últimas décadas. Gañaron en 2007 o certame de música folk de Radio Obradorio o que lles permitiu editar o seu primeiro disco.

                                          Disco: "Aliaxe" (2008)

                                          Sog

                                          Puntos: 588

                                          Ganadores do Proxecto Runas'08, os leoneses levan tras de sí doce anos de intenso traballo, con centos de concertos e dous discos editados cunha notable acollida nos circuitos folk: Trisca e 0505, lanzado ao mercado en 2007.

                                          Se presentan no Escenario Estrella Galicia cunha formación anovada, integrada por nove músicos, chegados de estilos diferentes. O seu repertorio combina composicións propias, inspiradas nos folklores celta e balcánico e cancións tradicionais de León, Asturias, Galicia, Irlanda... todo cabe. En definitiva, o "estilo sogano"- orixinal e festivo- baséase na fusión de músicas de diferentes procedencias e culturas. Preparan xa en un nuevo traballo discográfico.


                                          Para a ocasión contarán con convidados como as pandereteiras do grupo Gritsanda, o batería Benjamin Wellenbeck, a cantante Sinead Connolly e máis o saxofonista Ernesto García.

                                          Procedencia: Castilla y León, ano 1997

                                          Integrantes: Moisés Arnáiz, charango; Pablo Pino, guitarra; Sergio García, percusión; Sofía Miguélez, acordeón; Damián Posse, contrabaixo; Tomás García, gaita e whistle; J

                                          Toques do Caramulo

                                          Puntos: 57

                                          Procedencia: Portugal

                                          Integrantes: Luís Fernandes, voz, braguesa, acordeón; Aníbal Almeida, violín; Gonçalo Rodrigues, mandolina;Miguel Cardoso, contrabaixo; Lara Figueiredo / Teresa Almeida, frauta; Francisco Almeida / Bruno Pinho, guitarra; João André / Ricardo Coutinho, caixón+percusión.

                                          Que fan? Concertos que funden os sons da tradición coas cores das novas músicas, nun espectáculo de enerxía musical e interacción co público. Recreacións dinámicas, libres e, sobre todo, moi festivas do repertorio esquecido da Serra do Caramulo. Recoñecida pola forza dos seus directos, a banda revelación da música de raíz lusa, é o único grupo do país veciño que se coou na programación da Rede galega de música ao vivo.

                                          Discos: "Toques do Caramulo é ao vivo!" (2007)

                                          Xaile

                                          Puntos: 82

                                          Procedencia: Portugal, 2006

                                          Integrantes: Lília: voz, arpa celta, adufe, bombo; Marie: voz, frautas, gaita, adufe; Bia: voz, guitarra, cavaquinho, adufe; Rui Filipe, arranxista e instrumentista (teclas, programações, acordeón); Johnny Galvão, produtor, arranxista, guitarrista,co-compositor das músicas e autor das letras.

                                          Que fan? Cancións orixinais con letras que remiten ao imaxinario tradicional portugués, pero con clara vocación internacional. En escena, a banda destaca pola forza que imprimen os seus cantantes, que son ademais instrumentistas e bailarinas. O trío acompáñase dun grupo de músicos e de múltiples recursos audiovisuais que crean un ambiente que xunta festa e misterio.

                                          Discos: "Xaile"

                                          Xúa

                                          Puntos: 68

                                          Procedencia: Galicia

                                          Integrantes: Vadim Yukhnévich (acordeón e voz), Nuria de León (voz, arpa e frautas), Gonzalo Goás (bouzouki, guitarra e voz), Pablo Pérez (baixo e contrabaixo) e Jacobo Gallego (batería).

                                          Que fan? Basean a súa filosofía sonora na tradición do folk galego, sen renunciar á incorporación de elementos procedentes doutros estilos como o jazz ou o funk e doutras culturas, caso dos ritmos eslavos. O protagonismo da voz é claro nun repertorio que inclúe temas propios, tradicionais e adaptacións de textos de Celso Emilio Ferreiro, Lorca e Eduardo Galeano.

                                          Discos: Xua! (2007)

                                          A compañía do ruído

                                          Puntos: 605

                                          Orixe: A Coruña, 2002

                                          Discografía: Barruntando e A compañía do ruído

                                          Que fan? Unha orixinal mestura de diferentes estilos, desde o folk ao rock, pasando polo ska, a samba ou os ritmos balcánicos. Directo contundente con final de charanga entre o público.

                                          A Gramalleira

                                          Puntos: 907

                                          Orixe: Valladolid – Castela e León, 2002

                                          Integrantes: Carlos Ayuso (gaitas, frautas de pico e whistles); Jesús Enrique (guitarra e voz); Roberto del Barrio (violín); Mª Eugenia López (acordeón, voz e pandeireta); Ramiro Gónzalez (zanfona, gaita, bodhran e pandeireta); Alberto Martínez (pandeireta, darbouka, caixón, pandeiros).

                                          Discografía: A Gramalleira (maqueta)

                                          Que fan? Combinan música tradicional co folk máis actual, baseado na incorporación de instrumentos modernos e a creación de composicións propias. O seu son deixa ver influencias doutras zonas da península e das nacións celtas.

                                          Balakandra

                                          Puntos: 1624

                                          Orixe: Galicia, 2004

                                          Integrantes: Martín Sanjurjo (mandolina, guitarra midi, violín, dobro e voz); Farru Rodríguez (batería, percusións, acordeón e guitarra); Moncho Varela (guitarras acústica e española, mandocelo e voz); colaborador Serxio Vázquez (baixo).

                                          Discografía: Galicia Sonsfolk 4 (disco conxunto)

                                          Que fan? Folk fusión. Son mestizo que mestura rock con jazz, pop con bluegrass... todo tamizado polo filtro do folk galego.

                                          Balbarda

                                          Orixe: Madrid, 1999

                                          Integrantes: Javier Monteagudo (guitarra acústica, laúde árabe e arpa de boca); José Luis Escribano (percusión); Milena Freires (violín); Xurxo Ordóñez (gaitas de fole e charra, frautas e tambor).

                                          Discografía: Balbarda e La vía de la Plata

                                          Que fan? Reinterpretan con tintes de contemporaneidade a esencia da música folk castelá. O seu repertorio é puramente instrumental.

                                          Bauma

                                          Puntos: 576

                                          Orixe: Cataluña

                                          Integrantes: Iván Boada (concertina e darbouka), Llúcia Ventura (acordeón diatónico e guitarra), Óscar Ruiz (frauta traveseira, whistle e bodhrán), Estíbaliz Bonastre (frauta traveseira, frauta doce e guitarra), Tatiana Bonastre (frauta traveseira), Gemma Olivé (mandolina, banjo e violín), Dani Guisado (caixa xitana, darbouka, djembé e percusións).

                                          Que fan? Música de baile folk de toda Europa e o arco mediterráneo con instrumentos de diferentes procedencias.

                                          Discografía: Aixopluc

                                           

                                          BonOvO

                                          Puntos: 366

                                          Orixe: Galicia, 2007

                                          Integrantes: Óscar Fernández (zanfona electroacústica), Roberto Grandal (acordeón midi) e Pulpiño Viascón (batería electrónica, serra e voz).

                                          Discografía: Maqueta promocional.

                                          Que fan? Un espectáculo cañeiro e moi bailable no que exploran as posibilidades de tres instrumentos polivalentes como a zanfona, o acordeón e a batería.

                                          Boys of the Hills

                                          Puntos: 1982

                                          Orixe: Madrid, 2005

                                          Integrantes: Jesús Carbonell (gaita irlandesa, whistle, bodhrán); Luis Alejandro Torcida (frauta irlandesa, whistle); Álvaro Carbonell (guitarra, banjo, mandolina, teclados e voz); Carlos Ramos (percusionista no bodhrán); José Ramos (violín).

                                          Discografía: On the Cliff (maqueta disco)

                                          Que fan? Unha interpretación propia da cultura e a música tradicional irlandesa, catalogada como música celta.

                                          Crema de gaita

                                          Orixe: Galicia, 1994

                                          Integrantes: Diego González e Marcos Campos (gaita e frautas), Xosé Manuel López (clarinete, saxo e gaita), Cristina Macías (teclados e voz), Ernesto Campos (guitarra), Judith Alonso (baixo), José Carlos Villar "Bouza" (percusión) e Suso "Feixón" Alonso (batería).

                                          Discografía: Para brincar no rueiro (cd conxunto) e aínda inédito TanGalego.

                                          Que fan? Música de autor e versións particulares de temas tradicionais galegos e de cancións latinas, incluíndo a gaita en tangos, boleros...

                                          La Conjura

                                          Puntos: 1970

                                          Orixe: Osuna – Andalucía, 1999

                                          Integrantes: Antonio Jesús Gómez (gaita e whistles), Lidia Fernández (voz), Francisco M. Sánchez (acordeón, teclado eléctrico e pandeiro), Antonio Medina (guitarra), Mari Paz Núñez (violinista), Esteban Calderón (bodhran, batería), Santos D. Bernal (guitarra acústica) e Ángel Segura (baixo eléctrico).

                                          Discografía: El Sur también existe e El lago de los sueños, maquetas.

                                          Que fan? Música celta con instrumentos de todo tipo.

                                          La Jambre

                                          Puntos: 2013

                                          Orixe: Xerez, 2003.

                                          Integrantes: José Cabral (guitarra, laúde, baglamá e coros); Antonio de Magdalena (voz, dulzaina; gaita, punteiros e zurna); Hendo (frautas traveseiras, frauta de tres furados e tamboril, acordeón e coros); Ismael Colón (batería, darboukas, djembé e percusións); Jesús Cabral (baixo eléctrico e percusións); Pepe Torres (clarinete, saxofón e xaphoon); David Guillén (trompeta e fliscorno).

                                          Discografía: Santalindes e proximamente Las lunas de Astarte.

                                          Que fan?: Recuperan e actualizan o cancioneiro tradicional andaluz. Temas de corte popular, na súa maioría, cantados.

                                          Landú

                                          Puntos: 137

                                          Orixe: Castela e León, 2000.

                                          Integrantes: Luisa Pérez (voz), Juan Pedro Cornejo (acordeón), Gaspar Payá (guitarras), Enrique Parra (Violín), Eugenio Uñón (percusión e batería), Antonio Carabias (baixo), Alonso Monroy (teclados), María Berzal (frauta traveseira).

                                          Discografía: Leyendas de la mujer muerta.

                                          Que fan?: Fusionan música tradicional castelá con irlandesa. O seu persoal son, incorpora matices doutros xéneros como o flamenco ou o jazz.

                                          Monte Lunai

                                          Puntos: 193

                                          Orixe: Murgeira/Mafra – Portugal

                                          Integrantes: Luís Peixoto (bouzoki, bandolina, cavaquinho), Joao Madeira (contrabaixo), Miguel Barriga (frautas, gaita de foles, clarinete popular, didgeridoo, rauschpheif), Baltazar Molina (caixón, darbouka, riqq, bendir), Mercedes Prieto (danza).

                                          Discografía: Monte Lunai, maqueta; Danzas sin fronteiras (disco conxunto).

                                          Que fan? Música e danza. Un espectáculo no que o público participa bailando ao son de composicións europeas (ucranianos, gregos, italianos, bretóns e galegos) de inspiración tradicional.

                                          Neirela

                                          Puntos: 420

                                          Orixe: Barcelona, 2005

                                          Integrantes: Alfonso Rodríguez (gaita), Nacho López (violín), Lionel Mortola (baixo eléctrico e contrabaixo), Marc Xarau (saxofón, violín e acordeón), Raúl Caso (percusión), Xosé Vilchez (bouzoqui, guitarra acústica), Serxio Seoane (batería).

                                          Discografía: -

                                          Que fan? Folk fusión, cun repertorio que adapta e arranxa pezas tradicionais galegas.

                                          Sete Saias

                                          Puntos: 371

                                          Orixe: Galicia

                                          Integrantes: Marta Quintana y Clara Pino (arpa e voz), Begoña Riobó (violín), Alfonso Abel (violonchelo), Xosé Lid (bouzoki, requintas), Roi Adrio (percusiones), Fernando Abreu (clarinete).

                                          Daniel Bellón & Diego Maceiras + Álex Blanco

                                          O público e os galardóns aválanos.Os gañadores do Certame Runas'06 quentarán ao persoal na noite grande do Festival de 2007. Este dúo de gaita galega e de acordeón asomaranse o sábado á Alameda ortegana en compañía dun amigo, como eles tamén fenés, o guitarra Álex Blanco.

                                          Tras dous anos de andadura, contan xa cun primeiro traballo discográfico, que reinterpreta melodías doutras culturas e aporta temas de seu. Unión das terras, que así se chama, cristaliza o proxecto e é o froito do seu trunfo no concurso folque de Radio Obradoiro.

                                          Novos, aínda que sobradamente preparados- o maior conta só 23 anos- poden presumir de curriculum. De feito, Bellón é quizais o gaiteiro máis premiado da historia de Galicia. O dúo está en racha. Forma parte do circuito musical 4x4, promovido pola Consellería de Cultura, e despois de pasar por Ortigueira repetirán en agosto na outra cita por excelencia do folk europeo, o Intercéltico de Lorient.

                                          O gañador do último Certame Folk de Radio Obradorio, Dani Bellón & Diego Maceiras convértese en trío para debutar no Runas, invitando para a ocasión a outro novísimo músico tamén fenés, Álex Blanco. Tres currículos impresionantes, sobre todo o de Belló

                                          Gamelas e Anduriñas

                                          A Asociación Cultural Gamelas e Anduriñas (Espasante - Ortigueira) leva máis de 20 anos realizando un intenso traballo de campo, por toda a xeografía galega, para recoller e conservar o saber dos nosos ancestros en todo o que a música, baile, traxes e

                                          Ginga

                                          Comprometidos coa música tradicional portuguesa. A banda de Coimbra aparecía no 2001, froito da evolución do grupo De café, do  que se mantiveron instrumentos como a guitarra eléctrica, o baixo, os teclados e a batería e ao que se engadiu un toque trad

                                          Irtio

                                          O grupo vigués, froito da unión de media ducia de músicos con distintas formacións académicas,  que colaboran en proxectos paralelos, fórmase no  1998. Aos poucos meses gaña o primeiro premio do concurso de música folk "Xacobeo 99" e pouco despois obtén u

                                          Korrontzi

                                          Tralo seu paso polo Runas'06, volven a Ortigueira co seu particular homenaxe aos vellos acordeonistas que mantiveron viva ao longo dos anos a tradición musical da súa terra, Euskadi. A banda vizcaína, creada no 2004 por Agustín Barandiarán e Mikel Romero, preséntase cun son baseado na trikitixa (acordeón diatónico), a alboka (frauta) e a mandolina, apoiados por percusións, guitarra e baixo.

                                          O seu repertorio componse de temas propios, a meirande parte instrumentais, cos  que pretende abrir fronteiras, pero que están inspirados en antigas coplas. O quinteto, que o ano pasado foi elixido no Festival Eurofolk mellor grupo internacional, ten no mercado dous discos. O primeiro é Korrontzi, que toma o nome dun vello trikitilari. O segundo leva por título: Getxo.

                                          Trátase dun directo no que contan con colaboradores da altura da gaiteira Susana Seivane ou as cantareiras de Faltriqueira, entre outros. Apostan pola renovación dos sons tradicionais e ofrecen unha música animada e bailable, con unha posta en escea que engancha.

                                          Transladan a Ortigueira a súa particular homenaxe aos vellos acordeonistas que mantiveron viva ao longo dos anos a tradición musical da súa terra, Eukadi. A banda vizcaína, creada no 2004 por Agustín Barandiarán e Mikel Romero, preséntase cun son baseado

                                          Linho do cuco

                                          Para non parar de bailar. O grupo, xurdido inicialmente como asociación cultural na Estrada hai unha década, ofrece unha visión actual da música tradicional, que busca sembrar ás "murgas" ou orquestriñas da Galicia de principios do século  XX. E como no c

                                          Nao d’ire

                                          Case unha década leva este grupo vigués sobre os escenarios. Neste tempo afianzaron a súa  particular forma de facer: música tecnicamente complexa, melódica e eminentemente acústica. E isto no é máis que o resultado da formación musical clásica e asemade

                                          O espírito de Lúgubre

                                          Achegar o vello mundo rural á xente do século XXI. É o reto que se marca esta formación burgalesa, nada no 1998, que transladará coas súas letras e melodías ao público do Runas ao pasado de Iberia. Bebe da tradición pero o seu repertorio está integrado

                                          Som ibérico

                                          Proposta ecléctica baseada na música portuguesa de raíz. O  proxecto, xurdido no 2003 da evolución do Trío de Artur Caldeira, aglutina a músicos con dilatadas carreiras e experiencia  probada en variados estilos, desde o jazz á música erudita

                                          Dazkarieh

                                          O  cuarteto lisboeta define o seu  estilo como unha mestura de sons e composicións lusas e instrumentos e  elementos doutros universos musicais.  Fusión sen fronteiras cantada en portugués. Debutaron en Ortigueira co seu segundo disco. Un traballo que supuxo o seu salto do puramente celta ao chamado world music.

                                          Driade

                                          Guitarra eléctrica e batería xunto a gaitas, bouzokies e outros instrumentos tradicionais. O grupo actualiza a música de raíz galega e doutros países europeos, a través dunha concepción moderna dos arranxos e das composicións de seu. Xurdidos no 1997 resultaron ganadores do último certame Galicia Sonsfolk. A súa ópera prima leva o singular título de Ese pedazo de Kevin.

                                          Kukuma

                                          Unen ritmos celtas, africanos e suramericanos á música tradicional de Euskadi. Considéranse bilbaínos, aínda que a procedencia xeográfica dos seus membros é ben diversa. Un feito que, unido á bagaxe musical previa que atesoura cada un, marca os perfís da banda, que aposta no seu primeiro disco por un estilo popular e directo. Mestizaxe festiva como fórmula para renovar o folk vasco.

                                          Madialeva

                                          Composicións propias e revisións de melodías da terra configuran o repertorio deste grupo herculino, nado no 2001, da confluencia de músicos con traxectorias individuais previas no folk. Manteñen unha estreita relación con Luar na lubre, dos que foron teloneiros. O seu debut discográfico, Rúa Aberta (2004) é un  exemplo de folk acústico e combina pezas cantadas e instrumentais dispostas para bailar.

                                          Xera

                                          Un concepto alternativo. Este cuarteto asturiano combina enxeñaría de son con propostas musicais sinfónicas baseadas no folk. As súas melodías apóianse no contraste e na coidada tímbrica, creadora de sensacións. Presentan pois un amplo abano de estilos dentro da electrónica máis minimalista. Conviven teclados e piano con instrumentos tradicionais.

                                          Xochilmica

                                          A edición do 2008 foi o terceiro ano que no que a banda compostelana súbese ao escenario do Festival de Ortigueira, tan só tres anos despois de facerse co certame do Runas 2005.


                                          En 2006, Xochilmica e amigos
                                          Festa popular en estado puro. O quinteto compostelán pecha a noite por excelencia do Festival como gañador do Runas’05, coas súas melodías propias de corte tradicional contaxiosas, sinxelas e moi coidadas. Enganchan alá onde van. O destes mozos, procedentes de formacións como Cantigas e agarimos ou Rumbadeira, é xogar e gañar. Triunfaron no certame folk de Radio Obradoiro- de onde saíu o seu primeiro traballo, Cinco elementos - arrasaron en Ortigueira e despois convertéronse nos primeiros galegos en gañar o concurso Le Terroir de Lorient. Arrrodeados de amigos sobre o escenario repasarán  repertorio e avanzarán algunhas das súas novas melodías.

                                          É  o máis novo dos grupos que competiron no Runas. Nacía en Compostela no 2003, como un cuarteto tradicional (2 gaitas, tambor e bombo); se  ben a formación evolucionou coa entrada tardía do acordeón. Coa súa música, pegadiza e  bailable, fixéronse co

                                          Els Groullers

                                          Unha mostra da riqueza da cultura catalá. O seteto emprega como materia prima as danzas, cancións e melodías do repertorio popular das rexións de fala catalana. No seu Tres quartans amb folre inclúen pezas inventariadas e de colleita propia compostas cos parámetros que definen estas músicas, dende a óptica do respecto á tradición, sen que supoña un corsé.

                                          Ergom

                                          Cúmprese un soño. Os membros deste grupo de tendencia folc-rock-funk verán como a súa ilusión de presentar o seu primeiro album no Festival de Ortigueira se fai realidade. Melodías transparentes, intensas baladas, rítmicos reels sucédense no seu directo que deixa patente a paixón e forza coas que emprenden a súa carreira.

                                          Lavanderas

                                          Unha aposta por promover a universalidade da linguaxe da música a través de cancións de todo o mundo. Así, o repertorio deste grupo vocal que aparece en 2002 como froito dos obradoiros de voz dunha asociación vallecana está configurado por temas europe

                                          Supervivientes

                                          Celta e flamenco. A fusión destas dúas tendencias marca as composicións deste quinteto chegado de Granada e integrado por un asturiano, un madrileño, dous andaluces e un cubano. A coidada posta en escea do seu último disco, El corazón del Árbol inclúe a presenza sobre as táboas de dous percusionistas e un bailador flamenco.

                                          Xestreu

                                          Encarnan a tradición. Son nove voces de muller que exploran os cantos do pobo, os dos avós. Estas cantareiras ourensás tratan de recuperar así vellas cantigas populares que, previamente, recollen da tradición oral de Galicia, se ben interpretan ademais temas doutras nacionalidades.

                                          Leave a Comment

                                          Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

                                          Comment *